­Descripción: Descripción: Descripción: Descripción: Descripción: Descripción: Descripción: Descripción: Descripción: Descripción: Descripción: Descripción: Descripción: Descripción: Descripción: Descripción: Descripción: Descripción: Frontal.páxina.web.novo..JPG

 

 Actualización  
 13 de Outubro

§      NOTICIAS  E  ACTUALIDADE

Club Xadrez Ourense   /   Escola de Xadrez  ( VER horarios novo curso )

 www.xadrezourense.com  

Descripción: Descripción: Descripción: Descripción: Descripción: Descripción: Descripción: Descripción: Descripción: Descripción: Descripción: Descripción: Descripción: Descripción: Descripción: Descripción: Descripción: Descripción: https://gestiondecuenta.com/Count.cgi?ft=0&frgb=FF0000&dd=B|df=xadrezourense.com


 

 

Clases de ajedrez en Ourense    clases ajedrez orense  

Clases de xadrez en Ourense     Profesores de ajedrez Ourense      

Escola xadrez Ourense       Escuela de Ajedrez en Ourense 

 

***

clases Información de Grupos e Horarios

Curso 2019 / 2020

 

Ver imaxe ampliada

 

clases Escola de Xadrez Ourense, (mapa)

 

Información e contacto: 

clubxadrezourense@hotmail.com

escolaxadrezourense@hotmail.com

655 996 806   -  659 189 680 -  (Ver Contactos)

 

 

Ver información Clases Xadrez Colexios, Curso 2019-2020

 

 

 

**

 

*Ver acreditación titulacións oficiais

 

 

Aprende e coñece aos nosos técnicos

 

1.     “O ataque á descuberta”,  (F.T. Elías González)

2.     “O ataque Raios-X”,  (M.F. David Gómez)

3.     “The pawns”– Chess in English, (A.D.X. David Glez.)

 

 

 

 

**

 

           

 

Descripción: Descripción: Descripción: Descripción: Descripción: Descripción: Descripción: Descripción: Descripción: Descripción: Descripción: Descripción: Descripción: Descripción: Descripción: Descripción: Descripción: Descripción: Anagrama.CMD..JPG

www.deportesourense.com

 

 

Descripción: Descripción: Descripción: Descripción: Descripción: Descripción: Descripción: Descripción: Descripción: Descripción: Descripción: Descripción: Descripción: Descripción: Descripción: Descripción: Descripción: Descripción: Anagrama.Deputacion..JPG

www.depourense.es

 

 

Descripción: Descripción: Descripción: Descripción: Descripción: Descripción: Descripción: Descripción: Descripción: Descripción: Descripción: Descripción: Descripción: Descripción: Descripción: Descripción: Descripción: Descripción: Anagrama.Deporte.Galego.Xunta..JPG

deporte.xunta.gal

 

 

Ver bases e premios “Primaveiras de Blitz 2019”

Ver Clasificación 1º torneo (1.2.2019)

Ver Clasificación 2º torneo (15.2.2019)

Ver Clasificación 3º torneo (9.3.2019)

Ver Clasificación 4º torneo (23.3.2019)

Ver Clasificación 5º torneo (5.4.2019)

Ver Clasificación 6º torneo (26.4.2019)

Ver clasificación 7º torneo (24.5.2019)

Ver Clasificación xeral final

**

 

 

*Ver información Completa

*Ver clasificación 1º torneo

*Ver clasificación 2º torneo

           *Ver clasificación 3º torneo

           *Ver clasificación 4º torneo

           *Ver clasificación 5º torneo

     *Ver clasificación 6º Torneo

     *Ver clasificación 7º Torneo

 

*Ver clasificación xeral final

 

 

 

 

 

 

 

 

Clases de ajedrez en Ourense       clases ajedrez Ourense      Clases de xadrez en Ourense     Profesores de ajedrez Ourense       Escola de xadrez Ourense    Escuela de Ajedrez en Ourense 

**

IV Torneo “Festa da Istoria” – 2019

 

O 12 de Outubro tivo lugar na igrexa da Madalena, no corazón do barrio Xudeo de Ribadavia, a cuarta edición deste bonito e xa clásico torneo de xadez, da modalidade de partidas rápidas.

Baixo a organización da Coordinadora da Festa da Istoria de Ribadavia e coa dirección técnica do Club Deportivo Xadrez Ourense, ata 65 xadrecistas abarrotaron a sala de xogo situada en este fermoso e exclusivo marco para un torneo de xadrez.

Ademais de pola boa participación, a competición estivo marcada polo excelente nivel dos participantes, xa que ata tres deles eran titulados Internacionais.

O merecido campion Absoluto foi o xovencísimo xogador pontevedrés, Xulio del Prado, que malia partir co número 6 de ránking inicial, soubo superar a complicados rivais e situarse con 5.5 puntos dos 6 posibles.

Por Clubes, a entidade máis galardonada foi o Club Xadrez Ourense, que acadou ata 6 premios dos 15 totais.

Ver Clasificación Completa

 

VER INFORMACIÓN COMPLETA

**

  

Curso de xadrez  2019  -  2020  

Escola Xadrez Ourense

 

A Escola de Xadrez Ourense, a través do seu equipo de monitores e adestradores titulados (FEDA e FIDE), arranca o seu programa para o curso 2019 – 2020, desenvolvendo a súa tarefa semanal nos seus locais de Ramón Cabanillas nº 10 de Ourense, e quedando a actividade estructurada por grupos repartidos en 5 niveis (dende iniciación básica ata nivel avanzado). 

 

 

*VER táboa AMPLIADA informativa de grupos, días e horarios, Curso 2019 - 2020

 

**

Tamén se están a iniciar, divulgar e promover os cursos de xadrez nos Centros de Ensino asociados e nos que os monitores de Escola Xadrez Ourense imparten e impartirán o “deporte-ciencia”.

 

* Ver cartel curso Xadrez nas Escolas 19-20

 

Escola Xadrez Ourense

Curso 2019 – 2020

 

 

*Contáctanos (email ou teléfono)

 

 

*Ver información completa sobre as clases de xadrez en Colexios, (Centros, asociación, etc…)

 

Click aquí para ver información

 

**

 

*Ver información completa sobre as clases de xadrez para adultos.

 

Click aquí para ver información

 

**

 

*Ver información sobre as titulacións oficiais dos nosos técnicos e adestradores.

 

Click aquí para ver información

 

 

  

 

**

 

Club Xadrez Ourense Bronce na Liga Nacional de 1ª División – 2019

O primeiro equipo do Club Xadrez Ourense, aproba con nota o seu debut na 1ª nacional.

 

 

Dende o pasado 26 de Agosto tivo lugar en Linares (Jaén), a liga nacional de Clubs de 1ª División que se prolongou ata o domingo 1 de Setembro.

 

8 potentes equipos da escena nacional mediron as súas forzas nesta competición de alto nivel na que por primeira vez na historia tomaba parte un club ourensán, o Xadrez Ourense,  Club que tamén é o máximo embaixador de Galicia a nivel de equipos de ámbito nacional no ano 2019,  e ao que o ano próximo se sumará, o Club Fontecarmoa de Vilagarcía, tras o ascenso acadado recentemente despois de finalizar subcampion da 2ª división.

 

Tras catro vitorias parciais contra os cántabros de Solvay (5-1), o Real Oviedo (5-1), o poderoso Oromana Schneider Andaluz (4.5-1.5) e contra o madrileño Atocha (4.5 - 1.5), resultados aos que se uniu un empate na xornada inaugural do luns 26 ante o Barberá de Barcelona (3-3), e unha única derrota pola mínima ante o poderoso Silla-Bosch de Valencia, o Club Xadrez Ourense alcanzou a última rolda con posibilidades de título ou subcampionato, pero cos “deberes” máis que feitos, xa que o plantexamento inicial era a permanencia.

 

Todo pasaba polo enfrontamento do 1 de Setembro ante o sexteto "galáctico" do Paterna de Alacante (equipo con ranking nº 1), unha escuadra capitaneada polo número 1 do xadrez español na última década, Paco Vallejo, e os grandes mestres rusos Alekseenko e Sarana, entre outros.

