|
Actualización 12 de Abril 2021 |
§
NOTICIAS E
ACTUALIDADE Información CURSO DE XADREZ
20/21- (6ª noticia en titulares) |
www.xadrezourense.com |
Clases de ajedrez
en Ourense clases ajedrez
orense Clases de xadrez
en Ourense Profesores de ajedrez
Ourense Escola xadrez
Ourense Escuela de Ajedrez en
Ourense *** Información de Grupos e Horarios clases Escola de Xadrez Ourense, (mapa) Información e
contacto: clubxadrezourense@hotmail.com escolaxadrezourense@hotmail.com 655 996
806 -
659 189 680 - (Ver Contactos) Ver información Clases Xadrez Colexios, Curso
2020-2021 ** *Ver acreditación titulacións
oficiais 2020
** Outonos de Blitz 2019 *Ver Galería de Imaxes
Clausura-premiados. ** Ver bases e premios “Primaveiras de Blitz 2019” Ver Clasificación 1º torneo (1.2.2019) Ver Clasificación 2º torneo (15.2.2019) Ver Clasificación 3º torneo (9.3.2019) Ver Clasificación 4º torneo (23.3.2019) Ver Clasificación 5º torneo (5.4.2019) Ver Clasificación 6º torneo (26.4.2019) Ver clasificación 7º torneo
(24.5.2019) ** *Ver clasificación xeral final |
Daniel Manrique García, de 7 anos,
campión galego de xadrez Sub-8. A localidade coruñesa
de Padrón acolleu os dias 10 e 11 de abril o campionato galego individual
para xadrecistas de ata 8 anos, valedeiro para o campionato nacional en
Salobreña (Granada), que terá lugar o vindeiro mes de xuño. A embaixada ourensana
estivo composta por 5 xadrecistas, 4 de Club Deportivo Xadrez Ourense e 1 do
Club Benchoshey (Pereiro de Aguiar). Novamente, Club Xadrez Ourense, xunto
con Fontecarmoa de Vilagarcía, foi a entidade galega máis representada, con estos
4 participantes: Roi Fernández, Daniel
Manrique, Lucas Díaz e Miguel Fidalgo. É de salientar que 3
dos 4 xadrecistas do noso club remataron entre os 10 primeiros, (Daniel
Manrique 1º, Miguel Fidalgo 8º e Roi Fernández 10º), o que dá unha idea do
excelente traballo realizado pola monitora nacional Alba Rodríguez coa nova
canteira do club. A gran noticia para o
xadrez ourensán chegou da mans de Daniel
Manrique García, (Ourense, 2013), que con só 7 anos acadou 7,5 dos 8
puntos en litixio convertíndose en campión de Galicia, o xoven xogador do Club Xadrez Ourense únicamente
cedeu un empate, precisamente ante o seu compañeiro de club, Miguel Fidalgo. Este ouro para os
xadrecistas ourensáns aumenta o botín recollido nas categorías xa disputadas anteriormente,
entre as que hai que lembrar a prata en sub-16 de Laura Gómez Carreño (Xadrez
Ourense), ou o bronce de Pura Diéguez, (Benchoshey) en sub-14. O vindeiro mes de maio
terán lugar enPadrón o resto de categorías (sub 12 e sub 10), que contarán tamén
cunha destacada participación. (en breve notas de prensa relacionadas) Campionatos Galegos Individuais Sénior,
Xuvenil, Cadete e Infantil – 2021 20 deportistas de Club Xadrez
Ourense acudiron á cita padronesa en S. Santa de 2021 A coruñesa vila de Padrón acolleu
por 21º ano consecutivo, a celebración dos Ctos. Autonómicos individuais de
xadrez nas súas categorías Senior, Xuvenil, Cadete e Infantil que tiveron
lugar ao longo da Semana Santa. A Federación Galega de Xadrez organizou un
evento, no que se aplicaron todas as medidas dispostas pola Secretaría Xeral
para o Deporte. A participación dos deportistas
ourensáns foi moi significativa nas cuatro categorías disputadas, con máis de
30 xadrecistas participantes, destacando a ampla embaixada do Club Xadrez Ourense que contou coa
presenza de 20 deportistas, consolidándose, xunto ao Club Xadrez
Fontecarmoa de Vilagarcía, un ano máis, como entidade galega máis
representativa. (en Galicia, existen 92 clubs de
xadrez). As primeias datas (do 27 ao 30 de
Marzo), estiveron reservadas para as categorías Infantil e Cadete, nas que
hai que salientar o bronce Infantil feminino logrado por Pura Diéguez (Club
Benchoshey), nunha categoría na que o mellor clasificado da xeral foi o
verinense Tristán Alonso (Portas Abertas de Verín), que rematou empatado ao
7º posto, con 5.5 puntos dos 8 posibles. Nas mesmas datas disputouse a
categoría cadete, na que o resultado máis salientable foi a prata feminina
lograda por Laura Gómez Carreño (Club
Xadrez Ourense), dentro dunha categoría Sub16 na que o mellor clasificado
ourensán foi Xacobe Conde Riveiro
(Xadrez Ourense), que rematou empatado no cuarto posto, sen esquecerse de
Iván Dopazo (Xadrez Ourense), que
tamén rematou entre os 10 primeiros. Con estos metais, (bronce e prata
respectivamente), ambas xadrecistas, Pura e Laura, garantiron o seu pasaporte
para o vindeiro nacional de Granada o vindeiro Xullo. As últimas datas da Semana Santa
quedaban reservadas para as categorías Xuvenil e Senior, nas que o xadrez
provincial tivo especial protagonismo. Na categoría Xuvenil, malia a
importante baixa do catro veces campión autonómico Martín Gómez Carreño, hai
que salientar o 8º posto logrado por Mateo
Díaz (Xadrez Ourense), así como tamén as de César Pérez (Liceo Recreo) e
de Marcos Vázquez (Xadrez Ourense),
ambos remataron empatados no posto 11º. Xa en categoría Senior, ata 3 dos
catro primeiros postos viaxaron para os Clubs Ourensáns. O Gran Mestre
Coruñés David Lariño, enrolado fai varias tempadas no Xadrez Verín foi o
gañador do ouro absoluto, mentres que o seu compañeiro no Xadrez Verín, o
Mestre Compostelán, Luis Medarde rematou subcampión. Pola súa parte o Xoven
Mestre Ourensán David Gómez Diéguez
(Xadrez Ourense), rematou no cuarto posto, separado tan só unhas décimas
do bronce por coeficiente de desempate, en favor do Padronés Diego Espiñeira.
Ver
clasificación final sénior Ver
clasificación final xuvenil Ver
clasificación final cadete Ver
clasificación final infantil nota de prensa:
(Voz de Galicia, 3 de abril 2021) nota de prensa: (Cadena
Ser, 3 de abril 2021) nota de
prensa: (Faro de Vigo, 2 de abril 2021) nota de prensa: (La
Región, 30 de Marzo de 2021) nota de prensa:
(Faro de Vigo, 29 de Marzo de 2021) Torneo da Provincia individual por idades para
federados, 2021 O pasado sábado día 27 de Febreiro,
tivo lugar o torneo provincial por idades, (desde sub8 ata sub18), para
deportistas federados, relativo á tempada 2021. Un total de 116 participantes
pertencentes a clubes de toda a provincia déronse cita neste bonito evento
que ademais de gran participación contou con xóvenes participantes de moita
calidade, o que quedaba testemuñado coa presenza de más de 30 xogadores con
ránking internacional. Este ano, e por as consabidas
dificultades, e malia que xa están fixados os autonómicos respectivos, a
FEGAXA non organizou directamente os Ctos. Provinciais en ninguna das catro
provincias, por iso tres clubes moi representativos da nosa provincia, Xadrez Verín, Xarez Benchoshey e Xadrez
Ourense, xuntáronse nun esforzo organizativo e económico para sacar
adiante este individual da provincia relativo á tempada 2021, que ademais de
trofeos para todos os participantes, contou con ata 30 becas – axuda,
orientadas fundamentalmente, á estimular a participación nos autonómicos
individuais por categorías de 2021. Os 18 podiums (3 primeiros
clasificados de cada categoría) quedaron repartidos do seguinte xeito: Club
Xadrez Ourense 8 podiums, Club Xadrez Verín 6 podiums, Liceo Recreo 2
podiums, Club Benchoshey de Pereiro de Aguiar 1 podium e Club Universitario
de Ourense 1 podium. No relativo a deportistas becados
(os 5 primeiros de cada categoría), o Xadrez Ourense obtivo 12 deportistas
beneficiados, Xadrez Benchoshey 7, Xadrez Verín 6, Liceo 3 e Universitario de
Ourense 2. Ver nota de prensa – La Región, 2 marzo, II Ver nota de prensa – La Región, 2 marzo , I Ver nota de prensa – La Voz de
Galicia, 2 marzo Ver nota de prensa – La Región, 26
febreiro. ** Open de Gran Canaria “Carnaval 2021” O
Gran Mestre ourensán Iván Salgado, rematou campión no Open de Gran Canaria,
entre más de 800 xadrecistas de todo o planeta que se dieron cita de forma
online, por diante de nomes de peso mundial como o G.M. cubano Lázaro Bruzon
ou o Armenio GM Sergei Movsesian. Especial mención merece o xovencísimo
xadrecista ourensán de tan só 7 anos de idade, Daniel Manrique, que rematou
no posto 547º, y como terceiro sub 8
dentro do panorama internacional; Daniel, compañero de club de Iván Salgado
no Club Deportivo Xadrez Ourense,
rematou con 4 puntos, únicamente superado polo prodixio chinés Weyjang Lu e polo tamén sub8, o eslovaco
Ryan Mazak. Ver noticia- La Voz de Galicia, 23 febreiro Ver noticia – La Región, 23 febreiro Presenza de Club Xadrez Ourense no
Congreso Nacional de Xadrez Educativo David González, con
Elías, Yudania e Iván Salgado. Compañeiros e técnicos de Club Xarez Ourense Na
xornada do Domingo 14 de Febreiro tivo lugar o “Congreso Nacional de Ajedrez
Educativo - Transversalidad social” . David González
Gándara, membro de Club Xadrez Ourense, (21.8.1978), Licenciado en ciencias
da educación, orientador escolar, entrenador de xadrez e árbitro
internacional foi un dos ponentes, entre nomes de peso pertencentes ao
panorama nacional e internacional que participaron neste interesante
congreso. Nesta
cita 2021, profundizouse en temas relacionados coa importancia o xadrez como
ferramenta educativa, a súa presenza nas escolas intracurricularmente, e
físxose fincapé no valor formativo desta disciplina milenaria, ademais de
recalcarse a súa importancia domo ferramenta de transversalidade social. En
Galicia, desde o 21 de Xullo de 2015, (ver DOG), o xadrez é materia escolar
optativa que conta con programación propia
e con carga lectiva dunha hora semanal. . David
González é un dos docentes e adestradores do Club Xadrez Ourense, entidade
que en 2020 figurou como Club Deportivo con maior nº de técnicos titulados en
Galicia. Ata 10 entre adestradores e monitores, titulados todos eles pola
Federación Gallega, Federación Española ou
pola FIDE. Ver
noticia - Faro de Vigo 16.2.21 Ver noticia - La Voz de Galicia 16.2.21 Ver
noticia - La Región 16.2.21 Ligas Individuais de Nadal 2020 Entre os días 21 e 29 de Diciembre celebráronse
as ligas de Nadal organizadas por Club Xadrez Ourense coa participación de
cerca de 40 xadrecistas, divididos en 5 grupos de nivel determinado polo seu
ránking internacional. Quedou atrás o entreñable torneo
Aninovo Barrocás coas súas 33 edicións en 2019 naceu con brío o Open de
Allariz, e no 2020 quixemos atopar unha fórmula para que a afición a este
deporte nestas datas seguise viva, finalmente casi 40 xogadores de
procedencias tan dispares como Ourense, Madrid, Canarias, Valencia, Asturias ou
Portugal, configuraron o elenco de xadrecistas que arrancaron o torneo o día
21. No grupo 1, unha agradable sorpresa
fixo que o todavía cadete de Club Xadrez Ourense, Marcos Vázquez, vencese por
encima de adversarios de maís experiencia como Óscar Salgado ou Martín Gomez
Carreño, e lograse o primeiro posto con 5.5 dos 7 en litixio. Mentres que no
grupo 2, Henrique Guimaraes obtivo o triunfo con 6 puntos dos 7 posibles,
para este xoven jugador de Portugal. Xa no grupo 3 merece mención a gran
acdtuación da xoven Alba Pérez Salgado, quen conseguiu pleno ao vencer nas 7
partidas disputadas. Os grupos 4 e 5, para os máis
xóvenes, tiveron como vencedores a Rubén Gavieiro e ao xovencísimo Daniel
Manrique, con 5 puntos de 7 e con 4 de 5, respectivamente. O Club organizador dispuxo trofeos
especiais para os tres primeros de cada grupo e premios para todos os
participantes, ademais de diferentes vales en material deportivo e
electrónico/informático para os mellores coeficientes de ránking
internacional. Información
sobre lugares, datas e horarios de recollida dos premios. Voz
de Galicia, 2 de Xaneiro (dixital) *** Éxito participativo do I Torneo “NADAL ONLINE en
Ourense” Daniel Manrique e
Oscar Salgado, grandes vencedores do “I NADAL ONLINE 2020" O 19 de Decembro
tivo lugar a 1ª edición do “I Torneo NADAL ONLINE”, organizado polo Club Deportivo
Xadrez Ourense, coa participación de
cerca de 130 participantes con
procedencias tan dispares como Madrid, Portugal, Coruña, Asturias, Pontevedra
e Ourense. O Torneo estivo
dividido en dous grandes grupos (mañá e tarde), e 6 categorías en litixio: na
categoría Sénior disputada pola tarde resultou vencedor Oscar Salgado López (maior da saga dos Salgado), mentres que en
Cadetes o seu compañeiro de Club no Xadrez Ourense, Marcos Vázquez conseguiu alzarse co triunfo. Pola súa banda o
Vigués Xulio del Prado venceu na
categoría Sub14 (infantil). Pola mañá
disputouse a cita para os máis xóvenes, destacando o espectacular triunfo de Daniel Manrique García (Xadrez
Ourense), que con tan solo 7 anos de idade venceu o torneo con 100% de
victorias por diante de xogadores de ata 5 anos maiores. Así, Daniel Manrique
ademais de vencer no torneo, alzouse tamén co triunfo Sub8, o madrileño Kevin Zhe foi o primeiro Sub10,
mentres que Marcos García (Xadrez
Ourense), conquistou o título Sub12. Ademáis dos Trofeos
+ vales en material deportivo para os 30 galardonados, e dos trofeos
conmemorativos para todos os
participantes, a organización sorteou 20 importantes regalos entre todos os
participantes ao rematar o torneo, nun sorteo en directo retransmitido pola
canle de Facebook de Club Xadrez Ourense. No tocante a
clubes, destacaron os 19 podiums (sobre 30), logrados por Club Xadrez Ourense (incluindo 4 dos
6 ouros en litixio), destacando tamén a boa actuación dos xadrecistas do Club
Benchoshey (Pereiro de Aguiar) que conquistaron 6 podiums dos 30 en liza. Ver
clasificación completa Senior, Sub16, Sub14 Ver
clasificación completa Sub12, sub10, Sub8 Ver
información sobre a recollida dos diferentes premios, obsequios e regalos. Ver nota de Prensa 22 de Decembro (La Región) Ver nota de Prensa 21 de Decembro (La Voz
de Galicia) Ver
nota de Prensa 21 de Decembro (Faro de Vigo) Ver información
completa, BASES e forma de Inscrición ** Club Xadrez Ourense, elexido mellor Club Absoluto da
provincia en 2020 O Xurado da Gala “+ Deporte – La
Región” decidiu cos seus votos nomear a Club Deportivo Xadrez Ourense como
mellor club absoluto da provincia no ano 2020. Todo un éxito para o noso club tendo
en conta que estamos nunha provincia que conta con máis de 700 clubs de casi
60 disciplinas deportivas. Club Xadrez Ourense fundouse en 2003
con 44 licenzas cun seu primeiro equipo en 2ª división autonómica, 17 anos
máis tarde contamos con máis de 250 licenzas e un primeiro equipo en División
de Honra Nacional para 2021. ¡Noraboa aos 252 socios deste club,
este premio é de todos e para todos! Ver imaxen recollida do premio Ver nota de prensa 20 de Decembro Ver nota de prensa 16 de Decembro
(portada) Ver nota de prensa 16 de Decembro II Ver nota de prensa 16
de Decembro I Ver
nota de prensa 16 de Decembro – dixital II Ver
nota de prensa 16 de Decembro- dixital I Ver nota de prensa 15 de Decembro I ** Éxito participativo do “I Torneo – Outonos de Xadrez en
Ourense” O sábado día 31 de
Outubro tivo lugar a primeira edición do torneo de xadrez, da modalidade
online (unha das cinco recoñecidas polo CSD para xadrez), chamado “I Torneo Outonos de Xadrez en Ourense”,
organizado polo Club Deportivo Xadrez
Ourense, coa colaboración do Consello Municipal de Deportes do
Concello de Ourense. Ata 130
participantes de entre os 6 e os 70 anos de idade (entre eles dous Mestres
titulados pola FIDE ou a campiona de España Sub8), procedentes de clubes
diferentes e con procedencias tan dispares como Cataluña, Madrid, Portugal,
Coruña, Pontevedra e Ourense, déronse cita nunha emotiva xornada de deporte
que por durante moitos momentos fixo esquecer ao xadrez clásico de
competición presencial. Un equipo de
xuices, desde o local de Club Xadrez Ourense (Ramón Cabanillas nº 10
entreplanta), coordinaron toda actividade dos 130 participantes, “únicamente”
con 4 ordenadores + 4 pantallas e 2 proxectores, desde os que puderon seguir,
arbitrar e rexistrar as 390 partidas
de xadrez disputadas durante toda a xornada. O Torneo estivo
dividido en dous grandes grupos (mañá e tarde), e 6 categorías en litixio: na
categoría Sénior resultou vencedor o Santiagués Eloy Sixto, seguido do ourensán Martín Gómez Carreño e do Mestre
Internacional Vigués Rafael Rodríguez, xa en Cadetes houbo triplete ournsán,
conquistando o ouro Marcos Vázquez
Gómez, seguido de Xacobe Conde e de Laura Gómez. En infantís o triunfo
foi para o pontevedrés Xulio del Prado,
seguido do portugués Henrique Guimaraes e do ourensáns Benjamín Diéguez. No relativo ao
torneo dos máis xóvenes, hai que salientar o triunfo en Alevíns do Coruñés Iago Fernández, seguido dos ourensáns
Mateo Martínez e Marcos García,
mentres que en Sub10 (benxamín), conquistou o ouro o madrileño Kevin Zhe,
escoltado no pódio por Joel Cid e Luca González, xa en Prebenxamíns hai que
destacar o triunfo do xovencísimo ourensán Nicolás Ibarra, seguido da campiona de España Sub8, Esther Ruiz,
e completou o pódio Daniel Manrique. Ademáis dos Trofeos
+ vales en material deportivo para os 30 galardonados, e dos trofeos
conmemorativos para todos os
participantes, a organización sorteou 24 importantes regalos entre todos os
participantes ao rematar o torneo, nun sorteo en directo retransmitido pola
canle de Facebook do club organizador, regalos entre os que destacaron
bicicletas, tablets e ata 3 camisetas do 1º equipo do Club Xadrez Ourense
(recentemente ascendido á máxima categoría nacional), asinadas polo 7 veces
campión de España, Iván Salgado. No tocante a
clubes, hai que estar moi felices pola boa actuación dos xadrecistas “da
terra” e salientar os 14 podiums logrados polos deportistas de Club Xadrez
Ourense, e os 9 conquistados polos deportistas do Club Xadrez Benchoshey de
Pereiro de Aguiar, o que totaliza un total de 23 podiums entre estas dúas
entidades ourensanas sobre os 30 premios especiais que estiveron en disputa. Organizativamente,
Club Xadrez Ourense non descansa, e agarda repetir no próximo Nadal outra
nova cita para brindarlle aos xóvenes e non tan xóvenes xadrecistas ourensáns
a oportunidade de seguir practicando a súa paixon nestes difíciles momentos
de pandemia no que o xadrez presencial queda prácticamente limitado a probas
oficiais organizadas polas federacións e cunhas estrictas e polo tanto
“caras” medidas sanitarias, supervisadas polas consellerías correspondentes
dos gobernos autonómicos ou polo CSD. Ver
Clasificación completa e táboa de premios categorías Senior, Sub16 e Sub14 Ver
Clasificación completa e táboa de premios categorías Sub12, Sub10e Sub8 Ver nota de prensa, (La Región, 3.11.2020
- I) Ver nota de prensa, (La Región, 3.11.2020 -
II) Ver nota de prensa, (La Región, 3.11.2020-
III) Ver nota de prensa, (La Voz de Galicia,
4.11.2020) Ver nota de prensa, (La Región dixital,
2.11.2020) Ver nota de prensa, (Faro de Vigo dixital,
4.11.2020) Ver Gañadores dos 24 premios do sorteo Ver retransmisión do sorteo no
seguinte enlace: https://www.facebook.com/102607237779793/videos/274572830586011 ** Club Xadrez Ourense “A”, subcampión de Liga en 1º
Nacional, ascende á División de Honra (En homenaxe, de todo o equipo, a Clemente Jiménez Aisa e Manuel
Villar Fernández ) Club Deportivo
Xadrez Ourense, accede á máxima categoría de xadrez español, a División de
Honra, tras ter acadado o subcampionato de Primeira División Nacional, na
competición rematada o pasado 9 de Outubro, unha Liga composta por 8
escuadras do toda a xeografía Española. Tras o ascenso
desde segunda Española en 2018, e despois do terceiro posto acadado en 2019,
(contra pronóstico xa que o obxectivo era a permanencia), o Xadrez Ourense
chegaba a esta liga neste complexo ano 2020, con máis tranquilidade pero sen
obxectivos exaxeradamente ambiciosos. Un conxunto cunha
columna vertebral ourensana de “pura cepa” de Ourense, con Iván Salgado como
xefe de filas, os irmáns David e
Adrián Gómez Diéguez ou o moi novo Martín Gómez Carreño, todos eles como
parte fundamental do sexteto titular, apoiados polo gran mestre italiano
Sabino Brunello, o G.M. coruñés David Lariño, o M.F. Luso Luis Silva ,a
Hispano-Cubana e Ourensana de adopción Yudania Hernández, xunto cun tridente
de veteráns que nin siquer foi necesario facer “debutar”, (José Saavedra,
Elías Gónzalez e Andrea Hernández), foron os principais artífices dun
subcampionato de Liga que representa un histórico ascenso par Ourense e para
o noso deporte. Un Sprint final axustado, entre tres
equipos, o Barberá catalán de Barcelona, o puxante Fontecarmoa
- Sanxenxo “Inter Rías” e Club Xadrez Ourense, deixou momentos de gran
emoción na última xornada, os tres equipos gañaron os seus respectivos
matches pero o mellor coeficiente de desempate dos ourensanos (puntos
parciais en cada taboleiro), significou o subcampionato e o definitivo
ascenso. Así, o poderoso Sestao de Bizkaia (Campión) e o Xadrez Ourense Club
formarán parte do selecto grupo de 8 mellores equipos do país en 2021. Foi especialmente destacable a actuación
dos xadrecistas ourensáns que tiveron sitio no sexteto titular, xa que entre
Iván Salgado, Adrián e David Gómez Diéguez e Martín Gómez Carreño acadaron
nada menos que 14,5 puntos dos 24 totais do equipo (máis do 60%). Por segunda vez na historia do xadrez
español un equipo galego accede á máxima categoría nacional, é salientable o
gran protagonismo que tivo Xadrez Marcote de Mondariz Balneario anos atrás e
que permaneceu varias tempadas na elite española, agora é a quenda dun
conxunto de OURENSE. Ver noticia, 3.11.2020 (La Región) Ver
noticia 18.10.20 (Voz de Galicia) Ver noticia 18.10.20 (La
Región) Ver noticia 13.10.20 (La
Región) Ver noticia 12.10.20 (Faro
de Vigo) Ver nota de prensa
10.10.2020 (La Voz de Galicia) Ver nota de
prensa 10.10.2020 (La Región) Ver nota de prensa
10.10.2020 (La Vanguardia) Ver nota de
prensa 10.10.2020 (El Correo Gallego) Ver nota de prensa
10.10.2020 (Faro de Vigo) Ver nota de prensa 10.10.2020 (La Voz de Galicia - dixital) Ver nota de prensa
10.10.2020 (La Región – dixital) Ver nota de prensa
10.10.2020 (Faro de Vigo – dixital) Reportaxe
Foto-Musical completo Liga Nacional de Clubs 2020 ** Curso de xadrez 2020
- 2021 (11.10.2020), A Escola de Xadrez Ourense inicia o curso 2020 / 2021
definitivamente, o vindeiro LUNS 19 de Outubro, (Salvo
que a situación mellore rápidamente para o Concello de Ourense, comenzaremos en todos os grupos de forma
ONLINE, pasando a presencial en cuanto sexa posible). Ver
Comunicado Informativo (5 de Outubro 15.00 horas) En todo caso
lembrámosvos a todas as familias que tras as reformas realizadas para
adaptación do local e a elaboración do noso protocolo (supervisado e aprobado por Concello de
Ourense e Xunta de Galicia con data 22.9.2020), que en cuanto a
situación, a normativa e o sentido común o permitan e aconsellen, pasaremos
ás clases presenciais. Ver
táboa informativa completa de grupos e horarios, curso 2020 – 2021 Ver vídeo
promocional curso de xadrez 2020/2021 Protocolo completo Club Xadrez Ourense,
Curso de Xadrez 2020-2021 Ver Protocolo en formato
COMIC Certificación
Concello e Xunta de Galicia – protocolo Escola Xadrez Ourense Curso 20-21 (cubrir e enviar por email), Declaración responsable volta aos
adestramentos deportivos, (formato pdf) *** *Ver información completa sobre
as clases de xadrez en Colexios, (Centros, asociacións, etc…) *Ver lista
completa informativa sobre as titulacións
dos nosos monitores e
adestradores. Iván Salgado (Ourense 1991), Bronce Nacional Absoluto
2020 Iván Salgado, un ano máis na elite española do xadrez,
consegue o Bronce Nacional.
