Club Deportivo Xadrez Ourense consolídase na Primeira División Nacional
Linares, o que foi durante décadas o «Wimbledom do xadrez», acolleu en 2023 a Liga Nacional de Clubs de 1ª división na que se deron cita oito potentes escuadras de todo o panorama nacional.
Club Ourense presentou un equipo sólido e con aspiracións de pelear polo podio, únicamente a falta de inspiración en momentos clave ante Sestao e Barcelona na 5ª e 6ª xornadas truncaron as ilusións.
En todo caso as amplas victorias ante Barberá, Xeracó, Sanxenxo e o empate ante Oromana de Sevilla fan que o equipo ourensán se asente na zona tranquila da 1ª división Española, categoría na que buscará o pódium novamente na próxima tempada.
Finalmente, o equipo malagueño de Benalmádena proclamouse campión de liga, infelizmenten Xeracó e Fontecarmoa perderon a categoría.
O equipo ourensán estivo formado por David Gómez (capitán), Yudania Hernández (decana do equipo e profesora de xadrez en varios centros ourensáns), o xoven Mestre FIDE Enrique Rey, o xoven valor ourensán Martín Gómez, e os Grandes Mestres Jorge Viterbo (que cumpre dez anos no club), así como os xa tamén “veteranos” co club G.M. Mads Andersen e o xoven G.M. Jonas Buhl (que debutou o ano pasado co Xadrez Ourense e que leva xa dúas tempadas sen perder na primeira división. Elías González acudiu como Delegado.