 

Aínda que o título parecía case imposible debido ao "asequible" enfrontamento da líder Silla-Bosch contra o Barberá de Barcelona (que finalmente acabou coa vitoria dos campións), os ourensáns poderían soñar co subcampionato, no caso de superar a Paterna que só lle sacaba un punto de vantaxe aos ourensáns, ata o momento. Finalmente, un 3 a 3 moi axustado tras algo máis de 4 horas de loita deixou ao Club Deportivo Xadrez ourensán ao borde do subcampionato pero cun máis que positivo bronce na súa bagaxe.

 

A victora de Yudania, xunto coas táboas de Salgado, Andersen, Ventura e David Gómez supuxeron o empate a 3 finais cos de Paterna.

 

Un terceiro posto no debut na 1ª división nacional, co que o equipo ourensano apenas podía soñar cando o ano pasado, sendo o equipo subcampión de España, subiu da 2ª División co único obxectivo de lograr a permanencia en 1ª División, categoría á que parece ter chegado para quedarse. A expedición completa estivo configurada por Mads Andersen, Iván Salgado (xefe de filas), David Tavares, André Ventura, David Gómez, Yudania Hernández, Adrián Gómez, Óscar Salgado, Héctor Gómez (delegado), Elías González (Capitán).

 

Ver Galería Imaxes V, (Premios)

Ver Galería Imaxes IV, (Competición)

Ver Galería Imaxes III, (Panorámicas)

Ver Galería Imaxes II, (Sexteto)

Ver Galería Imaxes I, (Non á violencia de Xénero)

 

Ver Clasificación Completa por Equipos

 

Ver Nota de prensa XX, (La Región, 3 de Setembro)

Ver Nota de prensa XIX, (Faro de Vigo, 3 de Setembro)

Ver Nota de prensa XVIII, (La Región, 2 de Setembro)

Ver Nota de prensa XVII, (Faro de Vigo, 2 de Setembro)

Ver Nota de prensa XVI, (Voz de Galicia, 2 de Setembro)

Ver Nota de prensa XV, (La Región, 1 de Setembro)

Ver Nota de prensa XIV, (Faro de Vigo, 1 de Setembro)

Ver Nota de prensa XIII, (Voz de Galicia, 1 de Setembro)

Ver Nota de prensa XII, (Voz de Galicia, 31 de Agosto)

Ver Nota de prensa XI, (La Región, 30 de Agosto)

Ver Nota de prensa X, (Faro de Vigo, 30 de Agosto)

Ver Nota de prensa IX, (Voz de Galicia, 30 de Agosto)

Ver Nota de prensa VIII, (La Región, 29 de Agosto)

Ver Nota de prensa VII, (Faro de Vigo, 29 de Agosto)

Ver Nota de prensa VI, (Voz de Galicia, 28 de Agosto)

Ver Nota de prensa V, (La Región, 28 de Agosto)

Ver Nota de prensa IV, (Faro de Vigo, 28 de Agosto)

Ver Nota de prensa III, (Voz de Galicia, 28 de Agosto)

Ver Nota de prensa II, (Ideal de Jaén, 27 de Agosto)

Ver Nota de prensa I, (Voz de Galicia, 26 de Agosto)

 

 

Prensa Dixital:

 

La Region, 3.9.2019.   https://www.laregion.es/articulo/mas-deporte/debut-bronce-xadrez-ourense/20190903134905891483.html

Faro de Vigo, 3.9.2019.   https://www.farodevigo.es/deportes/ourense/2019/09/03/l-ganar-bronce/2164270.html

Voz de Galicia, 2.9.2019   https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2019/09/02/podio-ourensano-liga-nacional-primera-division/0003_201909O2C6992.htm

Horta Noticias, (Levante) 2.9.2019   https://www.hortanoticias.com/el-club-ajedrez-andreu-paterna-asciende-a-division-de-honor-nacional/

Las Provincias, (Valencia), 2.9.2019   https://www.lasprovincias.es/deportes/mas-deportes/club-paterna-erige-20190902001930-ntvo.html

Faro de Vigo, 2.9.2019   https://www.farodevigo.es/deportes/ourense/2019/09/02/bano-bonce-linares/2163764.html

Ourense Deportivo, 1.9.2019   http://ourensedeportivo.com/ajedrez/xadrez-ourense-luchara-por-el-podio-en-la-ultima-jornada-de-primera-division/

La Voz de Galicia, 1.9..2019   https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2019/09/01/xadrez-ourense-roza-podio-nacional-linares/0003_201909O1C9994.htm

Ourense Deportivo, 1.2.2019   http://ourensedeportivo.com/ajedrez/xadrez-ourense-logra-un-sensacional-bronce-en-la-1a-division-nacional/

La Voz de Galicia, 31.8.2019   https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2019/08/31/xadrez-ourense-cae-minima-ante-favorito/0003_201908O31C5998.htm

Ourense Deportivo, 31.8.2019   http://ourensedeportivo.com/ajedrez/xadrez-ourense-rozo-la-sorpresa-ante-el-potente-silla-bosch-esensys/

La Voz de Galicia, 31.8.2019   https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2019/08/31/xadrez-ourense-cae-minima-ante-favorito/0003_201908O31C5998.htm

El Mundo Deportivo, 30.8.2019   https://www.mundodeportivo.com/otros-deportes/20190830/4761416551/el-club-andreu-se-mantiene-lider-invicto-con-ourense-y-silla-a-un-punto.html

La Región, 30.8.2019   https://www.laregion.es/articulo/deporte-local/ajedrez-suma-sigue-xadrez-ourense-linares/20190830082027890747.html

Ourense Deportivo, 30.8.2019   http://ourensedeportivo.com/ajedrez/xadrez-ourense-en-la-zona-noble-de-la-1a-division-tras-imponerse-al-oromana-schneider/

Faro de Vigo, 30.8.2019   https://www.farodevigo.es/deportes/ourense/2019/08/30/imparable-xadrez-ourense-encadena-tercera/2162377.html

La Vanguardia, 30.8.2019   https://www.lavanguardia.com/ocio/20190830/4761356100/el-club-andreu-se-mantiene-lider-invicto-con-ourense-y-silla-a-un-punto.html

El Confidencial, 30.8.2019   https://www.elconfidencial.com/ultima-hora-en-vivo/2019-08-30/el-club-andreu-se-mantiene-lider-invicto-con-ourense-y-silla-a-un-punto_2512671/

La Voz de Galicia, 30.8.2019   https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2019/08/30/ajedrez-ourense-logra-permanencia-maxima-categoria-nivel-nacional/0003_201908O30C5994.htm

Cadena Ser, 30.8.2019   https://cadenaser.com/emisora/2019/08/30/radio_ourense/1567154857_066590.html

Cadena Ser, 29.8.2019   https://cadenaser.com/emisora/2019/08/29/radio_ourense/1567066822_836127.html

Faro de Vigo, 29.8.2019   https://www.farodevigo.es/deportes/ourense/2019/08/29/objetivo-cumplido-linares/2161817.html

La Región, 29.8.2019   https://www.laregion.es/articulo/mas-deporte/buenas-noticias-linares/20190829082806890575.html

Ourense Deportivo, 29..8.2019   http://ourensedeportivo.com/ajedrez/xadrez-ourense-supera-al-real-oviedo-en-la-3a-jornada-de-la-liga-nacional-de-1a-division/

Cadena Ser, 28.8.2019   https://cadenaser.com/emisora/2019/08/28/radio_ourense/1566978568_701419.html

La Voz de Galicia, 28.8.2019   https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2019/08/28/xadrez-ourense-suma-linares-primeros-puntos/0003_201908O28C5995.htm

Faro de Vigo, 28.8.2019   https://www.farodevigo.es/deportes/ourense/2019/08/28/ourense-inicia-tres-puntos-nacional/2161307.html

Ourense Deportivo, 28.8.2019   http://ourensedeportivo.com/ajedrez/xadrez-ourense-comienza-firme-en-la-liga-nacional-de-clubs-de-1a-division/

La Vanguardia, 25.8.2019   https://www.lavanguardia.com/ocio/20190825/464255810293/cori-vallejo-matnadze-cuenca-y-shirov-figuras-en-el-nacional-de-primera.html

Faro de Vigo, 23.8.2019   https://www.farodevigo.es/deportes/ourense/2019/08/23/xadrez-ourense-cuenta-horas-debutar/2158944.html

 

**

Iván Salgado, convocado no quinteto Nacional para a Eurocopa de Nacións de Xeorxia

O Gran Mestre do Club Xadrez Ourense, Iván Salgado López, (Ourense 1991), foi seleccionado na penúltima semana de Agosto por o seleccionador nacional, o catalán Jordi Magem Badals, como compoñente do quinteto nacional español que viaxará a Batumi (Xeorxia) para tomar parte na Eurocopa de Nacións que terá lugar entre o 23 de Outubro e o 3 de Novembro, representando a España.