O Gran Mestre Iván Salgado,
(Ourense 1991), un ano máis rematou entre os mellores de España no campionato
nacional absoluto celebrado en Linares entre o 31 de agosto e o 8 de
setembro, con todos os medidas sanitarias dispostas pola Federación Española.
O xefe de filas do Club Xadrez
Ourense, incluso liderou o torneo en solitario despois da sexta xornada, pero
tivo que pagar un alto prezo ao non poder defender unha posición moi delicada
con pezas negras na penúltima xornada contra o hispano-letón Alexey Shírov,
feito que impediu a Iván poder loitar o primeiro posto na derradeira xornada. A pesar diso, e despois da súa
pelexada vitoria contra o Mestre Internacional de Euskadi Iñigo Angardoña na
última xornada, puido rematar no 3º posto, obtendo o bronce nacional,
igualando o metal do pasado ano 2019. Iván, que comezou o seu particular
botín de metais nacionais en 2001 en Oropesa de Mar cun subcampionato
nacional individual sub-10, mentres que o ano seguinte xa acadou o ouro en
Formigal (Huesca), no seu primeiro ano de sub-12, en total, ten acumulado en
todos estes anos, ata sete ouros nacionais, en practicamente todas as
categorías, incluídas as dúas da categoría absoluta. O próximo compromiso de Iván, se a
situación o permite, será co Club Xadrez Ourense no próximo mes de outubro,
para liderar ao equipo ourensán no seu segundo ano na poderosa Primeira
División Nacional. Tamén destaca a positiva actuación
do aínda xuvenil Martín Gómez Carreño,
compañeiro de Iván no Club Xadrez Ourense, que logrou uns respetables 5
puntos, no que foi o seu primeiro Campionato de España sénior. Pola súa banda, o Club Xadrez Verín,
tamén estivo dobremente representado neste evento, por unha banda co
santiagués Luis Marcos Medarde, (Mestre FIDE), que acadou 5,5 puntos, mentres
que o mozo Verinense Tristán Alonso, obtivo 2 puntos. Nota de prensa, (La Región, 9 de Setembro) Nota de prensa, (La Voz de Galicia, 9 de Setembro) Nota
de prensa, (La Voz de Galicia dixital, 8 de Setembro) Nota
de prensa, (La Voz de Galicia dixital, 7 de Setembro) Nota de prensa, (Faro de Vigo, 9 de Setembro) Nota de prensa, (La Región, 6 de Setembro) Nota de prensa, (La Voz de Galicia, 6 de Setembro) Nota de prensa, (Faro de Vigo, 6 de Setembro) Nota
de prensa, (Agencia EFE, 6 de Setembro) Nota
de prensa, (La Voz de Galicia dixital, 5 de Setembro) Nota
de prensa, (La Región dixital, 5 de Setembro) Nota
de prensa, (La Voz de Galicia dixital, 1 de Setembro) Campionatos de España Individuais por idades 2020 Considerable embaixada
Ourensana, nesta difícil tempada deportiva 2020 Martín Gómez, Laura Gómez, Xacobe Conde, Marcos Vázquez, Iván
Dopazo e Daniel Manrique (representantes do Xadrez Ourense nos nacionais de
idades 2020) Os Campionatos de
España individuais por idades da tempada 2020, que arrancaron o 15 de Xullo
e que se alongaron ata o 23 de Agosto na granadina localidade de Salobreña,
contaron cunha ampla representación da nosa provincia, (considerando as
especiais dificultades motivadas pola crise sanitaria). Un total de 9
participacións dos nosos xóvenes xadrecostas, dentro das categorías sub-8,
sub-12, sub-16 e sub-18, e pertencentes a 3 clubes da nosa provincia, (Xadrez
Ourense, Benchoshey de Pereiro de Aguiar e Xadrez Verín), completaron a
embaixada da nosa provincia nunha edición 2020 dos nacionais individuais
fortemente marcada polo estricto control sanitario desplegado durante toda a
competición para dar cumprimento a un protocolo moi riguroso disposto pola
Federación Española e coa supervisión do Consello Superior de Deportes. En Sub18, hai que salientar os 5 puntos de Martín Gómez Carreño (Xadrez Ourense), que o levaron (no seu ano
“malo” xa que todavía é sub-17) a compartir o posto 27º, mentres que Laura Gómez Carreño (Xadrez Ourense),
rematou compartindo o posto 71º con 3.5 puntos. En Sub16 foron ata 4 os xóvenes ourensáns que viaxaron ata
terras Granadinas, Xacobe Conde
Riveiro (Xadrez Ourense) con 4.5 puntos rematou 54º, Marcos Vázquez Gómez e Iván
Dopazo Vázquez, (ambos Xadrez Ourense) remataron con 4 puntos, nos postos
67º e 80º respectivamente, mentres que Tristán Alonso Rodríguez (Xadrez
Verín), con 3.5 puntos rematou 89º. En Sub12 Pura Diéguez Nóvoa (Benchoshey de Pereiro de Aguiar),
finalizou no posto 42º con 4.5
puntos. As mellores noticias para o Xadrez Ourensán chegaban de mans dos
máis xóvenes, xa que en categoría Sub-8, Laura Diéguez Nóvoa, (Benchoshey –
Pereiro de Aguiar), rematou 3ª de España feminina, rematando nun sensacional
14º posto de entre os 58 participantes. Pola súa parte, o xovencísimo, Daniel
Manrique García (Club Xadrez
Ourense), conquistou un excelente 22º posto da xeral, e o máis
salientable é que rematou 4º de
España “Sub-7”, xa que en 2021 todavía manterá a categoría Sub8, ao
ter nacido en 2013. O Campionato de España Individual Sénior, que se disputará en
linares (Jaén) entre os días 31 de Agosto e 8 de Setembro, xa ten confirmada
tamén representación ourensana, polo momento xa están confirmadas as
participación do mellor xuvenil da provincia e catro veces campión galego
individual, Martín Gómez Carreño e
do sete veces campeón de España individual, o Gran Mestre Iván Salgado, ambos compañeiros no Club Xadrez Ourense. Pese ao máis que lóxico baixón en cuanto á participación dos
nosos xadrecistas con respecto ás últimas tempadas, hai que destacar que Club Xadrez Ourense volve, un ano máis, a
situarse na vangarda de Galicia (Xunto co Club Xadrez Fontecarmoa de
Vilagarcía) no referente ao número de
xadrecistas enviados aos ctos. nacionais individuais
entre todas as categorías. Ver clasificación cto. De
España Sub-18 Ver clasificación cto. De
España Sub-16 Ver
clasificación cto. De España Sub-8 Ver nota de prensa, (La Región, 25 de
Agosto), II Ver nota de prensa, (La Región, 25 de Agosto), I Ver nota de prensa, (La Voz de Galicia, 25 de
Agosto) Olimpiada de países “online” -
2020 Yudania Hernández, (en primeiro
término), convocada coa Selección Española Yudania Hernández Estévez, Mestra Internacional do Club Xadrez
Ourente, contribuiu ao éxito da Selección Española na Olimpiada de países
“online” disputada desde mediados ata o 23 de Agosto, evento no que España
rematou nun moi positivo 5º posto, únicamente por detrás dos grandes
favoritos, Azerbaiján, Hungría, Ucraína e Kazajistán. Yudania contribuiu cos seus puntos para a clasificación esañola,
como así o ratificaron as súas victorias parciais ante as representantes de
Estonia e Jordania. Ver Clasificación da
Olimpiada 2020. Ver
nota de prensa III, (La Región, 19 de Agosto) Ver nota de prensa II, (Faro de Vigo, 18 de
Agosto) Ver
nota de prensa I, (La Voz de Galicia, 18 de Agosto) Campionatos
de España Individuais por idades, 2020 Daniel Manrique García,
(Club Xadrez Ourense), 4º de España sub-7, en 2020 Os Campionatos
de España individuais 2020, que arrancaron o 15 de Xullo e que se
alongarán (si a situación o permite), ata finais de Agosto (disputándose unha
categoría por semana), tiveron un positivo inicio para os xóvenes
xadrecistas ourensáns hai que remarcar
o moi positivo inicio dos representantes ourensáns. A granadina localidade de
Salobreña acollía entre os días 15 e 19 de Xullo a primeira das categorías (a
Sub8), na que dous xóvenes representantes ourensáns tomaron parte e con moi
positiva actuación. Laura Diéguez Nóvoa, (Benchoshey – Pereiro de Aguiar), rematou
3ª de España feminina, rematando nun sensacional 14º posto de entre os 58
participantes. Pola súa parte, o xovencísimo, Daniel Manrique García (Club Xadrez Ourense), conquistou un
excelente 22º posto da xeral, e o máis salientable é que rematou 4º de España “Sub-7”, xa que en 2021 todavía manterá a
categoría Sub8, ao ter nacido en 2013. ¡Noraboa! Ver Clasificación Cto. De España Sub-8 Ver nota de prensa, (La Región, 21 de Xullo) Ver nota de prensa, (Faro de Vigo, 21 de Xullo) Remate dos autonómicos 2020 con sabor a bronce para os
xadrecistas de Club Xadrez Ourense M.F. David Gómez vs. Martín Gómez (compañeiros no Xadrez Ourense “A”,
e participantes no autonómico sénior 2020) Padrón
acollía a derradeira proba dos campionatos autonómicos individuais
2020, (a categoría sénior), anteriormente a terra de Rosalía de Castro
tamén acolleu as categorías Sub18 e Sub14 (febreiro) e máis recentemente as
categorías Sub8 e Sub10 (4 e 5 de Xullo) e as categorías Sub12 e Sub16 (10 e
11 de Xullo). Nesta
última categoría, Sénior, o máis salientable foi o rotundo triunfo
do Gran Mestre natural do Barbanza e que dende hai dúas tempadas milita nas
ringleiras do Club Xadrez Verín, David Lariño Nieto, que contou as súas 7
partidas por triunfos. Tamén hai que destacar o bronce compartido do Mestre
FIDE Santiagués Luis Medarde (que tamén milita no Xadrez Verín desde inicios
de 2019) así como do M.F. Ourensán David Gómez Diéguez (Club Xadrez Ourense). Este
último bronce compartido logrado en categoría Sénior de David Gómez (Xadrez
Ourense), unido aos pódiums conseguidos anteriormente por Martín Gómez
Carreño en febreiro (en sub18), Pura Diéguez Nóvoa do Benchoshey (2ª feminina
en Sub14, tamén en febreiro), o “triplete” feminino en Sub-8 para Ourense,
con Laura Diéguez do Benchoshey (1ª feminina), Clara Montero, tamén do
Benchoshey (2ª feminina) e Candela Lorenzo do Xadrez Ourense (bronce
feminino), ademáis do bronce de Escarlata Alonso do Xadrez Verín (3ª fémina
en Sub10), e do logrado por Pura Diéguez do Benchoshey en Sub12 (3ª fémina),
Xunto cos bronces logrados respectivamente en Sub-16 por Iván Dopazo do
Xadrez Ourense e pola súa compañeira de club Laura Gómez (3ª feminina, tamén
en Sub16), fixeron que a tempada 2020 tivese un predominante “tono bronceado”
no tocante aos pódiums logrados por os xadrecistas ourensáns. En
suma, e tendo en conta todos os pódios autonómicos individuais logrados por
xadrecistas pertencentes a Clubes ourensáns durante 2020, obtívose un
positivo balance final con 2 ouros, 2 pratas e 8 bronces. Un total de 12
metais para os xadrecistas dos Clubes ourensáns, repartidos entre Xadrez
Ourense, Benchoshey e Xadrez Verín. Resulta máis que salientable que nunha
tempada 2020 marcada pola crise sanitaria do COVID 19, o Club Deportivo
Xadrez Ourense lograse enviar ata 30 deportistas aos campionatos Galegos
individuais, entre todas as categorías. Ver clasificación Cto. Galego Sénior
2020 Ver nota de prensa, (La Región, 28 de Xullo) Ver nota de prensa, (La Voz de Galicia, 21 de
Xullo) ** Xadrez Ourense, Club máis participativo de Galicia, nos
autonómicos de Xullo en Padrón Cun total de 20 participacións sobre 115 totais, nas
categorías S16, S12, S10 e S8 Os días 10 e 11 de
Xullo, dentros dos Campionatos Galegos de Xadrez 2020, tiveron lugar as
categorías S16 e S12 na coruñesa vila de Padrón, dentro dunha edición excepcional
destes campionatos autonómicos individuais por idades, que xa acolleran no
fin de semana anterior, os días 4 e 5 de Xullo, ás categorías Sub8 e Sub10. a Federación Galega
de Xadrez traballou arreo nas últimas semanas man a man coa Secretaría Xeral
para o Deporte, para desenvolver un detallado protocolo sanitario e deportivo
e deste xeito poder organizar, coas maiores medidas de seguridade para os
deportistas, unha edición 2020 dos autonómicos individuais de xadrez para as
categorías Sub8, Sub10, Sub12 e Sub16, (as categorías Sub14 e Sub18 xa foran
disputadas en Febreiro, antes da crise sanitaria). As catro categorías
mencionadas reuniron en Padrón a un total de 115 xóvenes (algo menos dun 40%
das cifras habituais nas últimas tempadas), representantes de parte dos 92
clubes galegos existentes. Club Deportivo Xadrez Ourense, presentou, xunto con
tres adestradores, ata 20 participantes entre as 4 categorías, o que
converteu á entidade ourensana na máis participativa de Galicia nestos ctos.
