A Escola de Xadrez de Club Deportivo Xadrez Ourense, a través do seu equipo de adestradores titulados (FIDE e Federación Española), arranca o seu programa para o curso 2023 – 2024, desenvolvendo a súa tarefa semanal nos seus locais de Ramón Cabanillas nº 10 (entreplanta), de Ourense, e quedando a actividade estructurada por grupos repartidos en niveis (dende iniciación ata nivel avanzado). A nosa tarefa de clases de xadrez en Ourense desenvólvese en grupos de ata 12 asistentes, e tamén en grupos reducidos ou sesión individuais.
*VER TÁBOA DE GRUPOS, HORARIOS E CONTACTO PARA O CURSO 2023-24
Tamén se están a divulgar e promover os cursos de xadrez nos centros de ensino. Para ESTE CURSO Escola Xadrez Ourense e Club Deportivo Xadrez Ourense, ademais da súa tarefa a nivel extraescolar, colaborarán coa Deputación Provincial de Ourense e coa Concellería de Educación durante o curso 23-24 como xa o fixeron en cursos anteriores para a divulgación do “deporte ciencia” tanto nos concellos da provincia como nos centros de ensino do municipio en horario lectivo. (en breve información completa de ambos programas nesta web).
Ver programa de xadrez extraescolar para o curso 23-24, nos centros de ensino
*Ver certificación oficial de técnicos titulados 2023