           O equipo español estará composto por cinco xadrecistas de recoñecido prestixio e traxectoria no noso país, como son o actual nº 1 do xadrez nacional, o balear Paco Vallejo, o madrileño David  Antón, o Letón de nacemento e nacionalizado español Alexei Shírov, o extremeño Manuel Candelario e o ourensán Iván Salgado, todos eles Grandes Mestres.

          

Ver nota de prensa IV, (La Región, 3 de Setembro)

Ver nota de prensa III, (Faro de Vigo, 23 de Agosto)

Ver nota de prensa II, (Voz de Galicia, 22 de Agosto)

Ver nota de prensa I, (La Región, 22 de Agosto)

 

 

**

Iván Salgado duodécimo, empatado no 5º posto, no Iberoamericano Individual 2019

Entre os días 10 e 18 de Agosto, España acolleu o prestixioso campionato iberoamericano individual,  concretamente na localidade xienense de Linares, (o “Wimbledon” do xadrez).    O triunfo final de esta edición de 2019  foi para o xoven G.M. Peruano Joge Cory (nº 1 do ránking), con 7 puntos, idéntica puntuación que o G.M. Cubano Carlos Albornoz e o Español Paco Vallejo, que partía co número 3 do ránking inicial.

 

O G.M. Iván Salgado, (Ourense, 1991), rematou no posto 12º desta edición 2019 na que tomarón parte máis de 20 Grandes Mestres, sobre un total de 103 xadrecistas procedentes de 17 países.    Ivan, finalmente, compartiu puntuación (6 puntos, con 3 victorias e 6 empates), cos xadrecistas que van do posto 5º ao 18º, como o coñecido G.M. Español David Antón Guijarro, (que rematou no posto 11º) e que partía co nº 2 do ránking inicial.

 

Hai que lembrar que o xadrecista do Club Xadrez Ourense, Iván Salgado xa foi vencedor do campionato iberoamericano na súa edición de 2012, celebrada en Quito (Ecuador).   Pola súa parte os xadrecistas do Club Xadrez Verín, o G.M. Cubano Lelys Martínez e o G.M. galego, David Lariño, tamén cobraron protagonismo nesta edición 2019 e remataron nas posicións 21º e 35º, respectivamente.

 

Ver Clasificación Completa

 

Ver noticia de prensa VI, (La Región, 19 de Agosto)

Ver noticia de prensa V, (La Región, 18 de Agosto)

Ver noticia de prensa IIII, (La Región, 17 de Agosto)

Ver noticia de prensa III, (La Región, 16 de Agosto)

Ver noticia de prensa II, (La Región, 15 de Agosto)

Ver noticia de prensa I, (La Voz de Galicia, 15 de Agosto)

 

Ver prensa dixital, (18 de Agosto)

Ver prensa dixital, (17 de Agosto)

Ver prensa dixital, (16 de Agosto)

Ver prensa dixital, (15 de Agosto III )

Ver prensa dixital, (15 de Agosto II )

Ver prensa dixital, (15 de Agosto I )

 

**

Martín Gómez Carreño en el Europeo de Bratislava (Eslovaquia)

 

 

O xoven xadrecistan ourensán do Club Xadrez Ourense, Martín Gómez Carreño (2003), que a finais de xullo remataba nun sensacional 4º posto (empatado no subcampionato) no nacional individual de Salobreña (Granada),  tomou parte no campionato de Europa Individual Cadete (Sub-16), que se celebrour en Bratislava, entre os días 2 e 10 de Agosto.

Esta foi a segunda participación de Martín nun campionato continental, (xa o fixera en Rumanía en 2017), sen esquecerse da cita mundial na que tomou parte en Halkidiki, (Grecia) en 2015.

Pese a partir co número 61 do ránking inicial, con 2134 puntos de ELO,  Martín tivo que afrontar difíciles partidas contra xadrecistas de ránking menor pero en clara progresión, o que significou rematar empatado ao posto 99º de entre os 127 participantes.

Tamén hai que salientar a participación neste Europeo de Bratislava da adestradora do Club Xadrez Ourense, Yudania Hernández Estévez, que viaxou coa expedición española como parte do equipo técnico.

Ver noticia VII, (La Región, 13 de Agosto)

Ver noticia VI, (La Región dixital, 10 de Agosto)

Ver noticia V, (La Región, 10 de Agosto)

Ver noticia IV, (La Región, 5 de Agosto)

Ver noticia III, (La Voz de Galicia, 4 de Agosto)

Ver noticia II, (La Voz de Galicia dixital, 4 de Agosto)

Ver noticia I, (Faro dixital, 4 de Agosto)

Ver Clasificación final

 

**

O xoven M.F. do Club Xadrez Ourense, David Gómez, excelente no Internacional de Cambados

 

O xoven M.F. do Club Xadrez Ourense, David Gómez Diéguez, (Ourense, 1995), realizou unha excelente actuación no Open Internacional de Cambados entre os días 1 e 8 de Agosto. Competición na que pese a caer derrotado na 9ª e última xornada ante o Mestre Internacional Arxentino, Tomás Sosa, rematou nun excelente 3º lugar compartido entre varios xadrecistas e únicamente por detrás dol vencedor desta  edición 2019, o Gran Mestre Rumano Marius Manolache e do  subcampión, o mencionado Maestro Internacional Arxentino Tomás Sosa.

David compartiu o 3º posto con luso Luis Santos, o Cubano Arián González, o catalán Ayats Llobera e o varias veces campeón galego, o Santiagués, Fernándo Sánchez, todos eles con 6.5 puntos.

Con esta actuación David sube máis dunha quincena de puntos de ránking internacional e xa en breve comenzará a súa preparación para a Liga Nacional de Clubs de 1ª división, que dará comenzo o próximo día 26 en Linares (Xaén) e donde será peza clave, entre outros, no sexteto titular do primeiro equipo dun Club Xadrez Ourense encabezado polo Gran Maestro Iván Salgado, e que intentará a fazaña de manterse na 1ª División nacional, convertíndose ademais no equipo de Galicia de máis categoría nacional na actualidade.  Reseñar que os equipos do Xadrez Padrón, Escola de Lugo, Xadrez Pontevedra e Fontecarmoa de Vilagarcía, xogarán na 2ª nacional de Clubs entre o 19 e 23 de Agosto, categoría que arbitrará o colexiado do Club Xadrez Ourense, David González Gándara.

 

Ver noticia V, (La Región, 13 de Agosto)

Ver noticia IV, (Faro de Vigo dixital, 11 de Agosto)

Ver noticia III, (La Voz de Galicia dixital, 11 de Agosto)

Ver noticia II, (La Región, 10 de Agosto)

Ver noticia I, (La Región dixital, 10 de Agosto)

**

Martín Gómez Carreño, 4º  de España Sub-16, clasifícase para o Europeo de Bratislava

Importante presencia e protagonismo ourensán nos Ctos. De España Individuais por edades 2019

 

Martín Gómez Carreño, novamente entre os mellores de España,  viaxará a a Bratislava (Eslovaquia), para participar no Europeo 2019.