Galegos 2020. Tamén hai que destacar a ampla prensenza de Club Benchoshey de
Pereiro de Aguiar con 8 participantes, nestos autonómicos nos que tamén
estiveron presentes outros clubes da nosa provincia, como Universitario de
Ourense, Xadrez Verín ou o Academia Postal. A categoría Sub16
foi a que máis alegrías proporcionou para Ourense, xa que Iván Dopazo Vázquez e Laura Gómez Carreño (ambos cadetes de 1º
ano e compañeiros no Club Xadrez Ourense), lograron sendos bronces (na
clasificación xeral e na clasificación feminina, respectivamente), o que lles
da a praza directa para o nacional e Granada o vindeiro agosto. É destacable a
presenza de ata 4 ourensáns entre os 10 primeiros Sub-16, Iván Dopazo do Xadrez Ourense (3º),
Xacobe Conde do Xadrez Ourense (6º), Miguel Reza do Universitario (7º) e
Marcos Vázquez, tamén do Xadrez Ourense (9º). Mención aparte merece Xacobe
Conde Riveiro (6º da xeral finalmente), pero que disputou unha moi intensa
partida na última rolda ante o coruñés Claudio Reboredo (finalmente campión),
unha partida que Xacobe estivo a piques de gañar en varios momentos e que de
ser así, houbese representado o primeiro posto para o xoven ourensán. Dentro da categoría
sub12 o máis salientable foi o bronce feminino de Pura Diéguez Nóvoa
(Benchoshey de Pereiro de Aguiar), o que tamén lle otorga praza directa para
os nacionais de Andalucía. Tamén foron dignas de mención en Sub12 as
actuacións de Laura Diéguez (Benchoshey) e de Alejandro Fidalgo (Xadrez
ourense), ambos con 3 puntos conseguidos. Ver nota de prensa, (La
Región, 14.7.2020) Ver nota de prensa, (Faro
de Vigo, 14.7.2020) Ver nota de prensa, (La
Región, 10.7.2020) Ver clasificación completa Sub16 Ver clasificación completa Sub12 ** Xadrez Ourense, Club máis participativo no autonómico
S8 e S10, disputado en Padrón os días 4 e 5 de Xullo Os días 4 e 5 de
Xullo tivo lugar unha excepcional edición dos campionatos autonómicos
individuais das categorías Sub8 e Sub10, a Federación Galega de Xadrez
traballou arreo nas últimas semanas man a man coa Secretaría Xeral para o
Deporte, para desenvolver un detallado protocolo e deste xeito poder
organizar, coas maiores medidas de seguridade para os deportistas, unha
edición 2020 dos autonómicos individuais de xadrez para as categorías Sub8 e
Sub10, (o vindeiro 10 e 11 de Xullo terán a súa cita os Sub12 e Sub16). Con medidas
excepcionais concretas relativas ao deporte do xadrez (mesas separadas,
mascarilla obrigatoria durante a competición, emprego continuado de hidroxel
por cada participante, evitar o saúdo de mans ao principio e ao final de cada
partida, NON presencia dos adestradores nin de público na sala de
competición, medidas de temperatura de todos e cada un dos participantes
antes das partidas, continua desinfección de pezas, etc…), logrouse levar a
cabo esta edición 2020 dos autonómicos para os máis xóvenes, non obstante e
como era lóxico a participación viuse reducida a un 40 % en comparación coa
pasada edición. Con estos datos á
vista, 42 xóvenes procedentes de “solamente” vinte dos 92 clubes galegos
existentes, déronse cita na vila de Rosalía de Castro para disputar estas
probas claisificatorias de cara aos nacionais de Granada 2020. Club Deportivo
Xadrez Ourense (1 dos 92 clubes de xadrez de Galicia), presentou, xunto con
tres adestradores, ata 10 participantes dos 42 totais (prácticamente unha
cuarta parte da participación total). Tamén foi
salientable a embaixada enviada por Club Benchoshey de Pereiro de Aguiar con
5 participantes. Tamén estiveron presentes o
Club Xadrez Verín e Academia Postal. Dentro da categoría
sub10 os ourensáns máis destacados foron Antón Lorenzo (que en 2019 rematara
subcampión galego) e Marcos Varela, ambos do Club Xadrez Ourense. Mentres que na
categoría dos máis pequenos, os sub8, os ourensáns máis destacados foron
Laura Diéguez (Benchoshey), que rematou 5ª da xeral e primeira clasificada
feminina, Aroi Fernández (Academia Postal) e Daniel Manrique (Xadrez
Ourense), que tamén remataron entre os 10 primeiros. Ver nota de prensa, (La
Región, 7.7.2020) Ver nota de prensa, (Faro de
Vigo, 7.7.2020) Ver nota de prensa, (Voz de
Galicia, 8.7.2020) Ver clasificación completa Sub10 Ver clasificación completa Sub8 ** Iván
Salgado xa está en semifinais do individual iberoamericano 2020. O
martes 7 de xullo superou por 5-7 ao G.M. brasileiro Alexander Fier O xefe de filas do Club Xadrez
Ourense dende 2017, Iván Salgado, é un dos 64 Mestres de 23 países de
Iberoamérica que o 25 de maio comezou o Campionato Iberoamericano de xadrez rápido,
que se xoga en liña (Cada xogador de xadrez compite, supervisado pola
organización desde un estudo preparado para o propósito da competición, todo
emitido en internet e comentado por especialistas para miles de fans de todo
o planeta) O particular camiño de Ivan
(competindo desde o seu estudo en Berlín, onde está asentado dende setembro
pasado), comezou a finais de maio cando nos trintaedousavos de final venceu
ao mestre internacional cubano Marck Machín por un claro 4-1. Máis tarde e xa na rolda de
dezaseisavos, Iván tivo o difícil obstáculo do prestixioso Gran Mestre
brasileiro Gilberto Milos (un rival con moita experiencia en competicións
internacionais nas dúas últimas décadas), pero Iván mostrou un xadrez moi
dinámico e preciso, o que lle valeu ao ourensán un contundente 5-0 a favor,
que o catapultou ata os oitavos. Na rolda de oitavos de final, un
vibrante encontro que se decidiu na última partida, enfrentou a Iván contra
un dos favoritos, o madrileño David Antón Guijarro, que hoxe e xunto con Paco
Vallejo, Manuel Candelario, Alexey Shírov e o propio Iván Salgado, conforma a
selección española absoluta. Tras unha emocionante 13ª e última
partida, Iván levouse o match por un axustado 7 a 6. Chegaron os cuartos de final ante o
gran mestre carioca, Alexander Fier, Iván comezou "arrasando" cun
xogo moi alegre e ofensivo ao seu rival e situouse con 1 a 5 a favor, pero a
reacción do brasileiro foi igual de contundente e logrou igualar (5-5). Iván tirou de experiencia e
serenidade nese momento crítico, e tras un pequeno descanso antes da undécima
partida, sentouse novamente ante o taboleiro concentrado e volveu ao
brillante xogo que lucí unas primeiras partidas, e cun parcial de 0 a 2 ao
seu favor, colocou o 5 a 7 final que o catapultou ás semifinais. Agora
agardan as semifinais ante o o forte grande mestre Eduardo Iturrizaga
(Venezuela). VER INFORMACIÓN OFICIAL
DO TORNEO Ver prensa
relacionada, (Faro de Vigo, 9 de Xullo) Ver prensa
relacionada, (Voz de Galicia, 8 de Xullo) Ver prensa relacionada, (La Voz de Galicia, 3 de
Xullo) Ver prensa relacionada, (La Región, 3 de Xullo) Ver prensa relacionada, (Faro de Vigo, 3 de Xullo) ** Hemeroteca, “La Región”, recolle estos días (7.7.2020),
o Récord de simultáneas de 2001, na
rúa do paseo Dous “xóvenes” xadrecistas do noso
club, protagonizaron aquel episodio. En xullo de 2001, Xesús Miguel Conde e
Elías González enfrentáronse a 64 rivais, un por cada casiña do taboleiro,
(non foron 34 como recolle erróneamente o artigo), un daqueles rivais era un
xovencísimo Iván Salgado, que contaba 9 anos por entonces. Ambos xadrecistas
ourensáns batiron o que daquela foi o primeiro récord de Galicia de
simultáneas cronometradas. No anecdotario quedan imaxes que lembran as
carreiras (literais) por entre as mesas, para poder chegar a tempo a todos os
taboleiros sin consumir o tempo establecido. Finalmente a proba foi
conseguida ao superarse o 66% de victorias finais, de entre os 64 puntos
posibles. Ano e medio máis tarde, (2003), fundábase, moi cerca daquel
escenario (Rúa do Paseo nº 30) o Club Deportivo Xadrez Ourense, que agora
conta xa 17 anos de idade. Ver
nota de prensa (La Región, 7 de Xullo de 2020) ** Torneo
“Fin de Curso 2019-2020” (13 de Xuño) “Xaque
Mate ao Coronavirus” (1ª Copa Maristas
Ourense – “online”) A
pesar do ano tan complicado que estamos a vivir, Club Deportivo Xadrez
Ourense e Club Maristas Ourense, non quixeron perder a inercia organizativa
da última década e media, e un ano
máis, a pesar da pandemia, ambas entidades organizaron conxuntamente un
bonito e moi participativo torneo ONLINE
que se disputou durante o Sábado 13 de Xuño, desde as 10.30 horas ata
as 21.30, e no que se aglutinaron moi cerca de centenar e medio de
participantes das categorías Senior, Sub16, Sub14, Sub12, Sub10 e Sub8. Xóvenes
e experimentados xadrecistas, conectáronse desde as súas casas para vivir
unha emotiva xornada de xadrez sen barreiras. Deportistas de toda a xeografía
provincial, e incluso varios socios de Club Xadrez Ourense desde lugares tan
dispares como Valencia, Tenerife ou Oporto, disputaron esta edición tan
especial da Copa Maristas de forma online, que quedará para a historia. Xogadores
de renome como o Mestre Internacional André Ventura (vixente campión de
Portugal individual Absoluto e membro do 1º equipo de Club Xadrez Ourense
desde 2016), ou David Gómez (xoven Mestre FIDE Ourensán, finalmente campión
absoluto), Martín Gómez Carreño,
(4 veces campeón galego e tres veces medallista nacional), ou o maior da saga
dos Salgado López,
(Óscar), entre os veteranos, e xóvenes promesas como Antón Lorenzo (vixente
subcampión autonómico sub8), ou o actual campión provincial prebenxamín,
(Konstantin Kruglov, que finalmente conquistou o ouro Sub-8), déronse cita
nesta emotiva e moi participativa xornada. O
torneo estivo estructurado en dous grupos, que disputaron 6 partidas cada un
deles. O grupo sub12, sub10 e sub8, competiron de 10.30 a 14.00, e pola tarde
tiveron o seu turno as outras tres categorías, (Senior, Sub16 e Sub14), entre
as 18.00 e as 21.30. A
organización (Club Xadrez Ourense e Club Maristas Ourense, xunto co apoio da
Federación Galega de Xadrez), dispuxo
un trofeo recordatorio para cada participante, ademais de 30 premios
especiais (5 por categoría), e 32 importantes regalos que se sortearon en
directo a través da canle de Facebook de Club Xadrez Ourense (un ordenador,
bicicletas, tablets, etc...). A pesar das dificultades obvias para poder
xuntar todos estos premios nun ano tan complicado, hai que agradecer a gran
aportación de entidades públicas e privadas, que dende hai anos apoian ao
xadrez, como Deporte Galego da Xunta, ESCOR, Rotary, ORGADISA, QSE e incluso
grandes aportacións de colaboradores anónimos. GRACIAS E NORABOA A TODOS! Podiums
de Gañadores (ver imaxes dos
premios aos 30 gañadores obsequios para todos os participantes) Senior: 1º
David Gómez Diéguez 2º
Jorge Fernández Vázquez 3º Federico
Blázquez Criado 4º Sergio Blázquez
Criado 5º Mateo Díaz Gómez Sub16: 1º
Xacobe Conde Riveiro 2º Marcos Vázquez Gómez 3º Adrián Vázquez Velasco 4ºIván Dopazo Vázquez 5º Diego Bataller Méndez Sub14: 1ºAlba
Pérez Salgado 2º Nicolás Paz Crespo 3º Manuel Junco Aldea 4º José González Fernández 5º Hugo Arribas Álvarez Sub-12: 1º
Marcos García Agromayor 2º Alejandro
Delgado González 3º Adrián Fernández
Chamorro 4º Andrés Fernández Borrajo 5º Joel Cid Barrio Sub-10: 1º
Martín Fernández Borrajo 2º Pablo
Santás Rodríguez 3º Marcos
Varela Feijoo 4º Nicolás Feijoo 5º Miguel González
Fernández Sub-8: 1º
Konstantin Kruglov 2º Miguel Fidalgo
Álvarez 3º Roi Fernández
Expósito 4º Daniel Manrique
García 5º Pablo Santalices De
la Escosura VER GALERIA
DA RECOLLIDA DE PREMIOS 19 DE XUÑO
(PREMIOS PODIUMS E SORTEOS) Ver Clasificación Completa
Sénior, Sub16, Sub14 Ver Clasificación Completa Sub12,
Sub10, Sub8 Ver relación de Gañadores dos 32 regalos do
Sorteo, (retransmisión en https://www.facebook.com/clubexadrezourense) Ver Galería de Imaxes (30
gañadores dos premios especiais, Podiums de gañadores) Ver nota de Prensa, La Región 23 de
Xuño (entrevista David Gómez) Ver nota de Prensa, La Región, 23 Xuño
(II) Ver nota de Prensa, La Región, 23
Xuño (I) Ver nota de Prensa, Faro
de Vigo, 16 Xuño Ver nota de Prensa, La Región, 16 Xuño
(III) Ver
nota de Prensa, La Región, 16 Xuño (II) Ver nota de Prensa, La Región,
16 Xuño (I) Ver nota de Prensa, La Voz de Galicia, 13
Xuño Ver nota de Prensa, Faro de Vigo, 12 Xuño Ver nota de Prensa, Faro de Vigo, 11 Xuño Ver nota de Prensa, La Región, 10 Xuño Ver nota de Prensa, La Región, 9 Xuño (próximamente
máis notas de prensa relacionadas co evento) ** Escola de Xadrez
Ourense – Club Xadrez Ourense Tras
a suspensión, a Escola de Club Xadrez
Ourense reanudou os adestramentos de forma ONLINE Desde
finais de marzo ata mediados de abril, Club Deportivo Xadrez Ourense, retomou
progresivamente e de forma ONLINE as aulas e adestramentos de forma ONLINE
para a práctica totalidade de grupos (por idades e niveis), e para aqueles
xóvenes xadrecistas que adestran de xeito individualizado. Xa
son máis dun 90% dos alumnos e xóvenes practicantes do noso deporte,
pertencentes a Club Xadrez Ourense, os que seguen a adestrar con normalidade,
cos mesmos compañeiros, días e horarios que tiñan antes do confinamento
provocado pola crise do COVID-19. Coa
axuda dos adestradores e técnicos do Club e das novas tecnoloxías, os
adestramentos (e os torneos), seguiron adiante para os nosos federados. Ver
nota de prensa, (La Región, 25 Marzo – dixital) Ver nota de
prensa, (La Región, 25 Marzo) ** Circuito de xadrez “Xaque Mate ao COVID-19” Club Deportivo Xadrez Ourense
desenvolve esta iniciativa desde o 28 de marzo O xadrez é a unha
disciplina deportiva, (recoñecida polo
CSD e polo COI), que se pode practicar
de xeito online, tanto para adestramentos como para competicións, sexan éstas
de carácter aberto, federado ou incluso profesional. Club Deportivo Xadrez Ourense reaccionou
rápidamente xa que son moitos os apaixoados por este deporte do noso club, e
quixo tentar facer máis levadeiro este delicado momento de “Zugzwang”, que
está tocando vivir a todos os xadrecistas, maiores e xóvenes. Desde o pasado 28
de Marzo, estase disputando este circuito de xadrez online “Xaque Mate ao COVID-19”, composto de
10 probas puntuables, que contará
con bonitos premios para os 5 primeiros clasificados de cada unha das tres
categorías (15 premios totais), e tamén con agasallos de lembranza para todos
os participantes. O noso informático
e xadrecista Francisco Sotelo López,
(membro de Club Xadrez Ourense desde 2003),
está desenvolvendo unha excelente labor organizativa, logrando que
cada sábado se reúnan en torno a medio centenar de maiores e xóvenes en torno
ao taboleiro dixital de xadrez. Todos os
participantes, xóvenes e mairoes, socios do Club Xadrez Ourense, e que
participan desde lugares tan dispares como Berlín, Barbadás, Kosicke
(Eslovaquia), Carballiño, Chicago, Toén, Tenerife, Allariz, Valencia,
Santiago, Madrid, Milladoiro, Asturias, Leiro, Salamanca, Lleida … e por
suposto, Galicia e Ourense. ¡Gracias a todos e noraboa a todos os
participantes! (
Recollida de premios: Venres 19 de Xuño de 16.00 a 22.00 horas no local do Club Xadrez Ourense, R/Cabanillas nº 10, entreplanta) Ver
Clasificación Final Xeral tras 10 torneos disputados Ver pódium de honra das 3
categorías Ver nota de prensa, (La Región 2 de
Xuño) Ver nota de prensa, (La Región,
portada, 2 de Xuño) Ver nota de
prensa, (La Región, entrevista a Marcos Vázquez, 2 de Xuño) Ver nota de prensa, (La Región, dixital,
2 de Xuño) Ver nota de
prensa, (La Región 26 Maio) Ver nota de prensa,
(La Región 19 Maio II) Ver nota de prensa,
(La Región 19 Maio I) Ver nota
de prensa, (La Región 12 Maio) Ver nota de prensa, (La Región, 5 de maio) Ver nota de prensa, (La
Región, 28 de abril) Ver nota de prensa, (La Región, 21
de abril) Ver nota de prensa, (La Región,
14 de abril) Ver nota de prensa, (La
Región, 31 de Marzo I) Ver nota de prensa, (La Región,
31 de Marzo II) ** Liga Galega de Clubs 2020 A liga Galega de
Clubs 2020, quedou paralizada na víspera da disputa da súa séptima xornada
por mor da crise do COVID-19, ao igual que outras competicións importantes a
nivel autonómico, como os galegos individuais de Semana Santa (Sénior,
Cadete, Alevín, Benxamín e Prebenxamín). A liga autonómica
arrancou o pasado 25 de Xaneiro, na súa tempada 2020, e Club
Deportivo Xadrez Ourense contaba un ano máis, con representación
en todas as categorías, único club da provincia con equipos en
División de Honra, en Primeira (2 equipos), Segunda, Terceira e Cuarta
División (5 equipos). A derradeira
xornada disputada foi a do sábado 7 de Marzo, en todas as categorías. Na División de Honra o Club Xadrez Ourense
marchaba no terceiro posto, tras a
súa victoria a domicilio en Coruña e en vísperas dun apaixoante encontro
previsto para o sábado 14 de marzo ante o líder, Club Xadrez Verín, un
conxunto da nosa provincia,que viña de golear por
5-1 á Escola de Pontevedra e cunha impresionante inercia positiva nas últimas
tempadas que o está levando ao máis alto do xadrez autonómico. Por tanto, e
tras 5 roldas pendentes de disputarse, Xadrez
Verín era líder da división de honra, Club Xadrez Ourense era terceiro, iso sí, co pasaporte garantido
para a Liga Nacional de Clubs de 1ª
división no próximo Setembro, competición na que se ven a participando
nos últimos anos. Xa por último, o terceiro conxunto ourensán na máxima
categoría galeag, era o Liceo Recreo, que ocupa praza de descenso a primeira
división para 2021. Na Primeira división autonómica, o conxunto mellor clasificado da provincia tras 6
xornadas disputadas era o Xadrez
Ourense C, (conxunto máis xoven da categoría cunha media de idade de
15-16 anos). Tamén o Xadrez Benchoshey tiña por diante unha liga con claras
aspiracións, tras os últimos reforzos, e marchaba na zona noble da táboa.
Outros conxuntos ourensáns marchaban fora da zona perigosa, como Xadrez Ourense B e Xadrez Valdeorras,
mentres que Universitario de Ourense ocupaba, provisonalmente, praza de
descenso. No tocante á Segunda e Terceira División, os conxuntos do Xadrez Verín B e
do Benchoshey Fischer eran respectivos líderes, categorías nas que os equipos
de Club Deportivo Xadrez Ourense
marchaban ben clasificados, en ambas categorías. Ver nota de prensa, (La
Región, 10 Marzo) Ver nota de prensa, (La Voz de Galicia, 7 marzo) Ver nota de prensa, (La Región, 3 Marzo) Ver nota de prensa, (La Voz de Galicia, 3 marzo) Nota
de prensa, (La Región, 20 de febreiro) Nota de
prensa, (Voz de Galicia, 18 de febreiro) Nota
de Prensa , (Faro de Vigo, 18 febreiro) Nota
de prensa, (La Región, 4 de febreiro) Nota
de prensa, (La Región, 3 de febreiro) Nota
de prensa, (La región, 30 de Xaneiro) Nota de
prensa, (Voz de Galicia, 30 de Xaneiro) Nota de
prena, (Faro de Vigo, 30 de Xaneiro) Ver información Completa Liga Galega
de Clubs 2020 Nota
de prensa dixital III, (La Voz de Galicia, 30.1.2020) Nota
de prensa dixital II, (La Region, 30.1.2020) Nota
de prensa dixital I, (Faro de Vigo, 30.1.2020) Protagonismo
Ourensán nos autonómicos Individuais Xuvenil e Infantil Martín Gómez Carreño, nos
primeiros postos autonómicos, un ano máis. Embaixada do Club
Xadrez Ourense nos Autonómicos Sub18 e Sub14 de 2020 A Coruñesa vila de Padrón acolleu entre os días 22 e 25 de
febreiro os campionatos galegos individuais das categorías Sub18 e Sub14 nos
que se deron cita casi un centenar de xóvenes xadrecistas galegos, uns
campionatos que contaron cunha nutrida embaixada ourensana composta por
xóvenes deportistas, representantes do Club Verín, Universitario, Benchoshey
de Pereiro de Aguiar e de Club Deportivo Xadrez Ourense, que exerceron de
embaixadores nesta cita autonómica valedeira para os nacionais do próximo
verano en Andalucia. Os vixentes campións provinciais, Martín Gómez (Xadrez
Ourense) e Tristán Alonso (Xadrez Verín), foron os ourensáns mellor
clasificados en cadansúa categoría: Martín Gómez Carreño, con 5.5
puntos, en Sub-18 compartiu o terceiro posto final en Xuveniles, rematando
nun 5º posto final empatado ao bronce, cos pontevedreses Ferreirós e
Pampillón, tamén hai que mencionar nesta categoría a Marcos Vázquez e Mateo
Díaz (ambos do Xadrez Ourense), que remataron empatados ao posto decimosexto
da xeral. Pola súa parte, xa dentro da categoría infantil, o ourensán
mellor clasificado foi o mencionado Tristán
Alonso Rodríguez (Xadrez Verín), que rematou empatado ao 9º posto da
xeral con 5 puntos. Nesta categoría, Sub-14, hai que facer especial mención a Pura Diéguez Nóvoa,
(Benchoshey – Pereiro de Aguiar), que foi 23ª da xeral e conquistou o segundo
posto dentro da categoría feminina, Unha
plata autonómica, a de Pura Diéguez, que se viu completada polo 4º posto
feminino (30º da xeral), obtido por Alba Pérez Salgado (Club Xadrez Ourense). Club Deportivo Xadrez Ourense, xunto ao Xadrez Mós de Pontevedra e ao clube Xadrez
Fontecarmoa, foi unha das entidades máis participativas nesta cita autonómica
2020. O resto de categorías, Sénior, Cadete, Alevín, Benxamín e
Prebenxamín, terán lugar a comenzos de Abril, tamén na vila de Rosalía de
Castro. Ver nota
de prensa VI, (La Región, 3 Marzo) Ver nota de prensa V, (Faro
de Vigo, 27 Febreiro) Ver nota de
prensa IV, (Ourensedeportivo, 27 febreiro) Ver nota de prensa III,
(Voz de Galicia, 27 febreiro) Ver nota de
prensa II, (Faro de Vigo, 22 de febreiro) Ver nota de