 

Durante os últimos 30 días a localidade granadina de Salobreña, acolleu os campionatos de España individuais por categorías, (desde sub-8 a sub-18), nas que os xóvenes xadrecistas ourensáns colleitaron moi positivos resultados ademais de aportar unha importante participación.

 

Un ano máis, Club Deportivo Xadrez Ourense, volve a ser a entidade deportiva Galega con máis participación nos campionatos de España Individuais por categorías, con ata 14 participacións. Tamén hai que salientar as 5 participacións do Club Xadrez Benchoshey de Pereiro de Aguiar, as 4 do Universitario de Ourense e as 2 do Club Xadrez Verín.

 

A primeira categoría en disputarse e abrir os campeonatos de España individuais 2019 por categorías, foi a dos máis cativos, (categoría sub8), que tivo lugar entre os días 23 e 26 de Xuño. Hai que salientar o posto 38ª de Laura Diéguez (Benchoshey), que con 5 puntos completou unha moi positiva actuación, así como tamén o posto 46ª de Antón Lorenzo Mosquera (Xadrez Ourense), que partía como vixente subcampión Galego individual, e conseguiu, no seu primeiro nacional, uns meritorios 4.5 puntos.

 

 

Xa en categoría Sub12, e entre os días 1 e 7 de Xuño, hai que mencionar os postos 107º e 112º, dos irmáns Diéguez Nóvoa, (Pura e Benjamín), ambos do Xadrez Benchoshey de entre os 172 participantes, e ambos con 4 puntos dos 9 en litixio. Igualmente, na modalidade de rápidas, hai que facer mención aos postos 108º e 110º  da saga Diéguez Nóvoa, esta vez Pura 2 lugares por diante de Benjamín.

 

Dentro da categoría Sub-14, disputada entre 9 e o 14 de Xuño, o mellor ourensán clasificado foi Xacobe Conde Riveiro (Xadrez Ourense), con 5.5 puntos (empatado ao posto 31º de 182 participantes), Hai que lembrar que Xacobe xa foi sucampión de España en Sub-12 no ano 2017. Sin embargo, especial mención merecen as sensacionais actuacións de Iván Dopazo Vázquez (Xadrez Ourense) e de Tristán Alonso Rodríguez (Xadrez Verín), quenes acadaron uns ascensos nos séus ránkings respectivos de +64 e +69 puntos, malia non contar, de inicio, entre os favoritos. Ambos remataron con 4 dos 9 puntos en litixio. Tamén experimentou unha positiva subida no seu ránking (esta vez de +15) a xoven xadrecista do Club Xadrez Ourense, Laura Gómez Carreño, que rematou con 3.5 puntos na modalidade de partidas lentas. Xa na especialidade de rápidas, convén destacar os excelentes 6 puntos de Xacobe Conde, (que lle valeron para rematar empatado ao posto 18º de entre 168 participantes), así como os postos 86º, 108º e 123º de Laura Gómez, Tristán Alonso e Iván Dopazo, respectivamente, entre os 168 xadrecistas Sub14 participantes.

Xacobe, Laura, Yudania (adestradora de Galicia) e Iván, (embaixada do Xadrez Ourense no nacional Sub-14 de 2019)

 

Para rematar, xa dentro da categoría Sub-16 (Cadete), que rematou hai escasos días, chegaron excelentes noticias para o Xadrez Provincial, un ano máis de man de Martín Gómez Carreño do Club Xadrez Ourense, que nesta cita de 2019 empatou no 2º posto, rematando 4º finalmente, nun  fortísimo evento, no que tomaron parte ata 174 xadrecistas de toda España, con 6 deles xa titulados internacionais a pesar da súa xuventude e máis dun 90% dos 174, con ránking internacional.

 

Martín conseguiu 7 puntos, cedendo únicamente nas súas 2 partidas, ante subcampión e o Campión de España, (que tamén é o actual campión do Mundo), o prodixio Aragonés Pedro Antonio Ginés Esteo. Martín logrou un ascenso de casi 60 puntos de ránking, e confirma a súa boa traxectoria clasificándose para o Europeo de Bratislava (Eslovaquia), traxectoria na que xa de sub12 clasificouse para o mundial de Grecia, e en Sub14 para o Europeo de Rumanía.

 

Non obstante, as de Martín Gómez Carreño non foron as únicas boas noticias para o xadrez ourensán, convén facer especial mención á soberbia actuación de Mateo Díaz Gómez (Xadrez Ourense), que con 6 puntos empatou ao posto 19º e conseguiu un “estratosférico” ascenso de puntos de ránking, nada menos que 153 positivos. Pola súa parte, tamén estivo moi inspirado Adrián Vázquez Velasco (Xadrez Ourense), que rematou cuns aparentemente máis discretos 4 puntos, pero cunha expectacular subida de ránking de ata +97. Con 4 puntos, tamén remataron os ourensáns Marcos Vázquez Gómez do Xadrez Ourense (113ª), e os irmáns Miguel e Marcos Reza Salgado, (ambos do Universitario de Ourense), que remataron nos postos 119ª e 123ª, de entre os 174 participantes.

J.M. Gómez, Adri Velasco, Mateo Díaz, David Vázquez, Marcos Vázquez e Martín Gómez, (amplia embaixada de Club Xadrez Ourense no nacional Cadete 2019)

 

Xa na modalidade de rápidas desta mesma categoría, os ourensáns, máis discretos, e por orde: Martín Gómez, Marcos Reza, Marcos Vázquez, Mateo Díaz e  Miguel Reza acadaron os postos 39ª, 45º, 54ª, 91ª e 126ª de entre os 156 participantes.

 

Convén lembrar que en Agosto e xa en categoría Sénior, volveremos a ter unha ampla presencia ourensana en Andalucía, dentro das citas internacionais e nacionais previstas. Comenzando polo Campionato panamericano, no que tomará parte o G.M. do Club Xadrez Ourense,  Iván Salgado (importante cita internacional de alto nivel que terá lugar en Linares entre os días 10 e 18 de Agosto, e que o G.M. ourensán xa conquistou en Quito, Ecuador, en 2012), posteriormente terán lugar os campionatos de España Individuais Sénior das modalidades rápida e relámpago, (tamén en Linares), e nos que entre outros tomarán parte, entre outros ourensáns,  Yudania Hernández e Iván Salgado (ambos Mestres e compañeiros no primeiro equipo do Club Xadrez Ourense.

 

Ver nota de prensa II (Faro de Vigo dixital, 27.7.2019)

Ver nota de prensa I (Voz de Galicia dixital, 26.7.2019)

 

(próximamente máis notas de prensa relacionadas)

Ver Clasificación Cto. España Sub-16

Ver Clasificación Cto. España Sub-16 (rápidas)

Ver Clasificación Cto. España Sub-14

Ver Clasificación Cto. España Sub-14 (rápidas)

Ver Clasificación Cto. España Sub-12

Ver Clasificación Cto. España Sub-12 (rápidas)

Ver Clasificación Cto. España Sub-8

 

 

**

Iván Salgado gañador do Magisterial Open "Ciudad de León"

O Gran Mestre Ourensán, colleita o seu segundo éxito internacional consecutivo logo da súa recente estancia en Ourense.

 

O Gran Mestre Ourensano, Iván Salgado, colleita un novo éxito tras a súa recente estancia en Ourense, tras a celebración das II Xornadas Internacionais que levan seu nome e que tiveron lugar os días 21, 22 e 23 de xuño na nosa cidade.

 

Os días 6 e 7 de Xuño tivo lugar o importante Open Internacional “Cidade de León”, no que o Gran Mestre Ourensán obtivo un sensacional triunfo.

 

Ivan asinou unha sensacional "puntuación" con 7,5 puntos de 8 posibles, entregando unha "tarxeta" de case 2700 ELO, con iso Ivan comeza a quentar "motores" para os eventos importantes que o esperan en agosto, en primeiro lugar o campionato iberoamericano , un importante evento internacional que este ano terá lugar en España (Andalucía) e que Iván xa gañou en 2012 en Quito (Ecuador), máis tarde o GM Ourense loitará polos campionatos nacionais individuais das modalidades de xadrez rápido e relámpago e, a finais de agosto, capitaneará ao seu equipo como "xefe de filas", ao Club Deportivo Xadrez Ourense, para asumir o reto máis ambicioso dos historia dun equipo de Ourensano, que será permanecer na Primeira División Nacional de Clubs, (onde só 8 escuadras militan), unha categoría á que Xadrez Ourense ascendeu o pasado agosto de 2018, tamén en Linares, despois de rematar o subcampeón de España, entre máis de 30 escuadras, nas segunda división nacional.

 

Neste Open de León, tamén hai que destacar a excelente actuación do gran gran mestre galego David Lariño (que desde principios de 2019 xoga no outro club potente da nosa provincia, o Xadrez Verín), que gañou o subcampeón, tanto Ivan como o David quedaron por diante de especialistas destacados, como o serbio Alexa Stríkovic ou o ucraniano Alexander Zuvarev, entre outros destacados mestres.

 

Ver Clasificación Completa

 

Ver nota de prensa IV, (Faro de Vigo, 9 de Xullo)

Ver nota de prensa III, (La Región, 16 de Xullo)

Ver nota de prensa II, (Voz de Galicia, 9 de Xullo)

Ver nota de prensa IV, (La Región, 9 de Xullo)

 

**

Campus Intensivo de Alto Nivel con G.M. Iván Salgado

 

O 10 de Xullo pasado, O Grande Mestre realizou unha xornada intensiva de adestramentos con varios dos membros que formarán o equipo e asistirán o vindeiro Agosto á Liga Nacional de Clubs de 1ª División que terá lugar a finais de Agosto en Linares (Jaén), entre eles o G.M. Jorge Viterbo, o M.F.David Gómez, o F.T. Elías González ou Miguel Teixeira, entre outros. Esta xornada de adestramento tivo lugar nos locais do Club Deportivo Xadrez Ourense e rematou cun xantar para todos os asistentes, presidido polo 7 veces campión de España.

 

Iván Salgado durante as explicacións, no taboleiro xigante, o pasado 10 de Xullo.

 

**

Iván Salgado clasificado para as eliminatorias do Mundial de Xadrez, modalidade “Fischer Ramdom”

O Gran Maestro Ourensán, tras seu regreso a Bulgaria, clasíficase tras superar la fase do 30 de Xuño.

 

Ao Gran Mestre Ourensán , Iván Salgado, sentoulle ben o seu paso por Ourense, tras a celebración das II Xornadas Internacionais que levaron seu nome e que tiveron lugar os pasados días 21,22 e 23 de Xuño na nosa cidade.

 

A súa primeira cita coa competición, tras seu retorno a Bulgaria, foi a primeira fase do campionato do mundo da modalidade “Fischer Ramdom”, especialidade que introduxo o lexendario Bobby Fischer.

 

A competición, avalada pola FIDE, (Federación Internacional de Ajedrez), tivo a súa fase clasificatoria o pasado 30 de Xuño. Iván superou a fase correspondente, e xogará os “knock-outs” eliminatorios entre o 11 e 15 de Agosto, e pelexará por chegar á fase final que tenrá lugar en Noruega o próximo mes de Outubro e donde podería agardar ao ourensán, entre outros, o campión do mundo, Magnus Carlsen, ao que Iván xa tuteou o pasado Decembro no mundial de xadrez rápido.

 

Poucos días máis tarde destos “Knock-outs” eliminatorios, Iván estará en Linares, capitaneando ao seu Equipo, o Club Deportivo Xadrez Ourense, para asumir o reto máis ambicioso da historia para un equipo Ourensano, mantenerse na Primera División Nacional de Clubs, (donde solamente militan 8 escuadras), categoría á que Xadrez Ourense ascendeu o pasado Agosto de 2018, tamén en Linares, tras finalizar subcampeón de España, entre máis de 30 escuadras, na segunda nacional.

Ver nota de prensa III, (La Región, 3 de Xullo)

Ver nota de prensa III, (La Voz de Galicia, 3 de Xullo)

Ver nota de prensa III, (La Región, 2 de Xullo)

 

**

Iván Salgado culmina as II Xornadas Internacionais vencendo no torneo de exhibición

Máis de 200 persoas, entre xadrecistas e aficinados,  participaron das actividades programadas

 

Iván Salgado, durante unha das actividades máis espectaculares destas II Xornadas Internacionais, “O Reto Olímpico”, (sábado 22, Praza de S. Antonio)

 

O Gran Mestre, 7 veces campión de España, Iván Salgado López (Ourense, 1991), foi o protagonista da 2ª edición das xornadas internacionais que levan o seu nome e se desenvolveron os días 21,22 e 23 de Xuño cunha moi ampla participación e repercusión. Estas segundas xornadas internacionais, organizadas polo Club Deportivo Xadrez Ourense en colaboración coa Xunta de Galicia (Secretaría Xeral para o Deporte) e o Consello Municipal de Deportes do Concello de Ourense, tiveron unha excepcional acollida entre xadrecistas e aficionados.

O anfitrión puxo ademais un broche de ouro á segunda edición destas xornadas, vencendo no torneo de “Xadrez Relámpago” que tivo lugar na matinal do Domingo 23 en Expourense, Iván acadou 8 puntos dos 9 en litixio (7 victorias e 2 empates), rematando por diante, entre outros, do G.M. Búlgaro Vladimir Pétkov, do local Xabier Gómez que realizou unha excepcional actuación, ou do Mestre Internacional Portugués André Miguel Do Vale, entre outros.

Pero este torneo de torneo de Xadrez Relámpago que congregou a unha corentena de xadrecistas, solamente foi a última dunha ampla oferta de actividades xadrecísticas.

Así, o venres día 21 tivo lugar unha moi interesante e concurrida conferencia, (no Salón de Actos da Casa do Chocolate de Ourense, edificio da Xunta de Galicia), na que Iván compartiu co público os segredos de múltples aspectos técnicos, deportivos e psicolóxicos dos seus enfrentamentos ante os mellores xadrecistas do mundo nos últimos anos, includo o vixente nº1 mundial, o Noruego Magnus Carlsen, ao que se enfrentou xa en varias ocasións.

Xa na xornada do Sábado 22, Iván Salgado, exerceu de xefe de filas da selección Ourensana ante un combinado internacional de xogadores procedentes de España, Portugal e Venezuela e encabezado polo G.M. galego e amigo de Iván, David Lariño, finalmente os locais foron os gañadores  por un apretado 16.5 a 13.5, logrando así os Ourensáns un meritorio triunfo. O equipo local, con 10 xogadores, estivo composto por 4 séniors, un xuvenil, un cadete, un infantil, un alevín, un benxamín e un prebenxamín (sub-8), ao igual que combinado visitante, todo isto ante a presenza de numero público asistente ao longo de toda a mañá do día 22.

Xa na tarde do Sábado 22 e con permiso da chuvia, a céntrica praza de San Antonio foi escenario do “Reto Olímpico”, no que os xadrecístas olímpicos Salgado e André Ventura, (Mestre Internacional olímpico luso), “voaron” literalmente entre os taboleiros, para tentar superar en menos de dúas horas a máis de 70 adversarios que contaban con 25 minutos nos seus cronos mentres que os Mestres únicamente dispuñan dunha media por taboleiro apenas superior a 2 minutos para completar todos os movimentos. (realizáronse tandas simultáneas de 40 aficionados con posibilidade de repetir partida),

Como broche final, o mencionado torneo de exhibición disputado na mañá do Domingo día 23 en Expourense, no que Iván Salgado foi o vencedor Sénior con 8 puntos sobre 9 posibles, seguido de Vladimir Pétkov (BUL), Xabier Gómez e o M.I. André Ventura, mentres que en categoría Sub16 resultou vencedor Marcos Reza Salgado, e dentro da categoría Sub12 o triunfo foi para Jorge Cid Álvarez.