prensa I, (Voz de Galicia, 22 de febreiro) Prensa dixital relacionada: *Faro
de Vigo, 22.2.2020 - https://www.farodevigo.es/deportes/ourense/2020/02/22/padron-acoge-campeonatos-autonomicos-sub14/2251513.html *Voz de Galicia, 22.2.2020 - https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2020/02/22/habra-presencia-ourensana-autonomicos-ajedrez/0003_202002O22C9992.htm ** Javier
A. Solache (Xadrez Ourense), en individuais, e Benchoshey Alekhine,
vencedores da 4ª División O sábado 8 de Febreiro tivo lugar a
Cuarta División por equipos da Liga Galega, reservada a xadrecistas de 2006 e
seguintes. Cerca de 60 xóvenes, representantes de 9 equipos da nosa
provincia, abarrotaron o Centro Cívico de A Ponte. Os Clubes máis
participativos foron Xadrez Ourense e Benchoshey, con 4 equipos cada unha das
entidades. O sistema foi “Suizo Individual con
puntuación por equipos”, sumando para cada escuadra os 4 mellores scores de
cada equipo. No eido invidual o vencedor foi Javier Álvarez Solache (Xadrez
Ourense), que rematou invicto cuns sensacionais 5 puntos en 5 partidas, no
eido de equipos, o Benchoshey Alekine foi primeiro con 16.5 puntos, Xadrez
Ourense “F” segundo con 14.5 e Xadrez Ourense “G” terceiro, con 14. Ver
Clasificación final (individual e por equipos) Ver Nota de Prensa
II, (Faro de Vigo, 13 de febreiro) Ver nota de prena I, (Voz
de Galicia, 13 de febreiro) ** Club Xadrez Ourense e
Benchoshey (Pereiro de Aguiar)
“saquean” o medalleiro
Provincial Individual 2020 Os días 18 e 19 de xaneiro,
simultáneamente no Centro Cívico de A Cuña e nos locais do Club Xadrez
Ourense, disputáronse os campionatos provinciais individuais das 6 categorías
que van desde Sub-8 a Sub-18, que unidas á categoría absoluta que se disputou
os pasados 11 e 12 de Xaneiro nos locais de “La Troya”, sumaron un excelente total de 172 participantes entre todas as categorías, aspirantes
todos eles a ocupar praza nos vindeiros campeonatos autonómicos individuais
que terán lugar nas datas de entroido (Sub-18 e Sub-14) e en vísperas da
Semana Santa, (o resto de categorías). Nesta edición de 2020, e como ven
sendo tradición nas últimas tempadas, dúas entidades, o Club Deportivo Xadrez
Ourense e o
Club Benchoshey-Pereiro de Aguiar
foron os principais acaparadores dos pódiums provinciais 2020 cos
seus xadrecistas, con 9 e 8 medallistas respectivamente, sumando entre ambas
entidades 17 dos 23 premios totais en litixio. Gran parte dos Clubs da Provincia
estiveron representados nesta cita provincial individual 2020, xa que ademais
das dúas entidades mencinonadas, tamén houbo ampla presenza de clubes como
Universitario de Ourense, Liceo Recreo, Xadrez Verín, Carlos Casares de
Xinzo, Ateneo Club e Club Xadrez Celanova. Sendo a entidade máis participativa
Club Deportivo Xadrez Ourense, con 88 deportistas participantes, entre todas
as categorías. (máis dun 50% do total). Dentro
das categorías por ededades, en
categoría Sub-8 o vencedor foi o xovencísimo Konstantin Kruglov (Club Xadrez
Ourense), seguido de Laura Diéguez
Nóvoa e de Rodrigo Cid Abreu (ambos do Benchoshey – Pereiro de Aguiar). En
categoría Sub-10 resultou vencedora a “doble medallista” Laura Diéguez Nóvoa
(Benchoshey – Pereiro de Aguiar), seguida de Pablo Santás Rodríguez (Xadrez
Ourense) e de Mateo Martínez Álvarez (Benchoshey – Pereiro de Aguiar). Xa
dentro da categoría Alevín (Sub-12), Pura Diéguez Nóvoa (Benchoshey – Pereiro
de Aguiar) conquistou o ouro, mentres que Mateo Dibuja Conde (Liceo Recreo) e
Manuel López Conde (Benchoshey-Pereiro de Aguiar), acadaron a prata e o
bronce, respectivamente. Xa en
infantiles (Sub-14) o ouro viaxou ata terras de monterrei de mans de Tristán
Alonso Rodríguez (Club Xadrez Verín), seguido de Alejandro Garrido Masid
(Universitario de Ourense) e de Xoaquín López Conde (Benchoshey – Pereiro de
Aguiar). Dentro
da categoría Cadete (Sub-16), Xacobe Conde Riveiro (Club Xadrez Ourense) foi
o vencedor, seguido de César Pérez Dapoza (Liceo Recreo) e de Marcos Vázquez
Gómez (Club Xadrez Ourense), mentres que o Ouro xuvenil (Sub-18) foise para o
principal favorito, Martín Gómez Carreño (Club Xadrez Ourense), seguido de
César Pérez Dapoza (Liceo Recreo) e de Mateo Díaz Gómez (Club Xadrez
Ourense). Dentro
da categoría Sénior (Absoluta),
disputada os días 11 e 12 de Xaneiro, o primeiro posto foi para Eloy Sixto
Puente (Benchoshey-Pereiro de Aguiar), seguido de Marcos Vázquez Gómez (Club
Xadrez Ourense) e de Óscar Salgado López (Club Xadrez Ourense), mentres que o
Ouro feminino provincial Sénior foise para Alba Pérez Salgado (Club Xadrez
Ourense) e o Ouro para os veteranos foise para o liceista J.Antonio Bello
Filgueira, todo isto, dentro dun campionato provincial de categoría Sénior
que celebraba a súa 30ª edición. (Ver
historial dos 30 Ctos. Provinciais Sénior de Ourense desde 1991). VER MEDALLEIRO
COMPLETO CAMPIONATOS PROVINCIAIS INDIVIDUAIS 2020 Galería de Imaxes
(Pódiums de gañadores) Ver nota de Prensa V, (La Región, 28 de Xaneiro) Ver nota de Prensa IV, (La Voz de Galicia, 22 de
Xaneiro) Ver nota de Prensa III, (La Región, 21 de
Xaneiro) Ver nota de Prensa II, (La Región, 21 de
Xaneiro) Ver nota de Prensa I, (Faro de Vigo, 21 de
Xaneiro) Ver nota de prensa dixital
IV, (Cadena SER, 21.1.2020) https://cadenaser.com/emisora/2020/01/21/radio_ourense/1579620721_473242.html Ver nota de prensa dixital
III, (La Región, 21.1.2020) https://www.laregion.es/content/print/campeones-individuales-ajedrez/20200121100551920131 Ver nota de prensa dixital
II, (La Región, 21.1.2020) Ver nota de prensa dixital I,
(Faro de Vigo, 21.1.2020) ** Iván Salgado despide o ano 2019 con nota, no mundial de
Moscú Entre os días 26 e
30 de Decembro, o Ourensán estivo entre a élite mundial na capital Rusa Moscú acolleu os campionatos do
mundo de xadrez nas súas modalidades “xadrez rápido” e “xadrez relámpago”,
coa participación de máis de 200 especialistas de máis de 50 países, en cada
unha de ambas modalidades. O Noruego, Magnus Carlsen, vixente
campión e nº 1 do mundo, fixo gala da súa condición, impoñéndose en ambas
probas. A embaixada Española, composta por
Vallejo, Guijarro, Shírov, Castellanos, Rosell, Santos Ruiz e o propio Iván
Salgado, colleitou positivos resultados. En concreto Iván Salgado na
modalidade de xadrez rápido empatou no posto 67º, e entre 207 participantes,
e na modalidade de “Blitz” (xadrez relámpago), rematou nun moi positivo posto
66, empatado no 59ª, tamén entre máis de 200 especialistas. Em ambas modalidades Iván Salgado
mellourou a previsión inicial ao mellorar co seu posto final, o seu ránking inicial en varios postos, en
ambas categorías. Ver
clasificación campeonato mundial de xadrez rápido Ver
clasificación campeonato mundial de xadrez relámpago. Nota de prensa V, (La Región,
5 de Xaneiro) Nota de prensa IV, (Faro de
Vigo, 4 de Xaneiro) https://www.farodevigo.es/deportes/ourense/2020/01/04/ivan-salgado-da-nota-moscu/2225947.html Nota de prensa III,
(Ourensedeportivo, 4 de Xaneiro) http://ourensedeportivo.com/destacado/ivan-salgado-despide-o-ano-2019-con-nota-no-mundial-de-moscu/ Nota de prensa II, (Cadena
Ser, 4 de Xaneiro) https://cadenaser.com/emisora/2020/01/03/radio_ourense/1578066719_514360.html Nota de prensa I, (La Voz de
Galicia, 4 de Xaneiro) ** Torneo de “Reis” de Carballiño O
4 de xaneiro tivo lugar na capital do Arenteiro o Torneo de “Reis”, que
congregou a máis dunha trintena de xóvenes xadrecistas. Antón
Lorenzo Mosquera do Club Xadrez Ourense, (que acaba de estrear categoría
sub10), estivo sensacional e conquistou o título logrando un pleno de 5
puntos sobre 5 partidas disputadas, merecendo atención especial ademais que
todos os xadrecistas, tanto de sub14, coma de su12, sub10 e sub8, competían
conxuntamente. A
subcampiona Xeral (e primeira clasificada Infantil foi Alba Pérez), tamén do
Xadrez Ourense, mentres que o bronce da xeral foi para Benjamín Diéguez
(Benchoshey). Por
Clubs, os xóvenes xadrecistas do Club Deportivo Xadrez Ourense conquistaron
nadamenos que 7 dos 12 premios en liza. ¡Noraboa a todos! Ver Clasificación Xeral (cadro de gañadores) ** I Open Internacional Vila de Allariz Naceu un novo e
ilusionante evento xadrecístico na nosa provincia, a Vila de Allariz acolleu
os últimos días do ano 2019, nas xornadas do 27,28 e 29 de Decembro a
primeira edición deste Aberto Internacional valedeiro para ELO FIDE, que se
disputou durante as datas do nadal e con interesantes premios para as
diferentes categorías. A fundación Ramón
González Ferreiro ao frente desta bonita iniciativa, co apoio do Concello de
Allariz e coa colaboración do Club Deportivo Xadrez Ourense, con Ángel
Ferreiro Estévez como director do evento, asumiron este novo reto deportivo
que moi posiblemente se instale definitivamente, dentro das entrañables datas
do nadal, como principal referencia xadrecística da provincia. Unhas datas
datas que desde hai máis de trinta anos contan cun moi especial e arraigado
vínculo co xadrez ourensán e que agora, grazas a esta nova xeira, adquirirán
un renovado e alentador pulo para o noso xadrez. Unha boa parte dos
11 Clubs da nosa provincia, outros varios clubs galegos e asturianos, e mesmo
xadrecistas chegados de Portugal, compuxeron un elenco inicial de medio
centenar de xadrecistas, dos que máis dun 80 % contaban con ránking
internacional. David Gómez, xoven
M.F. do Club Xadrez Ourense foi o claro vencedor con 6 puntos dos 6 posibles,
seguido de Pedro Gil Ferreira (Xadrez Verín) e dous seus compañeiros de club,
Salvador Rey e Mateo Díaz. En Xuveniles o vencedor foi Xacobe Conde (Xadrez
Ourense) que fixo un sensacional torneo, mentres que en infantiles a
vencedora foi Alba Pérez Salgado (tamén do Xadrez Ourense) que logrou unha
moi positiva actuación. Outros premios
foron o Campión Veterano, que foi parar a mans de Rafael Sánchez (Ateneo de
Ourense), o premio Sub-2000 para Oscar Martínez (Xadrez Verín), ou os premios
locais que foron parar a mans de Víctor López (Sénior) e Marcos Vázquez
(Xuvenil), ambos do Club Xadrez Ourense. Mentres que o premio sub1600 foi
para Belarmino García do club ONCE de Vigo. Finalmente, os premios especiais
á Beleza e “Galeón Pirata” foron para Pedro Gil Ferreira e Xacobe Conde, do
Verín e do Xadrez Ourense, respectivamente. Por Clubes, o máis
galardonado foi o Club Xadrez Ourense, con ata 13 dos premios en litixio,
seguido do Xadrez Verín con 5 xadrecistas galardonados, mentres que
Universitario de Ourense (con 2 premiados), Benchoshey (con outros tantos) e
xa ONCE de Vigo e Ateneo de Ourense, con 1 galardón, completaron o cadro de
honra por clubes. Ver Clasificación Final
Completa. ** Copa de España de
Clubs en Benidorm O Xadrez Ourense Alevín e Xuvenil, únicos equipos
representantes de Galicia nesta importante cita Entre os días 5
e 8 de Decembro tivo lugar en Benidorm (Alicante) a Copa de España de Clubs
que reuniu a máis de 80 escuadras de todo o panorama nacional, tanto en
Xuveniles como en Alevíns. O Club Deportivo Xadrez Ourense, por
partida doble, estivo presente en ambas categorías. En Xuveniles o equipo formado por
Martín Gómez, Mateo Díaz, Marcos Vázquez, Xacobe Conde e Adrián Vázquez
(todos eles en idade cadete todavía), e en Alevíns, o conxunto formado por
Tiago Barbosa, Manolo Penín, Alba Pérez, Jorge Cid e Xavi Penín, foron máis
que dignos representantes do noso Club nunha cita nacional cada ano máis
prestixiosa e cun nivel crecente. Club Xadrez Ourense, desde 2011, está
presente por 6ª vez nestos nacionais por equipos de Benidorm. Nota de Prensa en papel, II, (La Región, 7
de Decembro) Nota de Prensa en papel, I, (La Región, 6
de Decembro) Nota de prensa Dixital VIII, (La
Región, 8 de Decembro) - https://www.laregion.es/articulo/deporte-local/victorias-pares-xadrez-ourense-benidorm/20191208082242911560.html Nota de prensa Digital VII, (Faro de
Vigo, 8 de Decembro) - https://www.farodevigo.es/deportes/ourense/2019/12/08/ourense-sigue-paso-firme/2214356.html Nota
de Prensa Digital VI, (Faro de Vigo, 7
de Decembro) - https://www.farodevigo.es/deportes/ourense/2019/12/07/ourense-pelea-triunfo-campeonato-espana/2214005.html Nota
de Prensa Digital V, (Ourense
deportivo, n, 6 de Decembro) - http://ourensedeportivo.com/destacado/xadrez-ourense-juvenil-repite-victoria-en-la-3a-jornada-de-la-copa-de-espana-de-clubs/ Nota
de Prensa Digital IV (La Región, 6 de
Decembro) - https://www.laregion.es/articulo/mas-deporte/xadrez-ourense-juvenil-alcanzo-segunda-victoria/20191206230331911302.html Nota
de Prensa Digital III, (Ourense Deportivo, 5 de Decembro) - http://ourensedeportivo.com/destacado/xadrez-ourense-juvenil-debuta-con-victoria-en-la-copa-de-espana-de-clubs-de-benidorm/ Nota
de Prensa Digital II, (La Región, 5 de
Decembro) - https://www.laregion.es/articulo/mas-deporte/apertura-victoria-xadrez-ourense-juvenil/20191206122317911130.html Nota
de Prensa Digital I, (Faro de Vigo, 3
de Decembro)- https://www.farodevigo.es/deportes/ourense/2016/12/03/xadrez-ourense-compite-equipos-benidorm/1581754.html ** Iván Salgado, remata invicto e obtén o bronce nacional
2019 O Gran Mestre Ourensano Iván Salgado, (Ourense 1991), chegou
co-líder á última xornada do campionato de España Individual Absoluto que se
celebrou do 16 ao 24 de novembro na localidade malagueña de Marbella, aínda
que non puido pasar de bronce final, tras rematar en táboas unha difícil
partida con pezas negras ante o forte Gran Mestre murciano, Juan Carlos
Ibarra Jerez. O “Xefe de filas” do Club Deportivo Xadrez Ourense, chegaba con boas posibilidades á
última partida tras superar brillantemente ao hispano-letón Alexei Shírov na
penúltima xornada, (nº 3 do ranking e finalmente vencedor). Finalmente, o
empate entre Salgado e Ibarra e a derrota de José Cuenca ante Candelario,
fixo que obtivese Alexei Shírov ao ouro final, o subcampionato foi para o
número 1 do xadrez español, Paco Vallejo,
e o terceiro posto para Iván Salgado, todos con eles 7 puntos. Pódese dicir, sen dúbida, que a 84ª
edición (esta de 2019), dos campionatos nacionais individuais de xadrez desde
1902 (con algunhas interrupcións), é a máis forte da historia destes
campionatos. Nesta edición destacou, entre outros, a presenza íntegra do
quinteto titular da Selección Española, integrada polo propio Vallejo,
Guijarro, Shírov, Candelario e o propio Iván Salgado, escuadra que
recentemente representou a España no Campionato de Europa de Batumi,
(Xeorxia). Iván Salgado, segue invicto despois
de tres importantes probas nos últimos dous meses, o nacional de 1ª división
con Xadrez Ourense, onde gañou o bronce nacional, a Eurocopa coa Selección
Española na que España rematou 7ª entre 40 nacións e agora, este nacional
individual de Marbella, onde rematou con 7 puntos, obtendo 4 táboas e 5
vitorias. O outro Gran mestre galego enrolado
nas filas do Club Xadrez Verín, David Lariño, asinou táboas na última xornada
e rematou cuns notables 6,5 puntos no posto 12º, por outra banda o xoven
Mestre FIDE, David Gómez,
compañeiro de Ivan no Xadrez Ourense,
rematou con 5 puntos na posición 55º, entre os 142 participantes. La Región (Portada), 25.11.2019 Faro de
Vigo, 26.11.2019 https://www.farodevigo.es/deportes/ourense/2019/11/26/bronce-marbelli-salgado/2208338.html La
Región, 25.11.2019 https://www.laregion.es/articulo/deporte-local/salgado-bronce-nacional-marbella/20191125083618908929.html Diario
Marca, 24.11.2019 https://www.marca.com/ajedrez/2019/11/24/5ddac66c22601de16d8b45b4.html Ourense
deportivo, 24.11.2019 http://ourensedeportivo.com/destacado/ivan-salgado-invicto-se-cuelga-el-bronce-en-campeonato-de-espana-absoluto-de-ajedrez/ La Voz de
Galicia, 24.11.2019 https://www.lavozdegalicia.es/noticia/deportes/2019/11/24/ivan-salgado-tercero-espana-perder/00031574628669115426914.htm La Voz de
Galicia, 24.11.2019 https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/ourense/2019/11/24/salgado-vence-shirov-aspira-lograr-titulo-nacional/0003_201911O24C8993.htm El País,
23.11.2019 https://elpais.com/elpais/2019/11/24/media/1574614646_390626.html La Voz de
Galicia, 22.11.2019 https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2019/11/22/ivan-salgado-llega-imbatido-ecuador-campeonato-espana-absoluto/0003_201911O22C8993.htm Faro de
Vigo, 22.11.2019 https://www.farodevigo.es/deportes/ourense/2019/11/22/salgado-caza-titulo-nacionales/2206380.html Ourense
Deportivo, 22.11.2019 http://ourensedeportivo.com/destacado/ivan-salgado-supera-imbatido-el-ecuador-del-campeonato-de-espana-absoluto/ Cadena
ser, 21.11.2019 http://ourensedeportivo.com/destacado/ivan-salgado-supera-imbatido-el-ecuador-del-campeonato-de-espana-absoluto/ La
Región, 7.11.2019 https://www.laregion.es/articulo/mas-deporte/ivan-salgado-mira-nacional-marbella/20191107081055904801.html ** I Aberto Internacional Vila de Allariz Nace un novo e ilusionante evento
xadrecístico na nosa provincia, a vila de Allariz acollerá os vindeiros días
27,28 e 29 de Decembro a primeira edición deste Aberto valedeiro para ránking
internacional que se disputará durante as datas do nadal e con interesantes
premios para diferentes categorías. A fundación Ramón González Ferreiro
ao frente, co apoio do Concello de Allariz e coa dirección deportiva do Club
Deportivo Xadrez Ourense, asumirán este novo reto deportivo que agarda
instalarse no tempo dentro das entrañables datas do nadal, unhas datas que
desde hai máis de trinta anos contan cun moi especial e arraigado vínculo co
xadrez ourensán e que agora, grazas ao entusiasmo da fundación Alaricana
adquirirán un renovado e alentador pulo para o noso xadrez. VER INFORMACIÓN COMPLETA
DO EVENTO (Enlace para inscricións) - https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSe_cweaUKqBf0mSLMLsaIj-KFA9FyX6f7hFnt36Q1N3yQ8IdQ/viewform ** Copa Deputación de Xadrez Rápido 2019 Club Xadrez Ourense conquista sete
pódiums, entre eles, o ouro en 3 das 5 categorías O sábado 23 de Novembro
tivo lugar a Copa Deputación de Xadrez Rápido organizada pola Universidade de
Ourense, os xadrecistas do Club Deportivo Xadrez Ourense foron os máis
laureados, conquistando o ouro en 3 das 5 categorías en litixio. Iván Dopazo,
Tiago Barbosa e Antón Lorenzo gañadores nas súas respectivas categorías,
Noraboa! Ver nota de prensa relacionada (La Región,
26,11.2019) Ver clasificación -
cadro de Honra ** Festival de Xadrez “Expourense 2019” O Xadrez
protagonista no Salón do Deporte Galego,
“Sportur-Galicia 2019” O sábado 16 de Novembro tivo lugar en Expourense
a XI edición do tradicional festival de xadrez para xóvenes que leva o nome
do recinto de feiras e exposicións de Ourense, e que por segundo ano
consecutivo formou parte do programa de actividades de Sportur Galicia,
(salón galego do deporte). Numerosos xadrecistas de entre 5 e 14 anos de
idade, representantes de varios clubs da provincia e tamén doutras provincias
galegas déronse cita nesta edición 2019, superando con creces o centenar de
xóvenes participantes. En categoría Sub-8, a máis participativa, hai que
salientar a victoria de Antón Lorenzo
Mosquera (Club Xadrez Ourense), que con 5.5 puntos foi quén de superar a
complicados rivais, como a pontevedresa Noa Freiría que finalmente, rematou
subcampiona. (Xadrez Marín). En categoría Sub-10 o vencedor foi Marcos García Agromayor (Club Xadrez
Ourense), que con 5.5 puntos conquistou o título benxamín e cumpliu coa
súa condición de favorito inicial. En Alevíns (Sub-12) os irmáns Diéguez Nóvoa
depararon unha intensa batalla polo ouro, e finalmente foi Pura Diéguez Nóvoa (Xadrez Benchoshey)
quen con 6 puntos, se proclamou vencedora. Na categoría Sub-14 (infantiles), Iván Dopazo Vázquez e Laura Gómez Carreño
(ambos compañeiros no Club Xadrez Ourense), foron vencedores ex aequo, xa
que ambos completaron a misma puntuación (5.5 puntos) e ademais tiveron
idénticos os 3 coeficientes de desempate. Finalmente e no medio de gran
expectación, fíxose un desempate “olímpico” nunha partida “lóstrego” que
decidiu que o trofeo do campión fose parar a mans de Iván e o de subcampión á
mans de Laura, si ben ambos repartiron loureiros de triunfadores. Por Clubs, o Club
Deportivo Xadrez Ourense foi o máis galardonado xa que obtivo ata 12 premios
de entre os 20 postos de honra, (entre eles 3 ouros), o Benchoshey conquistou 5 premios (1 ouro), e as
seguintes entidades colleitaron 1 podium, Universitario de Ourense, Xadrez
Marín de Pontevedra e Inmaculada de Ourense. Ver galería de imaxes dos pódiums. Televisión
de Galicia, 17.11.2019 - http://www.crtvg.es/informativos/salon-do-deporte-e-o-turismo-activo-en-ourense-4213869 Ourense
deportivo, 17.11.2019 - http://ourensedeportivo.com/destacado/o-xadrez-foi-protagonista-no-sportur-galicia-2019/ La Región,
17.11.2019 - https://www.laregion.es/articulo/mas-deporte/ajedrez-festivo-sportur/20191119113133907727.html Faro de Vigo, 17.11.2019 - https://www.farodevigo.es/deportes/ourense/2019/11/17/actividad-intensa-sesion-cierre-sportur/2203736.html ** Iván Salgado, imbatido coa selección Española na
Eurocopa de Nacións de Batumi, (Georxia) O Gran Mestre do Club