Tal e como Iván apuntou xa na presentación do evento aos medios, que tivo lugar o Venres día 21 coa asistencia de múltiples representantes dos organismos colaboradores, Xunta de Galicia e Concello de Ourense, “desde xa, traballarei xunto co meu Club, o Xadrez Ourense, para mellorar ainda máis a calidade das III Xornadas Internacionais para 2020”

 

Ver Galería de Imaxes I, (Presentación, venres día 21)

Ver Galería de Imaxes II, (Conferencia, venres día 21)

Ver Galería de Imaxes III, (Match Selección Ourensana vs. Combinado Internacional, Sábado día 22)

Ver Galería de Imaxes IV, (“O Reto Olímpico” – Simultáneas, Sábado día 22)

Ver Galería de Imaxes V, (II Torneo de Blitz “Iván Salgado”, Domingo día 23)

 

Ver Clasificación Torneo de Blitz

Ver Información Match Ourense vs. “Combinado Internacional”

 

Ver nota de presa XI, (La Región, 25 de Xuño)

Ver nota de presa X, (La Región, 25 de Xuño)

Ver nota de presa IX, (La Región, 24 de Xuño)

Ver nota de presa VIII, (La Voz de Galicia, 24 de Xuño)

Ver nota de presa VII, (Faro de Vigo, 24 de Xuño)

Ver nota de presa VI, (La Región, 23 de Xuño)

Ver nota de presa V, (La Voz de Galicia, 23 de Xuño)

Ver nota de presa IV, (La Voz de Galicia, 22 de Xuño)

Ver nota de presa III, (Faro de Vigo, 22 de Xuño)

Ver nota de presa II, (Faro de Vigo, 21 de Xuño)

Ver nota de presa I, (La Voz de Galicia, 20 de Xuño)

 

Enlaces de prensa dixital:

https://www.laregion.es/articulo/mas-deporte/ivan-salgado-y-50-mas/20190623234251879095.html

 

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/ourense/2019/06/21/ivan-salgado-inicia-segunda-edicion-jornadas-internacionales/0003_201906O21C9994.htm

 

https://www.farodevigo.es/deportes/ourense/2019/06/24/ivan-salgado-remacha-xornadas-internacionais/2128917.html

 

https://www.laregion.es/articulo/mas-deporte/fiestas-a-todo-deporte/20190620081751878542.html

 

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2019/06/20/quince-modalidades-deportivas-llenan-cartel-festas-ourense/0003_201906O20C9993.html

 

https://www.farodevigo.es/deportes/ourense/2019/06/22/ivan-salgado-toma-palabra/2128077.html

 

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2019/06/24/ivan-salgado-cerro-triunfo-jornadas-internacionales/0003_201906O24C4993.htm

 

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/40874/ourense-acoge-este-fin-semana-las-jornadas-internacionales-ajedrez-con-ivan-salgado?langId=es_ES

 

http://ourensedeportivo.com/es-noticia/xadrez-de-elite-en-ourense-coas-ii-xornadas-internacionais-g-m-ivan-salgado/

 

http://ourensedeportivo.com/ajedrez/las-ii-xornadas-internacionais-g-m-ivan-salgado-finalizan-el-domingo-con-un-torneo-relampago/

 

http://ourensedeportivo.com/ajedrez/ivan-salgado-culmina-as-ii-xornadas-internacionais-vencendo-no-torneo-de-exhibicion/

 

https://www.fegaxa.org/gl/ii-jornadas-internacionales-gran-maestro-ivan-salgado/

 

https://cadenaser.com/emisora/2019/06/20/radio_ourense/1561025591_496686.html

 

https://www.ourensedixital.com/_novas/19/06/21_06.htm

 

 

 

 

 

 

 

 

* Ver Programa Completo “II Xornadas Internacionais con G.M. Iván Salgado” (21,22 e 23 de Xuño)

 

Ver galería imaxes pasada edición (1)

Ver galería imaxes pasada edición (2)

Ver galería imaxes pasada edición (3)

Ver galería imaxes pasada edición (4)

Ver galería imaxes pasada edición (5)

 

**

XI Copa Maristas Galicia 2019

Gran participación na XI edición da Copa Maristas Galicia 2019

9 dos 25 pódios quedáronse en Ourense, nunha cita coas 4 provincias galegas presentes, ademais de Portugal

 

O sábado día 1 de Xuño tivo lugar no pavillón polideportivo do Colexio Maristas de Ourense a XI edición da Copa Maristas Galicia de Xadrez, destinada a xóvenes con idades entre os 6 e 16 anos.  Máis de 200 xóvenes xadrecistas de toda Galicia e Portugal abarrotaron a pista do polideportivo Marista nunha xornada de “deporte-ciencia”, cultura e convivencia.

O torneo pertence ao Circuito Galego da Federación Galega de Xadrez, e un ano máis é unha das probas puntuables máis participativas de todas cuantas se disputan ao longo e ancho da xeografía Galega, a competición estivo dividida en 5 categorías e contou coa presencia de máis de 50 xadrecistas con ránking internacional.

O saque de honra fíxose a cargo dos membros do Club Maristas e do Colexio anfitrión, quenes xunto coa dirección deportivo do Club Xadrez Ourense, deron cauce a esta undécima edición. 

Os clubs ourensáns colleitaron boa parte dos metais e obtiveron 9 dos 25 podios en litixio, 3 metais para o Club Deportivo Xadrez Ourense, outros 3 metais para Universitario de Ourense, 2 para Xadrez Verín e un para Benchoshey de Pereiro de Aguiar.

En categoría Sub-16 venceu o Ourensán César Pérez Dapoza, en Infantiles (Sub14) o gañador foi o xoven xadrecista portugués Pedro Gil Ferreira Da Silva, en Sub12 o vencedor foi o pontevedrés Xabier Pérez Sousa, en Benxamíns (Sub-10) impúxose o Coruñés Iago Fernández Ramos, e dentro dos máis xóvenes (sub-8) o vigués Diego Ibáñez Cruces foi o campión.

Ademais dos premios aos 25 gañadores, todos os participantes obtiveron premios conmemorativos e participaron no sorteo final de importantes regalos.

Ver galería de Imaxes I (pódios dos vencedores)

Ver Galería de Imaxes II (Vistas xerais)

Ver Galería de Imaxes III (Informal)

 

Nota de prensa X, La Región, 4.6.2019

Nota de prensa IX La Región, 4.6.2019

Nota de prensa VIII, La Región, 4.6.2019

Nota de prensa VII, La Región, 4.6.2019

Nota de prensa VI, Faro de Vigo, 3.6.2019

Nota de prensa V, La Voz de Galicia, 3.6.2019

Nota de prensa IV, La Región, 2.6.2019

Nota de prensa III, La Voz de Galicia, 1.6.2019

Nota de prensa II, La Región, 1.6.2019

Nota de prensa I, Faro de Vigo, 1.6.2019

 

Enlaces de prensa dixital:

https://www.farodevigo.es/deportes/ourense/2019/06/04/clubes-ourensanos-dominan-cita-maristas/2117475.html

 

https://www.farodevigo.es/deportes/ourense/2019/06/01/copa-maristas-galicia-reune-jugadores/2115794.html

 

https://www.laregion.es/articulo/mas-deporte/fiesta-local-maristas/20190602094207875303.html

 

 

Ver Clasificación sub-16

Ver Clasificación sub-14

Ver Clasificación sub-12

Ver Clasificación sub-10

Ver Clasificación sub-8

 

 

**

Os Equipos Ourensáns dominadores na Copa Galicia de Clubs

Dous ouros e un bronce viaxaron para a nosa provincia nunha forte e vibrante edición 2019

Club Deporitvo Xadrez Ourense Cadete, Campión Copa Galicia de equipos 2019.

 

O Sábado 25 e o Domingo 26 de Maio, a localidade coruñesa de Noia acolleu a Copa Galicia de Clubs 2019, unha moi concurrida e potente edición ésta de 2019, na que se deron cita 39 equipos de toda Galicia.  A proba copeira pertence ao calendario oficial da Federación Galega de Xadrez e contou coa organización do Liceo Marítimo de Noia. Os conxuntos ourensáns tiveron un enorme protagonismo nesta edición 2019, tanto na categoría cadete (disputada o sábado 25) como en categoría Sénior, (que tivo lugar o domingo 26 de Maio).

 

Ata 11 escuadras se deron cita na xornada do sábado para definir ao campeón de Copa Galego da categoría Cadete (Sub-16), finalmente e tras unha intensa xornada o Club Deportivo Xadrez Ourense conquistou o trifunfo tras catro victorias parciais e un empate, sumando  9 puntos e polo tanto acadando o Ouro e 1º posto. O equipo composto por Martín Gómez Carreño, Mateo Díaz Gómez, Marcos Vázquez Gómez, Xacobe Conde Riveiro e Adrián Vázquez Velasco, foi seguido na táboa por o Fontecarmoa de Vilagarcía con 8 puntos e polo Xadrez Mos de Pontevedra, con 7 puntos, de entre as 11 escuadras participantes.  Hai que salientar, que este equipo, leva proclamándose campión da Copa Galicia de Clubs, en categoría Cadete, por terceiro ano consecutivo, un feito sin precedentes dentro do xadrez autonómico.

 

Xa dentro da categoría Senior disputada o Domingo, prevíase unha vibrante e emocionante xornada, nunha moi potente edición 2019, con ata 28 equipos participantes e procedentes das 4 provincias galegas, entre eles máis de 100 xogadores con ránking internacional e como dato importante salientar que máis dunha ducia de xadrecistas contaban con titulación de Mestría Internacional, (e nada menos que ata 4 deles coa máxima titulación, a de Grande Mestre Internacional). Ademáis dos fortes conxuntos ourensáns da División de Honra Autonómica 2019 (o Club Xadrez Ourense e o xa consolidado Club Xadrez Verín), hai que mencionar a presenza de reforzados e históricos equipos Galegos, como Círculo Ferrolán, Xadrez Galego de Tui, Fontecarmoa de Vilagarcía, Xadrez Rianxo ou Xadrez Padrón, entre outros.

 

A competición marchou máis que aceptablemente para os conxuntos ourensanos máis en forma (Xadrez Verín e Xadrez Ourense), tanto é así, que se pudo falar dunha “final”, ourensana na 6ª e derradeira rolda,  xa que Club Xadrez Ourense e Club Xadrez Verín, ata o momento co-lideres con 9 dos 10 puntos en litixio, disputábanse o título na primeira mesa da competición. Dos 4 taboleiros en litixio, os capitalinos tiñan suficiente cun empate (2-2) debido ao mellor coeficiente provisional de desempate, pero tras unha fermosa e intensa batalla, e xa nos últimos segundos de crono, o Grande Mestre e nº 1 do Xadrez Verín, David Lariño, lograba superar tras vibrante partida ao Grande Mestre Jorge Viterbo, (recén chegado de Nova York e que acompañará a Iván Salgado como primeiros espadas do Xadrez Ourense na vindeira Liga Española de 1ª división, o vindeiro Agosto, en Linares, co Xadrez Ourense).

 

O Xadrez ourene “A”, comandado por o G.M. Jorge Viterbo, estivo a piques de rubricar o doblete na xornada dominical.

 

Deste xeito, o conxunto Verinense acadaban un merecido 1 a 3, e con iso proclamábanse campións dunha emocionante edición da Copa Galicia de Clubs 2019, (equipo composto por David Lariño, Luis Galego, Ivo Dias e Pedro Gil), mentres que no segundo lugar “colouse o Xadrez Galego de Pontevedra” que sacaba rédito á súa folgada victoria no último match e o Club Xadrez Ourense, debía conformarse co bronce, malia iso saía como entidade máis galardoada, grazas ao título da xornada anterior co equipo Sub-16. (compuxeron o Xadrez Ourense Sénior para esta cita copeira, Jorge Viterbo, André Ventura, David Gómez e Miguel Teixeira). Convén salientar a excelente colleita de premios para os equipos ourensáns, con ata 3 dos 6 pódios en litixio (dous ouros e un bronce), cunha embaixada total de 7 equipos entre as 39 entidades participantes.

 

Ver Clasificación Copa Galicia Cadete 2019

Ver Clasificación Copa Galicia Sénior 2019

 

***

Campeonato Provincial Escolar por Equipos “XOGADE 2019”

Máis dun centenar de participantes, os días 11 e 15 de Maio no Centro Cívico de A Cuña

Xadrez Ourense Infantil “Alfil”, campeón provincial 2019 por equipos

 

Máis dun centenar de participantes das categorías Benxamín, Alevín e Infantil tomaron parte na edición 2019 do Campionato Provincial por equipos da Secretaría Xeral para o Deporte, na provincia de Ourense, organizado polo servizo de Deportes da Xunta de Galicia en Ourense e baixo a dirección técnica do Club Xadrez Ourense.

O Sábado día 11 de Xuño o Benchoshey de Pereiro de Aguiar fixo “doblete” ao adxudicarse os títulos Alevín e Benxamín, mentres que o Club Xadrez Ourense “Alfil”, venceu con autoridade o día 15, dentro da categoría Infantil.

Finalmente Club Xadrez Ourense obtivo 1 ouro, dúas pratas e dous bronces por equipos, mentres que o Club Benchoshey obtivo 2 Ouros, unha prata e un bronce.

 

Ver Clasificación Categoría Infantil

Ver Clasificación Categoría Alevín

Ver Clasificación Categoría Benxamín

 

Ver nota de prensa II, (La Región 21.5.2019)

Ver nota de prensa I, (La Región 14.5.2019)

**

Finaliza a Liga Galega de Clubs 2019 con boa nota para os equipos Ourensáns

En 2020 serán 3 as escuadras Ourensanas na División de Honra Autonómica

Copa Galicia de Clubs e 1ª División Nacional, próximos compromisos do Club Deportivo Xadrez Ourense “A”

 

O Sábado 27 de Abril tivo lugar a undécima e última xornada da liga Galega de Clubs 2019, na que os conxuntos  Ourensanos, aprobaron con nota o curso ligueiro autonómico, e agora xa quentan motores para a competición de Copa Autonómica do próximo 26 de Maio, e no caso do Xadrez Ourense “A”, tamén,  para la Liga de 1ª División Nacional do próximo Agosto.

Na División de Honra, os representantes ourensáns deron por positivo o peche do curso ligueiro 2019, así, o Club Deportivo Xadrez Ourense, con un ollo posto na próxima Liga Nacional de 1ª División que deberá disputar o vindeiro mes de Agosto e para a que xa de antemán, sucedese o que sucedese na Liga Autonómica, xa tiña praza garantida tras o sensacional nacional de clubs realizado en 2018 en Linares, aproveitou a competición ligueira Galega para realizar unha firme aposta por a xuventude e a canteira, dando cerca dun 70% das partidas da  máxima categoría a xóvenes xogadores formados íntegramente  no seno do Club desde as categorías de base,  chegando a alinear, incluso, en varias xornadas a sextetos titulares cunha media de idade de 20 anos, feito sin precedentes na División de Honra Galega.

Finalmente un 5º posto, na metade alta da táboa e unha positiva inversión deportiva en canteira que, unida, entre outros,  ao reforzo de Iván Salgado para o próximo nacional de Clubs, constituirá unha firme aposta para mantenerse na 1ª División nacional de Clubs o próximo Agosto, entre 8 potentes escuadras do panorama Nacional.

Pola súa parte o Club Xadrez Verín, debutante na División de honra autonómica, conquistou unha moi positiva 7ª posición final, alonxado dos postos de perigo, e rubricou unha  excelente campaña finalizando na zona “noble”, que lles serve, aos de monterrei para esperar con optimismo a Próxima Liga 2020 e, si cabe, apostar por obxectivos maiores. Un sensacional año para os verinenses que tamén enriquecen co ascenso do Verín C, da tercera división á Segunda autonómica.