Xadrez Ourense, Iván Salgado López,
(Ourense 1991), unha vez máis formou parte da Selección Española Absoluta que
disputou a Eurocopa de nación en Batumi, (Georgia). A competición que se
desenvolveu do 24 de Outubro ao 3 de Novembro congregou a 40 seleccións
nacionais, entre as que resultou vencedora Rusia, a gran favorita, rematando
España nun positivo 7º lugar. O papel de Iván
Salgado foi de valor para o cobinado nacional xa que disputou 4 partidas,
empatando en 3 delas e conseguindo unha victoria finalizando imabtiado. Unhas
molestias físicas impediron a Iván cobrar máis protagonismo como titular, na
recta final do Torneo. O
equipo español estivo composto por cinco xadrecistas de recoñecido prestixio
e traxectoria no noso país, como son o actual nº 1 do xadrez nacional, o
balear Paco Vallejo, o madrileño David
Antón, o Letón de nacemento e nacionalizado español Alexei Shírov, o extremeño Manuel Candelario, ademais do
ourensán Iván Salgado, todos eles Grandes Mestres. Ver nota de
prensa IX (Voz de Galicia, 29 de Outubro) Ver nota de
prensa VIII (Faro de Vigo, 29 de Outubro) Ver nota de
prensa VII (Voz de Galicia, 27 de Outubro) Ver nota de
prensa VI (Voz de Galicia, 26 de Outubro) Ver nota de
prensa V (Faro de Vigo, 26 de Outubro) Ver nota
de prensa IV, (La Región, 3 de Setembro) Ver nota de prensa III, (Faro de
Vigo, 23 de Agosto) Ver nota de prensa II, (Voz de Galicia, 22
de Agosto) Ver nota de prensa I, (La Región, 22 de
Agosto) Enlaces de
prensa dixital https://cadenaser.com/emisora/2019/10/28/radio_ourense/1572259222_377332.html ** IV Torneo “Festa da Istoria” – 2019 O 12 de Outubro tivo lugar na igrexa
da Madalena, no corazón do barrio Xudeo de Ribadavia, a cuarta edición deste
bonito e xa clásico torneo de xadez, da modalidade de partidas rápidas. Baixo a organización da Coordinadora
da Festa da Istoria de Ribadavia e coa dirección técnica do Club Deportivo
Xadrez Ourense, ata 65 xadrecistas abarrotaron a sala de xogo situada en este
fermoso e exclusivo marco para un torneo de xadrez. Ademais de pola boa participación, a
competición estivo marcada polo excelente nivel dos participantes, xa que ata
tres deles eran titulados Internacionais. O merecido campion Absoluto foi o
xovencísimo xogador pontevedrés, Xulio del Prado, que malia partir co número
6 de ránking inicial, soubo superar a complicados rivais e situarse con 5.5
puntos dos 6 posibles. Por Clubes, a entidade máis
galardonada foi o Club Xadrez Ourense, que acadou ata 6 premios dos 15
totais. **
** Club Xadrez
Ourense Bronce na Liga Nacional de 1ª División – 2019 O primeiro equipo
do Club Xadrez Ourense, aproba con nota o seu debut na 1ª nacional. Dende
o pasado 26 de Agosto tivo lugar en Linares (Jaén), a liga nacional de Clubs
de 1ª División que se prolongou ata o domingo 1 de Setembro. 8 potentes equipos da escena nacional mediron as súas forzas
nesta competición de alto nivel na que por primeira vez na historia tomaba
parte un club ourensán, o Xadrez Ourense,
Club que tamén é o máximo embaixador de Galicia a nivel de equipos de
ámbito nacional no ano 2019, e ao que
o ano próximo se sumará, o Club Fontecarmoa de Vilagarcía, tras o ascenso
acadado recentemente despois de finalizar subcampion da 2ª división. Tras
catro vitorias parciais contra os cántabros de Solvay (5-1), o Real Oviedo
(5-1), o poderoso Oromana Schneider Andaluz (4.5-1.5) e contra o madrileño
Atocha (4.5 - 1.5), resultados aos que se uniu un empate na xornada inaugural
do luns 26 ante o Barberá de Barcelona (3-3), e unha única derrota pola
mínima ante o poderoso Silla-Bosch de Valencia, o Club Xadrez Ourense
alcanzou a última rolda con posibilidades de título ou subcampionato, pero cos
“deberes” máis que feitos, xa que o plantexamento inicial era a permanencia. Todo
pasaba polo enfrontamento do 1 de Setembro ante o sexteto
"galáctico" do Paterna de Alacante (equipo con ranking nº 1), unha
escuadra capitaneada polo número 1 do xadrez español na última década, Paco
Vallejo, e os grandes mestres rusos Alekseenko e Sarana, entre outros. Aínda
que o título parecía case imposible debido ao "asequible"
enfrontamento da líder Silla-Bosch contra o Barberá de Barcelona (que
finalmente acabou coa vitoria dos campións), os ourensáns poderían soñar co
subcampionato, no caso de superar a Paterna que só lle sacaba un punto de
vantaxe aos ourensáns, ata o momento. Finalmente, un 3 a 3 moi axustado tras
algo máis de 4 horas de loita deixou ao Club Deportivo Xadrez ourensán ao
borde do subcampionato pero cun máis que positivo bronce na súa bagaxe. A
victora de Yudania, xunto coas táboas de Salgado, Andersen, Ventura e David
Gómez supuxeron o empate a 3 finais cos de Paterna. Un
terceiro posto no debut na 1ª división nacional, co que o equipo ourensano
apenas podía soñar cando o ano pasado, sendo o equipo subcampión de España,
subiu da 2ª División co único obxectivo de lograr a permanencia en 1ª
División, categoría á que parece ter chegado para quedarse. A expedición
completa estivo configurada por Mads Andersen, Iván Salgado (xefe de filas),
David Tavares, André Ventura, David Gómez, Yudania Hernández, Adrián Gómez,
Óscar Salgado, Héctor Gómez (delegado), Elías González (Capitán). Ver Galería Imaxes V, (Premios) Ver Galería Imaxes
IV, (Competición) Ver Galería Imaxes III,
(Panorámicas) Ver Galería Imaxes II,
(Sexteto) Ver Galería Imaxes I, (Non á
violencia de Xénero) Ver
Clasificación Completa por Equipos Ver Nota de prensa XX, (La Región, 3 de
Setembro) Ver Nota de prensa XIX, (Faro de Vigo, 3 de Setembro) Ver Nota de prensa XVIII, (La Región, 2 de
Setembro) Ver Nota de prensa XVII, (Faro de Vigo, 2 de
Setembro) Ver Nota de prensa XVI, (Voz de Galicia, 2 de
Setembro) Ver Nota de prensa XV, (La Región, 1 de Setembro) Ver Nota de prensa XIV, (Faro de Vigo, 1 de
Setembro) Ver Nota de prensa XIII, (Voz de Galicia, 1 de
Setembro) Ver Nota de prensa XII, (Voz de Galicia, 31 de
Agosto) Ver Nota de prensa XI, (La Región, 30 de Agosto) Ver Nota de prensa X, (Faro de Vigo, 30 de
Agosto) Ver Nota de prensa IX, (Voz de Galicia, 30 de
Agosto) Ver Nota de prensa VIII, (La Región, 29 de
Agosto) Ver Nota de prensa VII, (Faro de Vigo, 29 de
Agosto) Ver Nota de prensa VI, (Voz de Galicia, 28 de
Agosto) Ver Nota de prensa V, (La Región, 28 de Agosto) Ver Nota de prensa IV, (Faro de Vigo, 28 de
Agosto) Ver Nota de prensa III, (Voz de Galicia, 28 de
Agosto) Ver Nota de prensa II, (Ideal de Jaén, 27 de
Agosto) Ver Nota de prensa I, (Voz de Galicia, 26 de Agosto) Prensa Dixital: La
Region, 3.9.2019. https://www.laregion.es/articulo/mas-deporte/debut-bronce-xadrez-ourense/20190903134905891483.html
Faro
de Vigo, 3.9.2019. https://www.farodevigo.es/deportes/ourense/2019/09/03/l-ganar-bronce/2164270.html
Voz
de Galicia, 2.9.2019 https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2019/09/02/podio-ourensano-liga-nacional-primera-division/0003_201909O2C6992.htm
Horta Noticias, (Levante) 2.9.2019 https://www.hortanoticias.com/el-club-ajedrez-andreu-paterna-asciende-a-division-de-honor-nacional/
Las Provincias, (Valencia), 2.9.2019 https://www.lasprovincias.es/deportes/mas-deportes/club-paterna-erige-20190902001930-ntvo.html
Faro de Vigo, 2.9.2019
https://www.farodevigo.es/deportes/ourense/2019/09/02/bano-bonce-linares/2163764.html
Ourense Deportivo, 1.9.2019
http://ourensedeportivo.com/ajedrez/xadrez-ourense-luchara-por-el-podio-en-la-ultima-jornada-de-primera-division/
La Voz de Galicia, 1.9..2019
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2019/09/01/xadrez-ourense-roza-podio-nacional-linares/0003_201909O1C9994.htm
Ourense
Deportivo, 1.2.2019 http://ourensedeportivo.com/ajedrez/xadrez-ourense-logra-un-sensacional-bronce-en-la-1a-division-nacional/
La Voz de Galicia, 31.8.2019
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2019/08/31/xadrez-ourense-cae-minima-ante-favorito/0003_201908O31C5998.htm
Ourense Deportivo, 31.8.2019
http://ourensedeportivo.com/ajedrez/xadrez-ourense-rozo-la-sorpresa-ante-el-potente-silla-bosch-esensys/
La Voz de Galicia, 31.8.2019
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2019/08/31/xadrez-ourense-cae-minima-ante-favorito/0003_201908O31C5998.htm
El Mundo Deportivo, 30.8.2019
https://www.mundodeportivo.com/otros-deportes/20190830/4761416551/el-club-andreu-se-mantiene-lider-invicto-con-ourense-y-silla-a-un-punto.html
La Región, 30.8.2019 https://www.laregion.es/articulo/deporte-local/ajedrez-suma-sigue-xadrez-ourense-linares/20190830082027890747.html
Ourense Deportivo, 30.8.2019
http://ourensedeportivo.com/ajedrez/xadrez-ourense-en-la-zona-noble-de-la-1a-division-tras-imponerse-al-oromana-schneider/ Faro de Vigo, 30.8.2019
https://www.farodevigo.es/deportes/ourense/2019/08/30/imparable-xadrez-ourense-encadena-tercera/2162377.html La Vanguardia, 30.8.2019
https://www.lavanguardia.com/ocio/20190830/4761356100/el-club-andreu-se-mantiene-lider-invicto-con-ourense-y-silla-a-un-punto.html El Confidencial, 30.8.2019
https://www.elconfidencial.com/ultima-hora-en-vivo/2019-08-30/el-club-andreu-se-mantiene-lider-invicto-con-ourense-y-silla-a-un-punto_2512671/
La Voz de Galicia, 30.8.2019
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2019/08/30/ajedrez-ourense-logra-permanencia-maxima-categoria-nivel-nacional/0003_201908O30C5994.htm
Cadena Ser, 30.8.2019 https://cadenaser.com/emisora/2019/08/30/radio_ourense/1567154857_066590.html
Cadena Ser, 29.8.2019 https://cadenaser.com/emisora/2019/08/29/radio_ourense/1567066822_836127.html
Faro de Vigo, 29.8.2019
https://www.farodevigo.es/deportes/ourense/2019/08/29/objetivo-cumplido-linares/2161817.html
La Región, 29.8.2019 https://www.laregion.es/articulo/mas-deporte/buenas-noticias-linares/20190829082806890575.html Ourense Deportivo, 29..8.2019
http://ourensedeportivo.com/ajedrez/xadrez-ourense-supera-al-real-oviedo-en-la-3a-jornada-de-la-liga-nacional-de-1a-division/ Cadena Ser, 28.8.2019 https://cadenaser.com/emisora/2019/08/28/radio_ourense/1566978568_701419.html La
Voz de Galicia, 28.8.2019 https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2019/08/28/xadrez-ourense-suma-linares-primeros-puntos/0003_201908O28C5995.htm Faro de Vigo, 28.8.2019
https://www.farodevigo.es/deportes/ourense/2019/08/28/ourense-inicia-tres-puntos-nacional/2161307.html Ourense Deportivo, 28.8.2019
http://ourensedeportivo.com/ajedrez/xadrez-ourense-comienza-firme-en-la-liga-nacional-de-clubs-de-1a-division/ La Vanguardia, 25.8.2019
https://www.lavanguardia.com/ocio/20190825/464255810293/cori-vallejo-matnadze-cuenca-y-shirov-figuras-en-el-nacional-de-primera.html Faro de Vigo, 23.8.2019
https://www.farodevigo.es/deportes/ourense/2019/08/23/xadrez-ourense-cuenta-horas-debutar/2158944.html ** Iván Salgado, convocado no quinteto Nacional para a
Eurocopa de Nacións de Xeorxia O Gran Mestre do Club
Xadrez Ourense, Iván Salgado López,
(Ourense 1991), foi seleccionado na penúltima semana de Agosto por o
seleccionador nacional, o catalán Jordi Magem Badals, como compoñente do
quinteto nacional español que viaxará a Batumi (Xeorxia) para tomar parte na
Eurocopa de Nacións que terá lugar entre o 23 de Outubro e o 3 de Novembro,
representando a España. O
equipo español estará composto por cinco xadrecistas de recoñecido prestixio
e traxectoria no noso país, como son o actual nº 1 do xadrez nacional, o
balear Paco Vallejo, o madrileño David
Antón, o Letón de nacemento e nacionalizado español Alexei Shírov, o extremeño Manuel Candelario e o ourensán Iván Salgado, todos eles Grandes
Mestres. Ver nota de prensa IV, (La Región, 3 de
Setembro) Ver nota de prensa III, (Faro de
Vigo, 23 de Agosto) Ver nota de prensa II, (Voz de Galicia, 22
de Agosto) Ver nota de prensa I, (La Región, 22 de
Agosto) ** Iván Salgado duodécimo, empatado no 5º posto, no Iberoamericano
Individual 2019 Entre os días 10 e 18 de Agosto,
España acolleu o prestixioso campionato iberoamericano individual, concretamente na localidade xienense de
Linares, (o “Wimbledon” do xadrez).
O triunfo final de esta edición de 2019 foi para o xoven G.M. Peruano Joge Cory (nº
1 do ránking), con 7 puntos, idéntica puntuación que o G.M. Cubano Carlos
Albornoz e o Español Paco Vallejo, que partía co número 3 do ránking inicial. O
G.M. Iván Salgado, (Ourense,
1991), rematou no posto 12º desta edición 2019 na que tomarón parte máis de
20 Grandes Mestres, sobre un total de 103 xadrecistas procedentes de 17
países. Ivan, finalmente, compartiu
puntuación (6 puntos, con 3 victorias e 6 empates), cos xadrecistas que van
do posto 5º ao 18º, como o coñecido G.M. Español David Antón Guijarro, (que
rematou no posto 11º) e que partía co nº 2 do ránking inicial. Hai que lembrar que o xadrecista do Club Xadrez Ourense, Iván Salgado xa
foi vencedor do campionato iberoamericano na súa edición de 2012, celebrada
en Quito (Ecuador). Pola súa parte os
xadrecistas do Club Xadrez Verín, o G.M. Cubano Lelys Martínez e o G.M.
galego, David Lariño, tamén cobraron protagonismo nesta edición 2019 e
remataron nas posicións 21º e 35º, respectivamente. Ver noticia de
prensa VI, (La Región, 19 de Agosto) Ver noticia de
prensa V, (La Región, 18 de Agosto) Ver noticia de
prensa IIII, (La Región, 17 de Agosto) Ver noticia de
prensa III, (La Región, 16 de Agosto) Ver noticia de
prensa II, (La Región, 15 de Agosto) Ver
noticia de prensa I, (La Voz de Galicia, 15 de Agosto) Ver
prensa dixital, (18 de Agosto) Ver
prensa dixital, (17 de Agosto) Ver
prensa dixital, (16 de Agosto) Ver
prensa dixital, (15 de Agosto III ) Ver
prensa dixital, (15 de Agosto II ) Ver
prensa dixital, (15 de Agosto I ) ** Martín Gómez Carreño en el Europeo de Bratislava
(Eslovaquia) O xoven xadrecistan ourensán do Club Xadrez Ourense, Martín Gómez Carreño
(2003), que a finais de xullo remataba nun sensacional 4º posto (empatado
no subcampionato) no nacional individual de Salobreña (Granada), tomou parte no campionato de Europa
Individual Cadete (Sub-16), que se celebrour en Bratislava, entre os días 2 e
10 de Agosto. Esta foi a segunda participación de
Martín nun campionato continental, (xa o fixera en Rumanía en 2017), sen
esquecerse da cita mundial na que tomou parte en Halkidiki, (Grecia) en 2015. Pese a partir co número 61 do
ránking inicial, con 2134 puntos de ELO,
Martín tivo que afrontar difíciles partidas contra xadrecistas de
ránking menor pero en clara progresión, o que significou rematar empatado ao
posto 99º de entre os 127 participantes. Tamén hai que salientar a
participación neste Europeo de Bratislava da adestradora do Club Xadrez Ourense, Yudania Hernández
Estévez, que viaxou coa expedición española como parte do equipo técnico.
Ver noticia VII, (La Región, 13 de Agosto) Ver noticia VI, (La Región dixital,
10 de Agosto) Ver noticia V, (La Región, 10 de Agosto) Ver noticia IV, (La Región, 5 de Agosto) Ver noticia III, (La Voz de Galicia, 4 de
Agosto) Ver noticia II, (La Voz de Galicia
dixital, 4 de Agosto) Ver noticia I, (Faro dixital, 4 de Agosto) ** O xoven M.F. do Club Xadrez Ourense, David Gómez,
excelente no Internacional de Cambados O xoven M.F. do Club Xadrez Ourense, David Gómez Diéguez, (Ourense, 1995),
realizou unha excelente actuación no Open Internacional de Cambados entre os
días 1 e 8 de Agosto. Competición na que pese a caer derrotado na 9ª e última
xornada ante o Mestre Internacional Arxentino, Tomás Sosa, rematou nun
excelente 3º lugar compartido entre varios xadrecistas e únicamente por
detrás dol vencedor desta edición
2019, o Gran Mestre Rumano Marius Manolache e do subcampión, o mencionado Maestro
Internacional Arxentino Tomás Sosa. David compartiu o 3º posto con luso
Luis Santos, o Cubano Arián González, o catalán Ayats Llobera e o varias
veces campeón galego, o Santiagués, Fernándo Sánchez, todos eles con 6.5
puntos. Con esta actuación David sube máis
dunha quincena de puntos de ránking internacional e xa en breve comenzará a
súa preparación para a Liga Nacional
de Clubs de 1ª división, que dará comenzo o próximo día 26 en Linares
(Xaén) e donde será peza clave, entre outros, no sexteto titular do primeiro
equipo dun Club Xadrez Ourense encabezado polo Gran Maestro Iván Salgado, e que intentará a fazaña de manterse
na 1ª División nacional, convertíndose ademais no equipo de Galicia de máis
categoría nacional na actualidade.
Reseñar que os equipos do Xadrez Padrón, Escola de Lugo, Xadrez
Pontevedra e Fontecarmoa de Vilagarcía, xogarán na 2ª nacional de Clubs entre
o 19 e 23 de Agosto, categoría que arbitrará o colexiado do Club Xadrez Ourense, David González
Gándara. Ver noticia V, (La Región, 13 de Agosto) Ver noticia IV, (Faro de Vigo dixital,
11 de Agosto) Ver noticia III, (La Voz de Galicia dixital, 11
de Agosto) Ver noticia II, (La Región, 10 de Agosto) Ver noticia I, (La Región dixital, 10 de
Agosto) ** Martín Gómez Carreño, 4º de España Sub-16, clasifícase para o
Europeo de Bratislava Importante
presencia e protagonismo ourensán nos Ctos. De España Individuais por edades
2019 Martín Gómez
Carreño, novamente entre os mellores de España, viaxará a a Bratislava (Eslovaquia), para
participar no Europeo 2019. Durante os últimos
30 días a localidade granadina de Salobreña, acolleu os campionatos de España
individuais por categorías, (desde sub-8 a sub-18), nas que os xóvenes
xadrecistas ourensáns colleitaron moi positivos resultados ademais de aportar
unha importante participación. Un ano máis, Club Deportivo Xadrez Ourense, volve
a ser a entidade deportiva Galega con
máis participación nos campionatos de España Individuais por categorías, con
ata 14 participacións. Tamén hai que salientar as 5 participacións do Club Xadrez Benchoshey de Pereiro de
Aguiar, as 4 do Universitario de
Ourense e as 2 do Club Xadrez
Verín. A primeira
categoría en disputarse e abrir os campeonatos de España individuais 2019 por
categorías, foi a dos máis cativos, (categoría sub8), que tivo lugar entre os
días 23 e 26 de Xuño. Hai que salientar o posto 38ª de Laura Diéguez
(Benchoshey), que con 5 puntos completou unha moi positiva actuación, así
como tamén o posto 46ª de Antón
Lorenzo Mosquera (Xadrez
Ourense), que partía como vixente subcampión Galego individual, e conseguiu,
no seu primeiro nacional, uns meritorios 4.5 puntos. Xa en categoría
Sub12, e entre os días 1 e 7 de Xuño, hai que mencionar os postos 107º e
112º, dos irmáns Diéguez Nóvoa, (Pura e Benjamín), ambos do Xadrez Benchoshey
de entre os 172 participantes, e ambos con 4 puntos dos 9 en litixio.
Igualmente, na modalidade de rápidas, hai que facer mención aos postos 108º e
110º da saga Diéguez Nóvoa, esta vez
Pura 2 lugares por diante de Benjamín. Dentro da categoría
Sub-14, disputada entre 9 e o 14 de Xuño, o mellor ourensán clasificado foi Xacobe Conde Riveiro (Xadrez Ourense),
con 5.5 puntos (empatado ao posto 31º de 182 participantes), Hai que lembrar
que Xacobe xa foi sucampión de España en Sub-12 no ano 2017. Sin embargo,
especial mención merecen as sensacionais actuacións de Iván Dopazo Vázquez (Xadrez Ourense) e de Tristán Alonso
Rodríguez (Xadrez Verín), quenes acadaron uns ascensos nos séus ránkings
respectivos de +64 e +69 puntos, malia non contar, de inicio, entre os
favoritos. Ambos remataron con 4 dos 9 puntos en litixio. Tamén experimentou
unha positiva subida no seu ránking (esta vez de +15) a xoven xadrecista do
Club Xadrez Ourense, Laura Gómez
Carreño, que rematou con 3.5 puntos na modalidade de partidas lentas. Xa
na especialidade de rápidas, convén destacar os excelentes 6 puntos de Xacobe
Conde, (que lle valeron para rematar empatado ao posto 18º de entre 168
participantes), así como os postos 86º, 108º e 123º de Laura Gómez, Tristán
Alonso e Iván Dopazo, respectivamente, entre os 168 xadrecistas Sub14 participantes. Xacobe, Laura,
Yudania (adestradora de Galicia) e Iván, (embaixada do Xadrez Ourense no
nacional Sub-14 de 2019) Para rematar, xa
dentro da categoría Sub-16 (Cadete), que rematou hai escasos días, chegaron
excelentes noticias para o Xadrez Provincial, un ano máis de man de Martín Gómez Carreño do Club Xadrez
Ourense, que nesta cita de 2019 empatou no 2º posto, rematando 4º
finalmente, nun fortísimo evento, no
que tomaron parte ata 174 xadrecistas de toda España, con 6 deles xa
titulados internacionais a pesar da súa xuventude e máis dun 90% dos 174, con
ránking internacional. Martín conseguiu 7
puntos, cedendo únicamente nas súas 2 partidas, ante subcampión e o Campión
de España, (que tamén é o actual campión do Mundo), o prodixio Aragonés Pedro
Antonio Ginés Esteo. Martín logrou un ascenso de casi 60 puntos de ránking, e
confirma a súa boa traxectoria clasificándose para o Europeo de Bratislava
(Eslovaquia), traxectoria na que xa de sub12 clasificouse para o mundial de
Grecia, e en Sub14 para o Europeo de Rumanía. Non obstante, as de
Martín Gómez Carreño non foron as
únicas boas noticias para o xadrez ourensán, convén facer especial mención á
soberbia actuación de Mateo Díaz Gómez
(Xadrez Ourense), que con 6 puntos empatou ao posto 19º e conseguiu un
“estratosférico” ascenso de puntos de ránking, nada menos que 153 positivos.
Pola súa parte, tamén estivo moi inspirado Adrián Vázquez Velasco (Xadrez Ourense), que rematou cuns
aparentemente máis discretos 4 puntos, pero cunha expectacular subida de
ránking de ata +97. Con 4 puntos, tamén remataron os ourensáns Marcos Vázquez Gómez do Xadrez
Ourense (113ª), e os irmáns Miguel e Marcos Reza Salgado, (ambos do
Universitario de Ourense), que remataron nos postos 119ª e 123ª, de entre os
174 participantes. J.M. Gómez, Adri
Velasco, Mateo Díaz, David Vázquez, Marcos Vázquez e Martín Gómez, (amplia
embaixada de Club Xadrez Ourense no nacional Cadete 2019) Xa na modalidade de
rápidas desta mesma categoría, os ourensáns, máis discretos, e por orde: Martín Gómez, Marcos Reza, Marcos Vázquez, Mateo Díaz e Miguel Reza acadaron os postos 39ª, 45º, 54ª,
91ª e 126ª de entre os 156 participantes. Convén lembrar que
en Agosto e xa en categoría Sénior, volveremos a ter unha ampla presencia
ourensana en Andalucía, dentro das citas internacionais e nacionais
previstas. Comenzando polo Campionato panamericano, no que tomará parte o
G.M. do Club Xadrez Ourense, Iván Salgado (importante cita
internacional de alto nivel que terá lugar en Linares entre os días 10 e 18
de Agosto, e que o G.M. ourensán xa conquistou en Quito, Ecuador, en 2012),
posteriormente terán lugar os campionatos de España Individuais Sénior das
modalidades rápida e relámpago, (tamén en Linares), e nos que entre outros
tomarán parte, entre outros ourensáns,
Yudania Hernández e Iván
Salgado (ambos Mestres e compañeiros no primeiro equipo do Club Xadrez
Ourense. Ver nota de prensa II (Faro de Vigo dixital,
27.7.2019) Ver nota de prensa I (Voz de Galicia
dixital, 26.7.2019) (próximamente máis notas de prensa relacionadas) Ver Clasificación Cto. España
Sub-16 Ver Clasificación
Cto. España Sub-16 (rápidas) Ver Clasificación Cto. España
Sub-14 Ver Clasificación
Cto. España Sub-14 (rápidas) Ver Clasificación Cto. España
Sub-12 Ver Clasificación
Cto. España Sub-12 (rápidas) Ver Clasificación Cto. España
Sub-8 ** Iván
Salgado gañador do Magisterial Open "Ciudad de León" O Gran Mestre Ourensán, colleita o
seu segundo éxito internacional consecutivo logo da súa recente estancia en
Ourense. O Gran Mestre Ourensano, Iván Salgado, colleita un novo
éxito tras a súa recente estancia en Ourense, tras a celebración das II
Xornadas Internacionais que levan seu nome e que tiveron lugar os días 21, 22
e 23 de xuño na nosa cidade. Os días 6 e 7 de Xuño tivo lugar o importante Open
Internacional “Cidade de León”, no que o Gran Mestre Ourensán obtivo un
sensacional triunfo. Ivan asinou unha sensacional "puntuación" con
7,5 puntos de 8 posibles, entregando unha "tarxeta" de case 2700
ELO, con iso Ivan comeza a quentar "motores" para os eventos
importantes que o esperan en agosto, en primeiro lugar o campionato
iberoamericano , un importante evento internacional que este ano terá lugar
en España (Andalucía) e que Iván xa gañou en 2012 en Quito (Ecuador), máis
tarde o GM Ourense loitará polos campionatos nacionais individuais das
modalidades de xadrez rápido e relámpago e, a finais de agosto, capitaneará
ao seu equipo como "xefe de filas", ao Club Deportivo Xadrez
Ourense, para asumir o reto máis ambicioso dos historia dun equipo de
Ourensano, que será permanecer na Primeira División Nacional de Clubs, (onde
só 8 escuadras militan), unha categoría á que Xadrez Ourense ascendeu o
pasado agosto de 2018, tamén en Linares, despois de rematar o subcampeón de
España, entre máis de 30 escuadras, nas segunda división nacional. Neste Open de León, tamén hai que destacar a excelente
actuación do gran gran mestre galego David Lariño (que desde principios de
2019 xoga no outro club potente da nosa provincia, o Xadrez Verín), que gañou
o subcampeón, tanto Ivan como o David quedaron por diante de especialistas
destacados, como o serbio Alexa Stríkovic ou o ucraniano Alexander Zuvarev,
entre outros destacados mestres. Ver nota de prensa IV, (Faro de Vigo, 9 de
Xullo) Ver nota de
prensa III, (La Región, 16 de Xullo) Ver nota de prensa II, (Voz de Galicia, 9 de Xullo) Ver nota de prensa IV, (La Región, 9 de Xullo) **
Campus
Intensivo de Alto Nivel con G.M. Iván Salgado O 10 de Xullo
pasado, O Grande Mestre realizou unha xornada intensiva de adestramentos con
varios dos membros que formarán o equipo e asistirán o vindeiro Agosto á Liga
Nacional de Clubs de 1ª División que terá lugar a finais de Agosto en Linares
(Jaén), entre eles o G.M. Jorge Viterbo, o M.F.David Gómez, o F.T. Elías
González ou Miguel Teixeira, entre outros. Esta xornada de adestramento tivo
lugar nos locais do Club Deportivo Xadrez Ourense e rematou cun xantar para
todos os asistentes, presidido polo 7 veces campión de España. Iván Salgado durante as
explicacións, no taboleiro xigante, o pasado 10 de Xullo. ** Iván Salgado
clasificado para as eliminatorias do Mundial de Xadrez, modalidade “Fischer
Ramdom” O Gran Maestro
Ourensán, tras seu regreso a Bulgaria, clasíficase tras superar la fase do 30
de Xuño. Ao
Gran Mestre Ourensán
, Iván Salgado, sentoulle ben o seu paso por Ourense,
tras a celebración das II Xornadas Internacionais que levaron seu nome e que
tiveron lugar os pasados días 21,22 e 23 de Xuño na nosa cidade. A súa
primeira cita coa competición, tras seu retorno a Bulgaria, foi a primeira
fase do campionato do mundo da modalidade “Fischer Ramdom”, especialidade que
introduxo o lexendario Bobby Fischer. A
competición, avalada pola FIDE, (Federación Internacional de Ajedrez), tivo a
súa fase clasificatoria o pasado 30 de Xuño. Iván superou a fase
correspondente, e xogará os “knock-outs” eliminatorios entre o 11 e 15 de
Agosto, e pelexará por chegar á fase final que tenrá lugar en Noruega o
próximo mes de Outubro e donde podería agardar ao ourensán, entre outros, o
campión do mundo, Magnus Carlsen, ao que Iván xa tuteou o pasado Decembro no
mundial de xadrez rápido. Poucos
días máis tarde destos “Knock-outs” eliminatorios, Iván estará en Linares,
capitaneando ao seu Equipo, o Club Deportivo Xadrez Ourense, para asumir o
reto máis ambicioso da historia para un equipo Ourensano, mantenerse na
Primera División Nacional de Clubs, (donde solamente militan 8 escuadras),
categoría á que Xadrez Ourense ascendeu o pasado Agosto de 2018, tamén en
Linares, tras finalizar subcampeón de España, entre máis de 30 escuadras, na
segunda nacional. Ver nota de prensa III, (La Región, 3 de
Xullo) Ver nota de prensa III, (La Voz de Galicia, 3
de Xullo) Ver nota de prensa III, (La Región, 2 de Xullo) ** Iván Salgado culmina as II Xornadas Internacionais
vencendo no torneo de exhibición Máis de 200 persoas, entre xadrecistas e
aficinados, participaron das
actividades programadas Iván Salgado, durante
unha das actividades máis espectaculares destas II Xornadas Internacionais,
“O Reto Olímpico”, (sábado 22, Praza de S. Antonio) O Gran
Mestre, 7 veces campión de España, Iván Salgado López (Ourense, 1991), foi o
protagonista da 2ª edición das xornadas internacionais que levan o seu nome e
se desenvolveron os días 21,22 e 23 de Xuño cunha moi ampla participación e
repercusión. Estas segundas xornadas internacionais, organizadas polo Club Deportivo Xadrez Ourense en
colaboración coa Xunta de Galicia
(Secretaría Xeral para o Deporte) e o Consello Municipal de Deportes do Concello de Ourense, tiveron
unha excepcional acollida entre xadrecistas e aficionados. O
anfitrión puxo ademais un broche de ouro á segunda edición destas xornadas,
vencendo no torneo de “Xadrez Relámpago” que tivo lugar na matinal do Domingo
23 en Expourense, Iván acadou 8 puntos dos 9 en litixio (7 victorias e 2
empates), rematando por diante, entre outros, do G.M. Búlgaro Vladimir Pétkov, do local Xabier Gómez que realizou unha excepcional actuación, ou do Mestre Internacional Portugués André
Miguel Do Vale, entre outros. Pero
este torneo de torneo de Xadrez Relámpago que congregou a unha corentena de
xadrecistas, solamente foi a última dunha ampla oferta de actividades
xadrecísticas. Así,
o venres día 21 tivo lugar
unha moi interesante e concurrida conferencia, (no Salón de Actos da Casa do
Chocolate de Ourense, edificio da Xunta de Galicia), na que Iván compartiu co
público os segredos de múltples aspectos técnicos, deportivos e psicolóxicos
dos seus enfrentamentos ante os mellores xadrecistas do mundo nos últimos
anos, includo o vixente nº1 mundial, o Noruego Magnus Carlsen, ao que se enfrentou xa en varias ocasións. Xa na
xornada do Sábado 22, Iván
Salgado, exerceu de xefe de filas da selección Ourensana ante un combinado
internacional de xogadores procedentes de España, Portugal e Venezuela e
encabezado polo G.M. galego e amigo de Iván, David Lariño, finalmente os locais foron os gañadores por un apretado 16.5 a 13.5, logrando así
os Ourensáns un meritorio triunfo. O equipo local, con 10 xogadores, estivo
composto por 4 séniors, un xuvenil, un cadete, un infantil, un alevín, un
benxamín e un prebenxamín (sub-8), ao igual que combinado visitante, todo
isto ante a presenza de numero público asistente ao longo de toda a mañá do
día 22. Xa na
tarde do Sábado 22 e con
permiso da chuvia, a céntrica praza de San Antonio foi escenario do “Reto
Olímpico”, no que os xadrecístas olímpicos Salgado e André Ventura, (Mestre
Internacional olímpico luso), “voaron” literalmente entre os taboleiros, para
tentar superar en menos de dúas horas a máis de 70 adversarios que contaban
con 25 minutos nos seus cronos mentres que os Mestres únicamente dispuñan
dunha media por taboleiro apenas superior a 2 minutos para completar todos os
movimentos. (realizáronse tandas simultáneas de 40 aficionados con
posibilidade de repetir partida), Como
broche final, o mencionado torneo de exhibición disputado na mañá do Domingo día 23 en Expourense,
no que Iván Salgado foi o vencedor
Sénior con 8 puntos sobre 9 posibles, seguido de Vladimir Pétkov (BUL),
Xabier Gómez e o M.I. André Ventura, mentres que en categoría Sub16 resultou
vencedor Marcos Reza Salgado, e
dentro da categoría Sub12 o triunfo foi para Jorge Cid Álvarez. Tal e
como Iván apuntou xa na presentación do evento aos medios, que tivo lugar o
Venres día 21 coa asistencia de múltiples representantes dos organismos
colaboradores, Xunta de Galicia e Concello de Ourense, “desde xa, traballarei
xunto co meu Club, o Xadrez Ourense,
para mellorar ainda máis a calidade das III Xornadas Internacionais para
2020” Ver Galería de
Imaxes I, (Presentación, venres día 21) Ver Galería de
Imaxes II, (Conferencia, venres día 21) Ver
Galería de Imaxes III, (Match Selección Ourensana vs. Combinado
Internacional, Sábado día 22) Ver
Galería de Imaxes IV, (“O Reto Olímpico” – Simultáneas, Sábado día 22) Ver
Galería de Imaxes V, (II Torneo de Blitz “Iván Salgado”, Domingo día 23) Ver
Clasificación Torneo de Blitz Ver
Información Match Ourense vs. “Combinado Internacional” Ver nota
de presa XI, (La Región, 25 de Xuño) Ver nota
de presa X, (La Región, 25 de Xuño) Ver nota de presa
IX, (La Región, 24 de Xuño) Ver nota de presa
VIII, (La Voz de Galicia, 24 de Xuño) Ver nota de presa
VII, (Faro de Vigo, 24 de Xuño) Ver nota de
presa VI, (La Región, 23 de Xuño) Ver nota de presa
V, (La Voz de Galicia, 23 de Xuño) Ver nota de presa IV,
(La Voz de Galicia, 22 de Xuño) Ver nota de presa
III, (Faro de Vigo, 22 de Xuño) Ver nota de presa II,
(Faro de Vigo, 21 de Xuño) Ver nota de presa I,
(La Voz de Galicia, 20 de Xuño) Enlaces de prensa dixital: https://www.laregion.es/articulo/mas-deporte/ivan-salgado-y-50-mas/20190623234251879095.html https://www.laregion.es/articulo/mas-deporte/fiestas-a-todo-deporte/20190620081751878542.html https://www.farodevigo.es/deportes/ourense/2019/06/22/ivan-salgado-toma-palabra/2128077.html https://www.fegaxa.org/gl/ii-jornadas-internacionales-gran-maestro-ivan-salgado/ https://cadenaser.com/emisora/2019/06/20/radio_ourense/1561025591_496686.html https://www.ourensedixital.com/_novas/19/06/21_06.htm * Ver Programa Completo
“II Xornadas Internacionais con G.M. Iván Salgado” (21,22 e 23 de Xuño) Ver galería imaxes
pasada edición (1) Ver
galería imaxes pasada edición (2) Ver
galería imaxes pasada edición (3) Ver galería
imaxes pasada edición (4) Ver galería imaxes
pasada edición (5) ** XI
Copa Maristas Galicia 2019 Gran participación na XI
edición da Copa Maristas Galicia 2019 9 dos 25 pódios quedáronse
en Ourense, nunha cita coas 4 provincias galegas presentes, ademais de
Portugal O
sábado día 1 de Xuño tivo lugar no pavillón polideportivo do Colexio Maristas
de Ourense a XI edición da Copa Maristas Galicia de Xadrez, destinada a
xóvenes con idades entre os 6 e 16 anos.
Máis de 200 xóvenes xadrecistas de toda Galicia e Portugal abarrotaron
a pista do polideportivo Marista nunha xornada de “deporte-ciencia”, cultura
e convivencia. O
torneo pertence ao Circuito Galego da Federación Galega de Xadrez, e un ano
máis é unha das probas puntuables máis participativas de todas cuantas se
disputan ao longo e ancho da xeografía Galega, a competición estivo dividida
en 5 categorías e contou coa presencia de máis de 50 xadrecistas con ránking
internacional. O
saque de honra fíxose a cargo dos membros do Club Maristas e do Colexio
anfitrión, quenes xunto coa dirección deportivo do Club Xadrez Ourense, deron
cauce a esta undécima edición. Os
clubs ourensáns colleitaron boa parte dos metais e obtiveron 9 dos 25 podios
en litixio, 3 metais para o Club Deportivo Xadrez Ourense, outros 3 metais
para Universitario de Ourense, 2 para Xadrez Verín e un para Benchoshey de
Pereiro de Aguiar. En
categoría Sub-16 venceu o Ourensán César Pérez Dapoza, en Infantiles (Sub14)
o gañador foi o xoven xadrecista portugués Pedro Gil Ferreira Da Silva, en
Sub12 o vencedor foi o pontevedrés Xabier Pérez Sousa, en Benxamíns (Sub-10)
impúxose o Coruñés Iago Fernández Ramos, e dentro dos máis xóvenes (sub-8) o
vigués Diego Ibáñez Cruces foi o campión. Ademais
dos premios aos 25 gañadores, todos os participantes obtiveron premios
conmemorativos e participaron no sorteo final de importantes regalos. Ver galería
de Imaxes I (pódios dos vencedores) Ver Galería de Imaxes II
(Vistas xerais) Ver Galería
de Imaxes III (Informal) Nota
de prensa X, La Región, 4.6.2019 Nota de prensa IX La Región, 4.6.2019 Nota de prensa VIII, La
Región, 4.6.2019 Nota de prensa VII, La Región,
4.6.2019 Nota de
prensa VI, Faro de Vigo, 3.6.2019 Nota de
prensa V, La Voz de Galicia, 3.6.2019 Nota
de prensa IV, La Región, 2.6.2019 Nota de
prensa III, La Voz de Galicia, 1.6.2019 Nota de
prensa II, La Región, 1.6.2019 Nota
de prensa I, Faro de Vigo, 1.6.2019 Enlaces de prensa dixital: https://www.laregion.es/articulo/mas-deporte/fiesta-local-maristas/20190602094207875303.html **
Os
Equipos Ourensáns dominadores na Copa Galicia de Clubs Dous ouros e un bronce viaxaron para a nosa provincia
nunha forte e vibrante edición 2019 Club Deporitvo Xadrez
Ourense Cadete, Campión Copa Galicia de equipos 2019. O
Sábado 25 e o Domingo 26 de Maio, a localidade coruñesa de Noia acolleu a
Copa Galicia de Clubs 2019, unha moi concurrida e potente edición ésta de
2019, na que se deron cita 39 equipos de toda Galicia. A proba copeira pertence ao calendario
oficial da Federación Galega de Xadrez e contou coa organización do Liceo
Marítimo de Noia. Os conxuntos ourensáns tiveron un enorme protagonismo nesta
edición 2019, tanto na categoría cadete (disputada o sábado 25) como en
categoría Sénior, (que tivo lugar o domingo 26 de Maio). Ata
11 escuadras se deron cita na xornada do sábado para definir ao campeón de
Copa Galego da categoría Cadete
(Sub-16), finalmente e tras unha intensa xornada o Club Deportivo Xadrez
Ourense conquistou o trifunfo tras catro victorias parciais e un empate,
sumando 9 puntos e polo tanto acadando
o Ouro e 1º posto. O equipo composto por Martín Gómez Carreño, Mateo Díaz
Gómez, Marcos Vázquez Gómez, Xacobe Conde Riveiro e Adrián Vázquez Velasco,
foi seguido na táboa por o Fontecarmoa de Vilagarcía con 8 puntos e polo
Xadrez Mos de Pontevedra, con 7 puntos, de entre as 11 escuadras
participantes. Hai que salientar, que
este equipo, leva proclamándose campión da Copa Galicia de Clubs, en
categoría Cadete, por terceiro ano consecutivo, un feito sin precedentes dentro do xadrez autonómico. Xa
dentro da categoría Senior
disputada o Domingo, prevíase unha vibrante e emocionante xornada, nunha moi
potente edición 2019, con ata 28 equipos participantes e procedentes das 4
provincias galegas, entre eles máis de 100 xogadores con ránking
internacional e como dato importante salientar que máis dunha ducia de
xadrecistas contaban con titulación de Mestría Internacional, (e nada menos
que ata 4 deles coa máxima titulación, a de Grande Mestre Internacional).
Ademáis dos fortes conxuntos ourensáns da División de Honra Autonómica 2019
(o Club Xadrez Ourense e o xa consolidado Club Xadrez Verín), hai que
mencionar a presenza de reforzados e históricos equipos Galegos, como Círculo
Ferrolán, Xadrez Galego de Tui, Fontecarmoa de Vilagarcía, Xadrez Rianxo ou
Xadrez Padrón, entre outros. A
competición marchou máis que aceptablemente para os conxuntos ourensanos máis
en forma (Xadrez Verín e Xadrez Ourense), tanto é así, que se pudo falar
dunha “final”, ourensana na 6ª e derradeira rolda, xa que Club Xadrez Ourense e Club Xadrez
Verín, ata o momento co-lideres con 9 dos 10 puntos en litixio, disputábanse
o título na primeira mesa da competición. Dos 4 taboleiros en litixio, os
capitalinos tiñan suficiente cun empate (2-2) debido ao mellor coeficiente
provisional de desempate, pero tras unha fermosa e intensa batalla, e xa nos
últimos segundos de crono, o Grande Mestre e nº 1 do Xadrez Verín, David
Lariño, lograba superar tras vibrante partida ao Grande Mestre Jorge Viterbo,
(recén chegado de Nova York e que acompañará a Iván Salgado como primeiros
espadas do Xadrez Ourense na vindeira Liga Española de 1ª división, o
vindeiro Agosto, en Linares, co Xadrez Ourense). O Xadrez ourene
“A”, comandado por o G.M. Jorge Viterbo, estivo a piques de rubricar o
doblete na xornada dominical. Deste
xeito, o conxunto Verinense acadaban un merecido 1 a 3, e con iso
proclamábanse campións dunha emocionante edición da Copa Galicia de Clubs
2019, (equipo composto por David Lariño, Luis Galego, Ivo Dias e Pedro Gil),
mentres que no segundo lugar “colouse o Xadrez Galego de Pontevedra” que
sacaba rédito á súa folgada victoria no último match e o Club Xadrez Ourense,
debía conformarse co bronce, malia iso saía como entidade máis galardoada,
grazas ao título da xornada anterior co equipo Sub-16. (compuxeron
o Xadrez Ourense Sénior para esta cita copeira, Jorge Viterbo, André Ventura,
David Gómez e Miguel Teixeira). Convén salientar a excelente colleita de
premios para os equipos ourensáns, con ata 3 dos 6 pódios en litixio (dous
ouros e un bronce), cunha embaixada total de 7 equipos entre as 39 entidades
participantes. Ver Clasificación
Copa Galicia Cadete 2019 Ver Clasificación Copa
Galicia Sénior 2019 *** Campeonato
Provincial Escolar por Equipos “XOGADE 2019” Máis
dun centenar de participantes, os días 11 e 15 de Maio no Centro Cívico de A
Cuña Xadrez Ourense
Infantil “Alfil”, campeón provincial 2019 por equipos Máis
dun centenar de participantes das categorías Benxamín, Alevín e Infantil
tomaron parte na edición 2019 do Campionato Provincial por equipos da
Secretaría Xeral para o Deporte, na provincia de Ourense, organizado polo
servizo de Deportes da Xunta de Galicia en Ourense e baixo a dirección
técnica do Club Xadrez Ourense. O
Sábado día 11 de Xuño o Benchoshey de Pereiro de Aguiar fixo “doblete” ao adxudicarse
os títulos Alevín e Benxamín, mentres que o Club Xadrez Ourense “Alfil”,
venceu con autoridade o día 15, dentro da categoría Infantil. Finalmente
Club Xadrez Ourense obtivo 1 ouro, dúas pratas e dous bronces por equipos,
mentres que o Club Benchoshey obtivo 2 Ouros, unha prata e un bronce. Ver Clasificación Categoría
Infantil Ver Clasificación Categoría
Alevín Ver Clasificación Categoría
Benxamín Ver nota de prensa II, (La Región 21.5.2019) Ver nota de prensa I, (La Región 14.5.2019) ** Finaliza a Liga Galega de Clubs 2019 con boa nota para os
equipos Ourensáns En 2020
serán 3 as escuadras Ourensanas na División de Honra Autonómica Copa Galicia de Clubs e 1ª División
Nacional, próximos compromisos do Club Deportivo Xadrez Ourense “A” O Sábado 27 de Abril tivo lugar a undécima e última xornada da
liga Galega de Clubs 2019, na que os conxuntos Ourensanos, aprobaron con nota o curso
ligueiro autonómico, e agora xa quentan motores para a competición de Copa
Autonómica do próximo 26 de Maio, e no caso do Xadrez Ourense “A”,
tamén, para la Liga de 1ª División Nacional do próximo
Agosto. Na División
de Honra, os representantes ourensáns deron por positivo o peche do
curso ligueiro 2019, así, o Club Deportivo Xadrez Ourense, con un ollo posto
na próxima Liga Nacional de 1ª División que deberá disputar o vindeiro mes de
Agosto e para a que xa de antemán, sucedese o que sucedese na Liga
Autonómica, xa tiña praza garantida tras o sensacional nacional de clubs
realizado en 2018 en Linares, aproveitou a competición ligueira Galega para
realizar unha firme aposta por a xuventude e a canteira, dando cerca dun 70%
das partidas da máxima categoría a xóvenes xogadores
formados íntegramente no seno do Club
desde as categorías de base, chegando a alinear, incluso, en varias
xornadas a sextetos titulares cunha media de idade de 20 anos, feito sin
precedentes na División de Honra Galega. Finalmente un 5º posto, na metade alta da táboa e unha positiva
inversión deportiva en canteira que, unida, entre outros, ao
reforzo de Iván Salgado para o próximo nacional de Clubs, constituirá unha
firme aposta para mantenerse na 1ª División nacional de Clubs o próximo
Agosto, entre 8 potentes escuadras do panorama Nacional. Pola súa parte o Club Xadrez Verín, debutante na División de
honra autonómica, conquistou unha moi positiva 7ª posición final, alonxado
dos postos de perigo, e rubricou unha
excelente campaña finalizando na zona “noble”, que lles serve, aos de
monterrei para esperar con optimismo a Próxima Liga 2020 e, si cabe, apostar
por obxectivos maiores. Un sensacional año para os verinenses que tamén
enriquecen co ascenso do Verín C, da tercera división á Segunda autonómica. Dentro da Primera
División autonómica, non poderían ir mellor as cousas para os
equipos ourensáns, xa que o Liceo Academia Postal conquistou o ascenso á
División de honra autonómica para 2020, (co que o ano próximo serán 3 as
escuadras ourensanas na máxima categoría Galega), e o resto de equipos,
Xadrez Ourense B, Xadrez Ourense C, Universitario de Ourense e Benchoshey,
mantiveron con solvencia a categoría de prata autonómica e volverán a ser
“Primeiras” para 2020. Xa naSegunda División hai que resaltar o
ascenso do Xadrez
Valdeorras, que estará en Primeira división o próximo ano e en Tercera División, Liceo de Ourense B,
e o mencionado Xadrez Verín C, ocuparon as prazas de ascenso a Segunda. VER CLASIFICACIÓNS
COMPLETAS LIGA GALEGA DE CLUBS 2019 Ver
Clasificación Liga Provincial de Ourense (4ª División, Liga Provincial). Ver nota de
prensa XXIX, (La Región, 1.5.2019) Ver
nota de prensa XXVIII, (La Región, dixital, 1.5.2019) Ver
nota de prensa XXVII, (Ourense Deportivo, dixital, 1.5.2019) Ver nota de prensa
XXVI, (Faro de Vigo, 30.4.2019) Ver nota de prensa XXV,
(La Voz de Galicia, 30.4.2019) Ver nota de prensa XXIV, (La Región, 4 de Abril) Ver nota de prensa XXIII, (Voz de Galicia, 2 de
Abril) Ver nota de prensa XXII,
(La Región, 26.3.19) Ver nota de prensa XXI, (La
Voz de Galicia, 26.3.19) Ver nota de
prensa XX, (Faro de Vigo, edición Pontevedra, 27.3.19) Ver nota de prensa XIX,
(La Región, 19.3.19) Ver nota de prensa XVIII, (La
Voz de Galicia, 19.3.19) Ver nota de prensa XVII, (La
Voz de Galicia, 12.3.19) Ver nota de prensa XVI,
(Faro de Vigo, 12.3.19) Ver nota de
prensa XV, (Faro de Vigo, 26 de Febreiro) Ver nota de
prensa XIV, (La Voz de Galicia, 26 de Febreiro) Ver
nota de prensa XIII, (Faro de Vigo dixital, 26 de Febreiro) Ver nota de
prensa XII, (Faro de Vigo, 19 de Febreiro) Ver nota de prensa XI,
(Voz de Galicia, 19 de Febreiro) Ver nota de prensa
X, (Voz de Galicia dixital, 19 de Febreiro) Ver nota de prensa IX, (Faro de
Vigo, 12 de Febreiro) Ver nota de prensa VIII, (La Voz de Galicia, 12 de
Febreiro) Ver nota de prensa VII, (Faro de Vigo
dixital, 5 de Febreiro) Ver nota de prensa VI, (La Región, 30 de
Xaneiro) Ver nota de prensa V, (Faro de Vigo, 29 de
Xaneiro) Ver nota de prensa IV, (La Voz de Galicia, 29 de
Xaneiro) Ver nota de prensa III, (La Región, 26 de Xaneiro) Ver nota de prensa II, (Faro de Vigo, 24 de Xaneiro) Ver nota de prensa I, (Voz de Galicia, 24 de Xaneiro) ** Yudania Hernández realiza unha
excelente actuación no Campeonato de Europa en Turquía A xadrecista de Club
Xadrez Ourense, rematou empatada no posto 26º, partindo do 89º de ránking
inicial Yudania Hernández,
sensacional no campionato de Europa Individual 2019, en Antalya (Turquía) Entre os días 11 e 22 de Abril disputouse na localidade Turca de
Antalya o campionato de Europa Individual feminino, que contoua coa presenza
da xadrecista e Mestra Internacional Yudania
Hernández Estévez. Yudania, que leva desde 2015 no Club Xadrez Ourense, partía co número
89º do ránking inicial de entre as 132 xadrecistas participantes, pese á difícil
competición que tiña por diente, Yudania realizou unha excelente actuación,
rematando empatada nos postos que van do 26º ao 40º, con 6.5 puntos dos 11
posibles. Yudania, que consegui un ascenso no seu de ránking internacional de 37
puntos, conseguiu importantes victorias ante xogadoras de ránking superior,
como a Española García Martín (2315), a Xeorxiana Melia Salomé (2393) ou a
Ucraína Zukhova (2356), sen esquecerse de importantes empates, como o da
última rolda con pezas negras ante a Húngara Hoagn Thann (2435), con pezas
negras. Club Deportivo Xadrez
Ourense mantense como referente nacional en canto a participación dentro dos
campionatos de Europa Individuais Absolutos, ao contar en 2019 con dous
xogadores participantes, agora Yudania Hernández en Turquía e o pasado Marzo
Iván Salgado en Macedonia. Ver Clasificación Campionato de Europa
Feminino 2019 Ver Actuación Yudania Hernández
Estévez Ver noticia XIV, (Faro de Vigo, 24.4.2019) Ver noticia XIII, (La Voz de Galicia,
24.4.2019) Ver noticia XII, (Faro de Vigo – dixital), 24.4.2019 Ver noticia XI, (Voz de Galicia, 23.4.2019) Ver noticia X, (La Región, 23.4.2019) Ver noticia IX, (Faro de Vigo,
23.4.2019) Ver
noticia VIII, (La Voz de Galicia – dixital), 23.4.2019 Ver
noticia VII, (Faro de Vigo – dixital), 23.4.2019 Ver
noticia VI, (Ourense Deportivo – dixital), 22.4.2019 Ver noticia V, (La Voz de Galicia,
21.4.2019) Ver
noticia IV, (Faro de Vigo – dixital), 21.4.2019 Ver noticia III, (Faro de
Vigo, 21.4.2019) Ver
noticia II, (La Voz de Galicia – dixital), 21.4.2019 Ver
noticia I, (Ourense Deportivo – dixital), 20.4.2019 ** Un ano máis, Club Xadrez Ourense,
referente autonómico nos Ctos. Galegos de Semana Santa Antón Lorenzo (prata en Sub-8), Martín Gómez
(bronce en S-16) e Laura Gómez (bronce en S-16 fem.), Medallistas. Como xa é tradicional, Club Deportivo Xadrez Ourense, foi claro referente no terreo
participativo nos ctos. autonómicos Entre os días 13 e
16 de Abril disputáronse na coruñesa localidade de Padrón os campionatos
galegos das categorías Sub-16, Sub-12, Sub-10 e Sub-8, unha importante cita á
que acudiron ata 34 deportistas do
Club Deportivo Xadrez Ourense, acompañados de tres adestradores da
entidade. Unha notable cifra, que si a sumamos aos 7 xadrecistas desprazados
a Cangas o pasado Marzo para disputar os autonómicos S18 e S14, supera os 40 deportistas participantes
nos campionatos de Galicia individuais 2019. A primeira noticia
positiva para Club Xadrez Ourense chegaba o domingo día 14 de mans do
xovencísimo Antón Lorenzo Mosquera,
que con 6.5 puntos empataba no primeiro posto da categoría sub-8 e proclamábase subcampión de Galicia, obtendo
unha máis que meritoria prata na súa primeira participación autonómica. En categoría sub-10 hai que salientar a
sobresaínte actuación de Adrián
Fernández Chamorro, que con 6 puntos, colocábase no 7º lugar, empatado ao
4º posto, e reivindicándose como primeiro xogador de Galicia clasificado sen
ránking internacional. Nesta xeira 2019,
os nosos Sub-12 estiveron algo
máis discretos que os seus compañeiros doutras categorías, pero non hai que
esquecerse do 5º posto feminino alevín acadado por Alba Pérez Salgado, con 4.5 puntos. Xa en categoría Sub-16, hai que facer
mención ao excelente papel xogado polos irmáns Gómez Carreño, Martín e Laura, que obtiveron os respectivos
bronces dentro desta categoría, tanto na clasificación xeral como no apartado
feminino. Os metais de Antón,
Martín e Laura, únense ao bronce logrado por Pilar García Ruiz o pasado Marzo
en Cangas, dentro da categoría Sub-18, deste xeito Club Xadrez Ourense sitúase un ano máis como claro referente
autonómico ao obter ata 4 medallistas nos autonómicos individuais de
xadrez. Ver noticia XIII, (La
Región, 30.4.2019) Ver
noticia XII, (La Región, 23.4.2019) Ver
noticia XI, (La Región dixital, 23.4.2019) Ver noticia X, (Faro de
Vigo, 18.4.2019) Ver
noticia IX, (Faro de Vigo dixital, 18.4.2019) Ver
noticia VIII, (Faro de Vigo dixital, 17.4.2019) Ver
noticia VII, (La Voz de Galicia dixital, 17.4.2019) Ver
noticia VI, (La Voz de Galicia, 17.4.2019) Ver
noticia V, (Ourense deportivo – dixital), 17.4.2019 Ver
noticia IV, (Faro de Vigo, 16.4.2019) Ver
noticia III, (Ourense deportivo – dixital), 16.4.2019 Ver
noticia II, (Ourense deportivo – dixital), 13.4.2019 Ver
noticia I, (Faro de Vigo, 13.4.2019)
Antón Lorenzo
Mosquera Prata en S-8 Martín
e Laura Gómez Carreño, 2 Bronces en S-16 ** Faro
de Vigo entrevista ao Presidente do Club Xadrez Ourense Elías González reflexiona sobre os últimos éxitos
acadados por os nosos deportistas en Alicante, Turquía e Padrón O Presidente do Club Deportivo Xadrez Ourense
na sede do Club Ver
entrevista en formato dixital, (Faro
de Vigo, 25 deAbril de2019) Ver entrevista na prensa
escrita, (Faro de Vigo, 25 de Abril de 2019) ** Adrián Gómez Diéguez proclámase
subcampeón de España O Xoven xadrecista do Club Xadrez
Ourense, empatou no 1º posto, no nacional para Universitarios de
Alicante. David e Adrián Gómez Diéguez, 7º e 2º de España
Universitarios en Alicante 2019 Hoxe
Xoves día 11 remataba o Campionato de España de xadrez para deportistas en
idade universitaria, disputado en Alicante os días 9, 10 e 11 de Abril. Unha
competición de moi alto nivel, na que ata 69 dos 72 participantes tiñan
ránking internacional e ata 17 xadrecistas ostentaban titulacións
internacionais de Mestría. Adrián
Gómez Diéguez, (Ourense 29.8.1998), que partía co número 13 do ránking
inicial, realizou unha soberbia actuación, que culminou na matinal de hoxe
Xoves superando con pezas brancas e nunha espectacular partida ao Mestre
valenciano Francisco Sánchez, o que lle valía ao ourensán o empate no 1º
posto, compartido con Suárez Uriel, que únicamente por escaso marxe de
coeficiente, rematou por diante de Adrián Gómez, compartindo iso sí, ambos o
primeiro posto, con 7.5 puntos dos 9 posibles. Pola
Súa parte o tamén Ourensán David Gómez Diéguez, (irmán de Adrián, Ourense,
6.6.1995), tamén realizou unha positiva actuación, rematando no 7º posto de
entre os 72 participantes, con 6.5 puntos conseguidos. Os
irmáns Gómez Diéguez, militan ambos no equipo do Club Xadrez Ourense “A”, que
no vindeiro mes de Agosto, xunto con Iván Salgado, entre outros, tomará parte
na Liga Española de 1ª División, en Linares (Jaén). Tamén
hai que salientar, que os dous membros da saga Gómez Diéguez, obtiveron ao
longo de 2018, as titulacións internacionais de Mestre Fide. Por
Universidades, e no relativo á clasificación combinada, a Universidade de
Santiago de Compostela (USC), conseguiu o primeiro posto, por diante da UNED
e da Politécnica de Valencia. Ver
Clasificación Completa Campeonato de España Universitario 2019 Ver
noticia IV, (El Progreso, 16.4.2019), edición dixital Ver noticia III, (Faro de Vigo, 12.4.2019) Ver noticia II, (La Región, 12.4.2019) Ver noticia I, (La Voz de Galicia, 12.4.2019) ** Iván
Salgado, no Europeo Individual de
Skopje (Macedonia) O Gran Maestro Ourensano, finaliza empatado
ao posto 59º, con 6.5 puntos. A
capital Macedonia de Skopje, acolleu entre os días 18 e 29 de Marzo o Europeo
Individual, no que tomaron parte 360 especialistas de toda Europa, entre
eles, Iván Salgado (Xadrez Ourense) Iván,
que desde 2017 milita nas filas del Club Deportivo Xadrez Ourense, comenzou
cun inesperado traspés na primeira xornada ante o Serbio Goran Arsovic,
posteriormente e pese a unha meritoria remontada, algún problemas físicos na
recta final do evento, impediron que Iván realizara mellor actuación,
finalizando pese a todo, empatado ao posto 59º de entre 360 xadrecistas. Ver nota de prensa III, (La
Región, 29 de Marzo) Ver nota de prensa II, (La Voz de
Galicia, 29 de Marzo) Ver nota de prensa I, (Faro de Vigo,
29 de Marzo) ** Pilar García Ruiz, Bronce Autonómico
Xuvenil Feminino Durante as datas de
entroido tiveron lugar os Ctos. Galegos Xuvenil e Infantil en Cangas do
Morrazo Club Xadrez Ourense
volve a ser unha das entidades máis participativas nos campeonatos
autonómicos Sub-18 e Sub-14 Entre os días 2 e 5
de Marzo tiveron lugar os Campionatos Galegos Individuais das categorías
Xuvenil (Sub-18) e Infantil (Sub-14) na pontevedresa localidade de Cangas do
Morrazo, cita á que se desplazou unha nutrida representación Ourensana pese
ás sinaladas datas do Entroido. Cerca dun centenar
de xóvenes xadrecistas, entre ambas categorías, procedentes dunha gran parte
dos casi 100 Clubs de xadrez que hai en Galicia, déronse cita para pelexar
por unha praza para o Nacional do próximo verán. Hai que salientar que os
Campinoatos Galegos individuais do resto das categorías (Sénior, Sub-16,
Sub-12, Sub-10 e Sub-8), terán lugar o vindeiro mes de Abril na Coruñesa vila
de Padrón, cita para a que se agarda unha gran representacións da nosa
provincia. O éxito máis
destacado foi o bronce acadado en Categoría
Sub-18 feminina pola xadrecista do Club Xadrez Ourense, Pilar García
Ruiz, que ainda en categoría Sub-16 foi quén de acadar o pódio, situándose 3ª
clasificada Galega, sumando así o seu cuarto pódio individual a nivel
autonómico na súa traxectoria deportiva individual, a través das diferentes
categorías, nos últimos anos. Nesta Categoría, os
ourensáns mellor clasificados na clasificación Xeral foron César Pérez
(Universitario de Ourense), Mateo Díaz (Xadrez Ourense) e Marcos Vázquez
(Xadrez Ourense) que remataron, todos eles, con 5 dos 8 puntos en litixio,
empatados ao posto 6º / 13ª, de entre os 35 participantes desta categoría
Xuvenil, (Sub-18). Xa dentro da
categoría Infantil (Sub-14), hai
que resaltar a competición realizada por Xacobe Conde Riveiro (Xadrez
Ourense), que estivo batallando nos postos de privilexio durante a maior
parte da competición, sendo o único xogador capaz de arrancar un empate ao
número 1 e indiscutible campeón, o Pontevedrés Rubén Fernández, que rematou
con 7.5 puntos dos 8 posibles. Xacobe únicamente se viu afastado do pódio na
recta final, tras un amargo Martes, nos que perdeu as dúas últimas partidas
disputadas, das que si solamente vencese nunha das dúas, houbese acadado,
mínimo, o bronce autonómico. Pese a todo, hai que destacar o excelente nivel
demostrado por Xacobe durante a maior parte da competición. Os ourensáns mellor
clasificados nesta categoría Infantil, (Sub-14), foron Xacobe Conde (Xadrez
Ourense) e Iván Dopazo (Xadrez Ourense), ambos con 5 puntos remataron
empatados aos postos 12º / 18º, tamén hai que destacar o torneo realizado
polo xoven xadrecista Manuel López Conde (Club Xadrez Benchoshey), que sendo
ainda Sub-12, conseguiu 4.5 puntos e por tanto situarse no posto 25º de entre
os máis de 60 participantes. Un ano máis convén
destacar a ampla presencia dos deportistas do Club Xadrez Ourense como entidade de referencia autonómica, sendo
un dos Clubs máis participativos nestas citas autonómicas Xuvenil e Infantil,
chegando este ano 2019 a enviar ata 7 deportistas. Ver nota de prensa III, (La Región, 7.3.19) Ver nota de prensa II, (Faro de Vigo, 7.3.19) Ver nota de prensa I, (La Voz de Galicia, 7.3.19) Pilar García, Bronce
Sub-18 feminino nos Ctos. Galegos Individuais 2019 ** Club
Xadrez Ourense presente no Congreso Mundial EDUCA O Adestrador Deportivo de Xadrez
David González Gándara foi ponente neste importante foro internacional sobre
educación. O Docente e Adestrador Deportivo
titulado por Xadrez, David González Gándara, na súa ponencia durante o “Congreso mundial EDUCA” A Cidade da Cultura de Santiago de Compostela
acolleu, entre os días 21 e 23 de febreiro o Congreso Mundial de Educación
EDUCA ó que acudiron máis de 800 docentes. O evento, organizado pola
plataforma para a mellora da calidade educativa EDUCA, en colaboración coa
Universidade da Coruña é un foro de intercambio de coñecemento e experiencias
didácticas entre profesorado e alumnado de todas as etapas educativas e
materias. O noso club estivo representado por David G.
Gándara, que presentou unha comunicación sobre a inclusión do xadrez no
sistema educativogalego desde o currículo oficial. Aínda que algúns
institutos xa ofrecen a materia optativa
de xadrez, os colexios de primaria non acaban de dar o paso e o xadrez
segue sendo unha actividade extraescolar. Despois de expoñer a relación do
xadrez coas competencias clave, David presentou unha serie de propostas
prácticas para articular tanto actividades nas materias de matemáticas,
linguas, etc., relacionadas co xadrez como para a creación dun área
propiamente de xadrez, que encaixaría nos centros como área de libre
configuración noscursos de 4ºe 6º de primaria. ** Campeonatos Provinciais Individuais 2019 Ata 180 xadrecistas, desde Sénior a prebenxamín,
loitaron buscando praza para os Ctos. Autonómicos Os
días 18 e 19 de Xaneiro tiveron lugar os campeonatos provinciais individuais
de categorías, que xunto ao provincial Sénior, rematado o pasado día 13 nos
salóns de “La Troya”, foron todos eles clasificatorios para os campeonatos
autonómicos que terán lugar os vindeiros meses de Febreiro e Abril. En
total, nestos campeonatos provinciais de 2019, reuníronse un total de 180
participantes, dos cuales, unha grande parte asistirán aos próximos
campeonatos autonómicos. As sedes do Centro
Cívico de A Ponte e os locais do Club Xadrez Ourense foron escenario das
categorías que van desde Sub-18 (Xuvenil) ata Sub-8, (Prebenxamín). Ao pódio de
vencedoes da pasada semana dentro da categoría Sénior, formado por J. Antonio
Bello, (Liceo), Xacobe Conde (Xadrez Ourense) e Mateo Díaz (Xadrez Ourense),
hai que sumarlle o resto de pódios de vencedores do resto das
categorías: En Xuveniles foi vencedor
César Pérez (Universitario), 2º Mateo Díaz (Xadrez Ourense) e 3º Marcos
Vázquez (Xadrez Ourense), xa en cadetes o triunfo foi para Martín Gómez
Carreño (Xadrez Ourense), seguido de Mateo Díaz (Xadrez Ourense) e César
Pérez (Universitario), estos dous últimos xadrecistas, fixeron
respectivamente triplete e doblete en cuanto a medallas, entre todas as
categorías. Xa en Sub-14 o
vencedor foi Xacobe Conde Riveiro, (Xadrez Ourense) seguido do seu compañeiro
de Club Iván Dopazo e de Alejandro Garrido (Benchoshey), En sub-12 o ouro
foise para Manuel López (Benchoshey), seguido de Tristán Alonso (Xadrez
Verín) e de Benjamín Diéguez (Benchoshey). Xa dentro dos máis
cativos, o pódio sub10 quedou configurado por Goyo Fernández (Liceo), Luca
González (Benchoshey) e Sabela Conde (Xadrez Ourense), mentres que en sub-8 o
ouro foi para Mateo Martínez (Benchoshey), Julio Fernández (Liceo) obtivo a
prata e Iker Ferro do Benchoshey (bronce). Por Clubs o
Medalleiro Provincial 2019, quedou liderado polo Club Deportivo Xadrez
Ourense con nove premiados, seguido de Benchoshey con 6 medallistas, O Liceo
de Ourense obtivo 3 galardonados, e completaron o medalleiro Universitario de
Ourense con dúas medallas e Xadrez Verín con un pódio. A este dato hai que
engadir que Club Deportivo Xadrez Ourense foi tamén a entidade máis
participativa cun total de 78 deportistas dos 180 totais. VER MEDALLEIRO
XERAL PROVINCIAL 2019 Ver nota de
prensa III, (La Región, 29 de Xaneiro) Ver nota de
prensa II, (Faro de Vigo 22 de Xaneiro) Ver nota de
prensa I, (La Voz de Galicia, 22 de Xaneiro) Ver
Clasificación Provincial Sub-8 Ver
Clasificación Provincial Sub-10 Ver Clasificación
Provincial Sub-12 Ver
Clasificación Provincial Sub-14 Ver
Clasificación Provincial Sub-16 Ver Clasificación
Provincial Sub-18 Ver
Clasificación Provincial Senior Ver
Galería de Imaxes dos vencedores ** 146
xadrecistas ourensáns con Ránking Internacional na lista de 1 de Xaneiro de
2019 Club
Deportivo Xadrez Ourense, con ata 47
xadrecistas con ELO FIDE, referente dentro do panorama provincial e
autonómico. O 1 de Xaneiro de
2019 a FIDE publicou a nova lista de ránking internacional na que figuran ata
146 xadrecistas federados nos Clubes da nosa Provincia. O Club Deportivo
Xadrez Ourense posicionase como entidade de referencia no ámbito provincial e
autonómico con ata 47 xadrecistas con ránking internacional. Tamén hai que
salientar os 22 xadrecistas con ELO cos que conta o Club Universitario de
Ourense, os 21 do Xadrez Benchoshey ou os 15 do Xadrez Verín, entre outros.
En cuanto aos titulados, novamente Club Xadrez Ourense sitúase á cabeza, con
ata 10 deportistas titulados que se reparten ata 13 titulacións
internacionais, seguido dentro da nosa provincia do Xadrez Verín e do Liceo
Recreo con 2 titulados por entidade respectivamente, sen esquecerse do Xadrez
Valdeorras que tamén conta con 1 titulado internacional. VER LISTA ELO FIDE OURENSÁNS 1.1.2019 ** Campeonato de Reis en Carballiño Unha trintena de participantes neste torneo de
iniciación das Escolas de Base O
5 de Xaneiro tivo lugar o torneo de xadrez de Reis en Carballiño, coa organización
do Concello anfitrión e coa participación dunha trintena de xóvenes
xadrecistas de diferentes escolas de base da Provincia. As
monitoras Nacionais do Club Xadrez Ourense, Alba Rodríguez e Graciela Gómez
dirixiron un bonito torneo na matinal da víspera de Reis nos locais
facilitados polo Concello anfitrión, que tamén participou cos premios. O
campeón do torneo foi o Infantil Iván Dopazo Vázquez seguido de Jorge Cid
Álvarez, subcampeón do torneo. ** Campeonato do Mundo de xadrez rápido e Xadrez Relámpago
2018 San Petersburgo (Rusia), acolle un
mundial, nos que entre os mellores do mundo, participa Iván Salgado O G.M. do Club Xadrez Ourense Iván Salgado ante o
Campeón mundial, Magnus Carlsen Entre
os días 26 e 28 de Decembro para a modalidade de rápidas e nos días 29 e 20
de Decembro para a espectacular modalidade “relámpago” (Blitz), se dan cita na
cidade rusa de San Peterburgo máis de 200 especialistas de entre os mellores
xadrecistas do mundo, entre eles o Gran Mestre ourensán, Iván Salgado López,
(Ourense, 1991). Rematada
a modalidade de rápidas na tarde do 28 de Decembro, hai que salientar o posto
empate no posto 89º obtido por Iván Salgado (entre 206 participantes), un
Iván Salgado que tivo o momento máis relevante da súa competición cando na 6ª
rolda se mediu ao vixente campeón do mundo, o noruego Magnus Carlsen. Iván,
que partía co nº 76 tiña a difícil tarefa de enfrentar a todo un Magnus
Carlsen, non obstante, e durante varios momentos da partida, a proeza do
ourensán estivo rondando o taboleiro, finalmente o cronómetro e algunha
lixeira imprecisión fixeron que o noreugo se impuxese en 33 lances. Desde
o seu Club, o Xadrez e Ourense, así como tamén todos os aficionados da
provincia, púdose seguir a retransmisión en directo e vivirse con con moita
expectación a partida, na mediodía do xoves 27 de Decembro. Ver nota
de prensa IV, (Región, 28 de Decembro) Ver
nota de prensa III, (Región, 28 de Decembro – portada) Ver
nota de prensa II, (Faro de Vigo, 28 de Decembro) Ver nota
de prensa I, (Voz de Galicia, 28 de Decembro) Ver
crónica da 2ª xornada e comentarios á partida (PDF) Ver
video da partida Magnus Carlsen vs. Iván Salgado ** A Asociación de
Veciños de Barrocás comunica que non seguirá organizando o “Aninovo Barrocás” O clásico aberto de nadal fundado por Manuel Villar
en 1985 chegaría este ano á súa XXXIV edición Unha
infeliz noticia para todo o xadrez ourensán chegaba a mediados de Novembro
cando a Asociación de Veciños de Barrocás comunicou ao Concello de Ourense a
súa decisión de non seguir organizando o tradicional “Aninovo”, proba
deportiva, que xunto co Rally de Ourense, o descenso do Miño e a popular San
Martiño, era un dos 4 eventos deportivos máis veteranos e arraigados na nosa
provincia, sendo dentro da xadrez, o torneo decano de Galicia. En
1985 o inesquecible Manuel Villar fundou o torneo, unha proba xadrecística
que se mantivo durante 33 anos, nun escenario que viu pasar por os seus
taboleiros a miles de xadrecistas ourensáns e galegos, moitos deles debutarón
en Barrocás, e en moitos dos casos, décadas máis tarde, moitos seguían
acudindo a esta entrañable cita que sempre congregou a centos de
participantes dende os máis xóvenes ata os máis veteranos que participaban
nas súas 7 categorías. Un
dos xadrecistas máis coñecidos entre os que descubriron o xadrez grazas ao
“Aninovo” é, sen dúbida, o Gran Mestre, e 7 veces campeón de España, Iván
Salgado, que debutou en Decembro de 1997 nos salóns da Asociación de Veciños,
durante a celebración da XII edición. Precisamente
Iván Salgado, nun desexo constructivo e solidario coa grande familia do
xadrez ourensán, envía unha carta na que mostra o seu grande cariño coa
figura de Manolo Villar e recoñece o amplo significado que ten este torneo
para as 3 últimas décadas do xadrez en Ourense, dita carta asinada por Iván,
foi recentemente escrita polo G.M. ourensán na súa residencia habitual en
Sofía, (Bulgaria). ** I Aberto Escolar de
Nadal “Carmelitas Vedruna” Éxito participativo na
1ª edición deste torneo escolar que reuniu a 200 participantes O
pasado sábado 22 de Decembro tivo lugar a 1ª edición do Aberto Escolar “Nadal
– Carmelitas Vedruna”, que reuniu a 200 xóvenes xadrecistas de entre 6 e 16
anos. Co Colexio
Carmelitas e co seu Club Deportivo, o Club Vedruna, como anfitrións e o Club
Deportivo Xadrez Ourense desenvolvendo a parte técnica, pode calificarse como
un éxito esta primeira edición dun aberto escolar que pasa a ocupar o
protagonismo no xadrez ourensán dentro das datas de nadal. O
evento citou a dous centenares de participantes, moitos deles con ránking
internacional, resultando vencedores Martín Gómez Carreño (do Club Xadrez
Ourense e estudante do Centro anfitrión), na categoría sub-16, en sub-14
resultou vencedor Miguel Reza Salgado, en Alevíns Benjamín Diéguez Nóvoa, en
Benxamíns o primeiro posto foi para Pura Diéguez Nóvoa e en Sub-8 rematou
vencedor Luca González Guede. Por
Clubes a entidade máis galardonada foi Club Xadrez Ourense con 12 premios,
seguido de Benchoshey con 7 premiados, Universitario de Ourense obtivo 3
podiums, Xadrez Verín conquistou 2 pódios e Club Xadrez La Troya acadou 1
pódio. A gran
familia do Xadrez Provincial agradece ao Colexio Carmelitas de Ourense esta
iniciativa, secundada no terreo técnico polo Club Xadrez Ourense, nun Nadal
moi significativo, no que o clásico Aninovo Barrocás deixou de facerse por
parte da Asociación de Veciños deste barrio ourensán, pero grazas a esta
iniciativa do Centro Carmelitas, todos os xóvenes da nosa provincia seguen a
ter unha importante cita co xadrez durante as vacacións de nadal. Ver nota de prensa VI, ( Faro de Vigo 24.12.18) Ver nota de prensa V, ( La Región, 23.12.18) Ver nota de prensa
IV, ( La Voz de Galicia, 23.12.18) Ver nota de prensa III, ( Faro de Vigo 21.12.18) Ver nota de prensa II, ( La Región, 21.12.18) Ver nota de prensa I, ( La Voz de Galicia, 21.12.18) ** O Xadrez Ourensán de noraboa Iván Salgado remata 8º no Europeo Individual
de Skopje (Macedonia) e Adrián Gómez acada a categoría de M.F. en Benidorm O Xadrez Ourensán
volve a estar de noraboa tras uns días festivos nos que as boas noticias para
o chegaron desde diferentes latitudes, de mans, por unha parte, dun dos máximos
embaixadores do noso deporte, Iván Salgado (Ourense, 1991) e por outra parte,
do xoven xadrecista Adrián Gómez Diéguez (Ourense, 1998). Ambos compañeiros
de Club, no primeiro equipo do Club Xadrez Ourense. En Skopje, (Macedonia),
celebrouse os días 6 e 7 de Decembro o Campionato de Europa Individual de
xadrez relámpago (modalidade de Blitz), no que tomaba parte o G.M. ourensán Iván Salgado López, entre máis de 300
xadrecistas de toda Europa, (máis de 200 deles titulados internacionais). Iván, tras unha
soberbia actuación, que lle levou incluso a liderar a proba tras as 10 primeiras
partidas disputadas, tras as que marchaba líder con 9.5 puntos sobre 10,
finalizou no posto 8º tras ter que enfrentar a duros rivais de élite mundial
como o G.M. Ruso, e finalmente campeón, Vladislav Artemiev ou o nº 1 Checo, o
G.M. David Navara. Iván rematou realizando unha perforrmance de 2663 de
ránking e obtivo unha cosiderable subida, 97,2 puntos de ránking Blitz. G.M. Iván Salgado
López, 8º no Europeo individual de
Skopje 2018 Completa, deste
xeito, Iván Salgado un positivo ano 2018, no que pecha o curso con este 8º
posto no Europeo de Macedonia, ao que hai que sumarlle o cuarto posto no
nacional da modalidade de xadrez rápido mailo ascenso á Primera División
Nacional o pasado Agosto en Linares co seu equipo, o Club Xadrez Ourense. Si ben, convén
facerse eco de que 2018, foi un ano no que por unhas dificultades físicas, xa felizamente
superadas, non pudo acudir á cita olímpica de Batumi (Xeorxia), coa Selección
Española (coa que estaba convocado) e, foi un ano tamén, no que non puido
revalidar o seu título de Campeón de España Individual, obtido en 2017, ao
ter que retirarse do nacional individual en Agosto pasado, por os motivos xa
mencionados. Ver Clasificación Completa Europeo de
Blitz 2018 Ver Clasificación Completa Europeo de
Rápidas 2018 Ver nota de prensa III, (La Región,
13.12.18) Ver nota de prensa II, (Voz de
Galicia, 11.12.18) Ver nota de prensa I, (Faro de
Vigo, 11.12.18) Pola súa parte, o
xoven Adrián Gómez Diéguez,
viaxaba nestas datas ata terras Alacantinas para disputar o “VII Open
Internacional de Benidorm”, unha importante cita na que tomaron parte ata 140
xadrecistas, representantes de máis de 20 países, e á que Adrián acudía co
firme obxecivo de sumar os 11 puntos que lle separaban dos 2300 necesarios
para obter a titulación de Mestre FIDE, condecoración que otorga a Federación
Internacional aos xadrecistas que logran tan difícil obxectivo. Adrián Gómez
Diéguez, Novo Mestre FIDE Casi ao máis puro
estilo “Bobby Fischer” na final de Reykiavik de 1972 ante o soviético Boriss Spassky, na que o
carismático americano perdeu a 1ª partida do match de forma incomprensible
para todo un campeón mundial e posteriormente non acudiu, baixo protesta
dirixida á organización, á 2ª das partidas daquel match que finalmente acabou
gañando por 12.5 a 8.5 e que lle supuxo a coroa mundial en plena guerra
fría, Adrián comenzou en Benidorm casi
de idéntico xeito, ainda que por motivos diferentes, xa que tivo que
solicitar á organización non ser emparellado na 1ª das 10 xornadas (por
motivos profesionais), e posteriormente perdeu a súa primeira partida “real”
sobre o taboleiro (2ª xornada), de forma inesperada, ante o valenciano Moreno
Torralba. Pero a reacción de Adrián non se fixo agardar e un tras outro foi
superando aos seus rivais logrando unha serie de 6 de 7 nas partidas
seguintes (sen derrotas), plantándose na derradeira xornada, ante o Ucraíno
Vladimir Chernikov (quen non tiña perdido partida ata o momento), e coa
necesidade de vencer para obter a puntuación requerida para a desexada
titulación de M.F. Nunha complicada
partida, que os aficionados ourensáns puderon seguir en directo grazas á
retransmisión online, Adrián superou un difícil medio-xogo para entrar nun
final de partida con poucas pezas pero cun bispo e unha torre moi activos,
feito que rematou por darlle vantaxe decisiva nunha transición hacia un final
de reis e peóns, que rematou dándolle o punto desexado punto que se traducía
nunha actuación de +15 de ránking internacional, un 7º posto neste
prestixioso Open Internacional de
Benidorm (empatado co segundo clasificado), e o máis importante, a titulación
de Mestre Fide, convertíndose no cuarto xadrecista ourensán da historia en
acadar un título internacional de Mestría. Hai que lembrar que último
xadrecista ourensán en obtelo foi precisamente seu irmán, David Gómez
Diéguez, (Ourense, 1995), o pasado mes de Agosto. Ver Clasificación VII Open
Internacional de Benidorm “Sub 2300” ** Positiva
actuación dos xóvenes Ourensáns no Open de Carballo Martín Gómez
rematou 3º e Marcos Vázquez sube máis de 30 puntos o seu ránking FIDE Marcos Vázquez e
Martín Gómez, protagonistas en Carballo Entre
os días 6 e 9 de Decembro, disputouse na coruñesa localidade de Carballo a 2ª
edición do Open que leva o nome da vila, a respresentación dos xóvenes do
Club Xadrez Ourense foi ampla, e hai que salientar o 3º posto obtido por Martín Gómez, (únicamente por detrás dos
titulados Internacionais Marcos Medarde e Diego Espiñeira) e os máis de 30
puntos de subida no seu ránking de Marcos
Vázquez, (que rematou nun moi positivo 6º lugar), sen esquecerse da tamén
moi positiva actuación de Laura Gómez,
que rematou vixésima, nunha proba con casi 50 participantes, e subiu casi 20
puntos o seu ránking. ¡Noraboa a todos eles! ** Máis
de 120 xóvenes participantes na II edición do “Sportur Galicia” de Xadrez Xadrez Ourense con 10 premiados, Benchoshey con 8 e
Universidade con 2, repartíronse os pódios O
Sábado 17 de Novembro tivo lugar a 2ª edición do campeonato de Xadrez
“Sportur Galicia”, celebrado no marco deste macro salón galego do deporte e
do turismo activo, que tivo lugar ao longo dos días 15,16 e 17 de Novembro no
recinto de feiras e exposicións de Ourense, (Expourense). Esta
2ª edición do torneo de xadrez acolleu a máis de 120 participantes
procedentes de numerosas escolas de xadrez de Ourense e provincia, correndo a
dirección técnica e os arbitraxes a cargo do Club Deportivo Xadrez Ourense. Ainda
que a principal intención deste torneo era a parte divulgativa e conseguir
achegar o deporte do xadrez aos visitantes do salón “Sportur Galicia”, hai
que facer mención ao alto nivel que se presenciou na cita, con máis de 10
xóvenes xadrecistas con ránking internacional. Na
categoría Sub-14 (Infantil), os premios foron para Miguel Reza
(Universitario), Marcos Reza (Universitario), Laura Gómez (Xadrez Ourense),
Marcos Vázquez (Xadrez Ourense) e Iván Dopazo (Xadrez Ourense). Dentro da categoría Alevín os cinco
galadornados foron Marcos García (Xadrez Ourense), Manuel López (Benchoshey),
Hugo Alcalde (Benchosey), Jorge Cid (Xadrez Ourense) e Alba Pérez (Xadrez
Ourense). No
tocante ás categorías dos máis xóvenes (Benxamín e Prebenxamín) os premiados
repartíronse do seguinte xeito, en Benxamín (Sub-10) os cinco mellor
clasificados foron Gabriel Alcalde (Benchoshey), Diego Martínez (Benchoshey),
Iván Diz (Benchoshey), Jorge Centeno (Xadrez Ourense) e Nicolás Fernández
(Xadrez Ourense), mentres que na categoría dos máis xóvenes (Sub8 ou
prebenxamín), as 5 mellores puntuacións foron para Mateo Martínez
(Benchoshey), Luca González (Benchoshey), Hugo Menor (Benchoshey), Antón
Lorenzo (Xadrez Ourense) e Brais Martínez (Xadrez Ourense). Xa por
Clubs, Xadrez Ourense foi o máis galardonado con ata 10 premios, Benchoshey
con 8 e finalmente, Universitario de Ourense obtivo 2 pódios. Ver Galería de Imaxes do Torneo Ver Galería de Imaxes dos premiados Ver nota de prensa VI, (Faro de Vigo, 20 de
Novembro) Ver nota de prensa V, (La Voz de Galicia, 20 de
Novembro) Ver nota de prensa IV, (La Región, 20 de
Novembro) Ver nota de prensa III, (La Región,
20 de Novembro) Ver nota de prensa II, (La Región, 18 de
Novembro) Ver nota de prensa I, (La Región, 18 de
Novembro) Ver
enlace “Telexornal” RTVG, 17 de
Novembro: http://www.crtvg.es/informativos/expourense-acolle-o-salon-do-deporte-o-turismo-activo
** O
Gran Mestre, Iván Salgado, protagonista no Mundial para xóvenes de Santiago Iván Salgado, aterrizou en Compostela o Luns día 12,
tras soberbia actuación na Bundesliga O G.M. Iván Salgado con M.I. Yudania Hernández, A.I. David González e
Elías González. (Foto: Patricia Claros
Aguilar) O G.M. Iván Salgado
López, (Ourense 1991), ven de realizar unha soberbia actuación na Bundesliga
os días 10 e 11 de Novembro, (Hamburgo), tras disputar dúas xornadas da
prestixiosa competición alemana e
obter respectivamente, ante os G.M. de élite mundial, Markus Ragger
(Austria) e Antón Demchemko (Russia), 1.5 dos 2 puntos en litixio cunha
victoria con pezas negras e un empate con brancas, escalando 8 valiosos
puntos no seu ránking internacional. Iván regresa ao
“taboleiro internacional”, tras non ter podido participar na olimpiada de
países de Batumi (Georgia), disputada a comenzos do pasado Outubro, cita á
que estaba convocado como número 2 dos cinco xadrecistas que compoñen a
Selección Española masculina, cita á
que non puido viaxar por motivos físicos dos que xa está recuperado, pero que
xa no pasado mes de Agosto lle levaron a ter que retirarse do Campeonato de
España individual absoluto na 6ª xornada, torneo no que defendía o titulo
nacional conseguido en 2017. El Luns día 12 o
G.M. Ourensán e actual número 1 do Club Deportivo Xadrez Ourense (no que
milita desde 2016), aterrizaba en Lavacolla para compartir nunha doble
xornada de protagonismo como convidado nas actividades paralelas que se
organizan en torno ao Campeonato do Mundo para xóvenes que se disputou o 3 e
o 15 de Novembro na Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela. Na xornada do Luns
día 12 de Novmebro, o 7 veces campeón de España individual, foi recibido polos presidentes da
Federación Española, Javier Ochoa e da Federación Gallega, Gaspar Pérez, e
acompañado polo presidente do seu Club, posteriormente, visitaron de xeito
informal a sede e a sala de competición do Mundial, onde Iván firmou
autógrafos e fíxose numerosas fotos con xóvenes españois e doutros países,
tamén tivo a ocasión de compartir “in-situ” a 7ª xornada de competición cos
seus compañeiros de Club Xadrez Ourense que estiveron na cita mundialista,
Yudania Hernández (que acudiu ao mundial como adestradora dos máis xóvenes da
expedición Española) e con David González, Árbitro FIDE, (que estivo presente como integrante da
plantilla de xuices árbitros da cita mundialista). Xa na matinal do
Martes día 13, Iván Salgado disputou unha exhibición de partidas simultáneas
no corazón de Santiago de Compostela,
(Claustro do Centro Rosalía de Castro) ante numeroros aficionados e sobre
todo xóvenes de varias nacionalidades participantes no mundial. No referente á
competición e no que aos deportistas ourensáns que se achegaron a participar
nela, hai que facer mención a Escarlata Alonso (Xadrez Verín), que conseguiu
2 puntos na categoría S8 feminina, e rematou no posto 81º, mentres que Goyo
Fernández (Liceo Recreo), rematou no posto 180º con 4 puntos, tamén en S8,
pero no sector masculino. rematando no posto 81º.
Pura Diéguez (Benchoshey), obtivo 4 puntos na categoría S10 feminina e
rematou no posto 99º, mentres que na mesma categoría, Julio Fernández (Liceo
Recreo), rematou no posto 120º con 3.5 puntos. Xa en categoría S12, Tristán
Alonso (Xadrez Verín), rematou 160ª con 4.5 puntos, e o trío do Benchoshey
nesta categoría, composto por Benjamín Diéguez (178º), Alejandro Garrido
(180º) e Francisco Álvarez (197º), remataron con 3.5, 3.5 e 1 puntos,
respectivamente. Ver
nota de prensa IV, (La Región, 20 de Novembro) Ver nota de prensa III,
(La Voz de Galicia, 15 de Novembro) Ver nota de
prensa II, (Ourense Deportivo Dixital, 15 de Novembro) Ver nota de
prensa I, (La Voz de Galicia Dixital, 15 de Novembro) ** Alejandro de León, (Xadrez Ourense), imponse nunha
nova modalidade da Copa Deputación 2018 O Sábado 10 de
Novembro tivo lugar no Centro Cívico de A Ponte e organizado pola AXOU a 1ª
edición da Copa Deputación Individual de Xadrez “Random 960”, no que o
veterano xadrecista do Club Deportivo Xadrez Ourense impúxose e obtivo o
primeiro posto nunha nova modalidade, que se suma ao xa conseguido na
modalidade de xadrez rápido e tamén ao obtido co seu equipo, o Club Xadrez
Ourense “A” na Copa Deputación por equipos 2018. Ver nota de
prensa II, (Faro de Vigo, 13 de Novembro) Ver nota de
prensa I, (La Voz de Galicia, 13 de Novembro) ** Club
Deportivo Xadrez Ourense, doblete na Copa Deputación de Clubs 2018 Os nosos equipos Sénior e Infantil conquistaron os
respectivos 1º postos nesta edición da Copa Deputación 2018 Na imaxe, Héctor
Gómez, Adrián Gómez, Martín Gómez, Paula Baliño, Alejandro De León e Jesús
Conde Club Deportivo Xadrez Ourense cumpliu os
pronósticos e acadou a victoria na categoria senior ao totalizar 18 puntos
nunha emocionante edición, seguido do Benchoshey que foi subcampeon con 17 e do
Universitario de Ourense, que foi terceiro con 16 puntos.
Na
imaxe, Xacobe Conde, Marcos Vázquez, Iván Dopazo, Tiago Barbosa e Laura Gómez
Ver
nota de prensa III, (La Región, 6 de Novembro) Ver nota
de prensa II, (Faro de Vigo, 5 de Novembro) Ver nota
de prensa I, (Voz de Galicia, 5 de Novembro) Ver
Clasificación Completa por equipos ** Deu
Comenzo o Mundial de edades en Santiago de Compostela 2018 O Árbitro Internacional do Club Xadrez Ourense, David
González, está presente como xuiz na cita mundialista O
3 de Novembro deu comenzo en Santiago de Compostela o mundial de idades das categorías sub-8 a
sub-12, no que están presentes xóvenes xadrecistas de numerosos países. O
Club Xadrez Ourense está presente na cita mundialista a través do Xuiz
Internacional David González Gándara, que obtivo dita titulación en 2016. Cabe
felicitar pola enorme xestión e esforzo á Federación Galega de Xadrez por
conseguir dar acollida na nosa terra a unha cita de tal relevancia
internacional, e persoalmente a quen creeu desde o primeiro instante en que
tal evento era posible, ao presidente
da FEGAXA, Gaspar Pérez Carnero. ** Copa
Deputación de Xadrez Rápido 2018 Alejandro De León, Elvira
Jing e Salvador Rey, fixeron pódio na Copa Deputación relámpago en categoría
Sénior, (todos eles do Xadrez Ourense) O sábado día 13 de Outubro tivo lugar no
Campus Universitario de Ourense a edición 2018 da Copa Deputación na súa
modalidade de Xadrez Rápido, na que o vencedor Absoluto resultou ser
Alejandro De León (Xadrez Ourense). O Club Xadrez Ourense foi o máis
galardonado con ata 10 dos 20 podios en litixio, outros xadrecistas do noso
Club como Salvador Rey, Elvira Jing Negreira, Adrián Vázquez, Iván Dopazo,
Laura Gómez, Tiago Barbosa, Hugo Arribas, Marcos García ou Aitor Gutiérrez,
tamén resultaron premiados. Noraboa a todos eles!. |