Dentro da Primera División autonómica, non poderían ir mellor as cousas para os equipos ourensáns, xa que o Liceo Academia Postal conquistou o ascenso á División de honra autonómica para 2020, (co que o ano próximo serán 3 as escuadras ourensanas na máxima categoría Galega), e o resto de equipos, Xadrez Ourense B, Xadrez Ourense C, Universitario de Ourense e Benchoshey, mantiveron con solvencia a categoría de prata autonómica e volverán a ser “Primeiras” para 2020. Xa naSegunda División hai que resaltar o ascenso do Xadrez Valdeorras, que estará en Primeira división o próximo ano e en Tercera División, Liceo de Ourense B, e o mencionado Xadrez Verín C, ocuparon as prazas de ascenso a Segunda.

VER CLASIFICACIÓNS COMPLETAS LIGA GALEGA DE CLUBS 2019

Ver Clasificación Liga Provincial de Ourense (4ª División, Liga Provincial).

 

Ver nota de prensa XXIX, (La Región, 1.5.2019)

Ver nota de prensa XXVIII, (La Región, dixital, 1.5.2019)

Ver nota de prensa XXVII, (Ourense Deportivo, dixital, 1.5.2019)

Ver nota de prensa XXVI, (Faro de Vigo, 30.4.2019)

Ver nota de prensa XXV, (La Voz de Galicia, 30.4.2019)

Ver nota de prensa XXIV, (La Región, 4 de Abril)

Ver nota de prensa XXIII, (Voz de Galicia, 2 de Abril)

Ver nota de prensa XXII, (La Región, 26.3.19)

Ver nota de prensa XXI, (La Voz de Galicia, 26.3.19)

Ver nota de prensa XX, (Faro de Vigo, edición Pontevedra, 27.3.19)

Ver nota de prensa XIX, (La Región, 19.3.19)

Ver nota de prensa XVIII, (La Voz de Galicia, 19.3.19)

Ver nota de prensa XVII, (La Voz de Galicia, 12.3.19)

Ver nota de prensa XVI, (Faro de Vigo, 12.3.19)

Ver nota de prensa XV, (Faro de Vigo, 26 de Febreiro)

Ver nota de prensa XIV, (La Voz de Galicia, 26 de Febreiro)

Ver nota de prensa XIII, (Faro de Vigo dixital, 26 de Febreiro)

Ver nota de prensa XII, (Faro de Vigo, 19 de Febreiro)

Ver nota de prensa XI, (Voz de Galicia, 19 de Febreiro)

Ver nota de prensa X, (Voz de Galicia dixital, 19 de Febreiro)

Ver nota de prensa IX, (Faro de Vigo, 12 de Febreiro)

Ver nota de prensa VIII, (La Voz de Galicia, 12 de Febreiro)

Ver nota de prensa VII, (Faro de Vigo dixital, 5 de Febreiro)

Ver nota de prensa VI, (La Región, 30 de Xaneiro)

Ver nota de prensa V, (Faro de Vigo, 29 de Xaneiro)

Ver nota de prensa IV, (La Voz de Galicia, 29 de Xaneiro)

Ver nota de prensa III, (La Región, 26 de Xaneiro)

Ver nota de prensa II, (Faro de Vigo, 24 de Xaneiro)

Ver nota de prensa I, (Voz de Galicia, 24 de Xaneiro)

 

**

Yudania Hernández realiza unha excelente actuación no Campeonato de Europa en Turquía

A xadrecista de Club Xadrez Ourense, rematou empatada no posto 26º, partindo do 89º de ránking inicial

 

Yudania Hernández, sensacional no campionato de Europa Individual 2019, en Antalya (Turquía)

 

Entre os días 11 e 22 de Abril disputouse na localidade Turca de Antalya o campionato de Europa Individual feminino, que contoua coa presenza da xadrecista e Mestra Internacional Yudania Hernández Estévez.

Yudania, que leva desde 2015 no Club Xadrez Ourense, partía co número 89º do ránking inicial de entre as 132 xadrecistas participantes, pese á difícil competición que tiña por diente, Yudania realizou unha excelente actuación, rematando empatada nos postos que van do 26º ao 40º, con 6.5 puntos dos 11 posibles.

Yudania, que consegui un ascenso no seu de ránking internacional de 37 puntos, conseguiu importantes victorias ante xogadoras de ránking superior, como a Española García Martín (2315), a Xeorxiana Melia Salomé (2393) ou a Ucraína Zukhova (2356), sen esquecerse de importantes empates, como o da última rolda con pezas negras ante a Húngara Hoagn Thann (2435), con pezas negras.

Club Deportivo Xadrez Ourense mantense como referente nacional en canto a participación dentro dos campionatos de Europa Individuais Absolutos, ao contar en 2019 con dous xogadores participantes, agora Yudania Hernández en Turquía e o pasado Marzo Iván Salgado en Macedonia.

 

Ver Clasificación Campionato de Europa Feminino 2019

Ver Actuación Yudania Hernández Estévez

 

Ver noticia XIV, (Faro de Vigo, 24.4.2019)

Ver noticia XIII, (La Voz de Galicia, 24.4.2019)

Ver noticia XII, (Faro de Vigo – dixital), 24.4.2019

Ver noticia XI, (Voz de Galicia, 23.4.2019)

Ver noticia X, (La Región, 23.4.2019)

Ver noticia IX, (Faro de Vigo, 23.4.2019)

Ver noticia VIII, (La Voz de Galicia – dixital), 23.4.2019

Ver noticia VII, (Faro de Vigo – dixital), 23.4.2019

Ver noticia VI, (Ourense Deportivo – dixital), 22.4.2019

Ver noticia V, (La Voz de Galicia, 21.4.2019)

Ver noticia IV, (Faro de Vigo – dixital), 21.4.2019

Ver noticia III, (Faro de Vigo, 21.4.2019)

Ver noticia II, (La Voz de Galicia – dixital), 21.4.2019

Ver noticia I, (Ourense Deportivo – dixital), 20.4.2019

 

**

Un ano máis, Club Xadrez Ourense, referente autonómico nos Ctos. Galegos de Semana Santa

Antón Lorenzo (prata en Sub-8), Martín Gómez (bronce en S-16) e Laura Gómez (bronce en S-16 fem.), Medallistas.

 

Como xa é tradicional, Club Deportivo Xadrez Ourense, foi claro referente no terreo participativo nos ctos. autonómicos

 

Entre os días 13 e 16 de Abril disputáronse na coruñesa localidade de Padrón os campionatos galegos das categorías Sub-16, Sub-12, Sub-10 e Sub-8, unha importante cita á que acudiron ata 34 deportistas do Club Deportivo Xadrez Ourense, acompañados de tres adestradores da entidade. Unha notable cifra, que si a sumamos aos 7 xadrecistas desprazados a Cangas o pasado Marzo para disputar os autonómicos S18 e S14, supera os 40 deportistas participantes nos campionatos de Galicia individuais 2019.

A primeira noticia positiva para Club Xadrez Ourense chegaba o domingo día 14 de mans do xovencísimo Antón Lorenzo Mosquera, que con 6.5 puntos empataba no primeiro posto da categoría sub-8 e proclamábase subcampión de Galicia, obtendo unha máis que meritoria prata na súa primeira participación autonómica.

En categoría sub-10 hai que salientar a sobresaínte actuación de Adrián Fernández Chamorro, que con 6 puntos, colocábase no 7º lugar, empatado ao 4º posto, e reivindicándose como primeiro xogador de Galicia clasificado sen ránking internacional. 

Nesta xeira 2019, os nosos Sub-12 estiveron algo máis discretos que os seus compañeiros doutras categorías, pero non hai que esquecerse do 5º posto feminino alevín acadado por Alba Pérez Salgado, con 4.5 puntos.

Xa en categoría Sub-16, hai que facer mención ao excelente papel xogado polos irmáns Gómez Carreño, Martín e Laura, que obtiveron os respectivos bronces dentro desta categoría, tanto na clasificación xeral como no apartado feminino.

Os metais de Antón, Martín e Laura, únense ao bronce logrado por Pilar García Ruiz o pasado Marzo en Cangas, dentro da categoría Sub-18, deste xeito Club Xadrez Ourense sitúase un ano máis como claro referente autonómico ao obter ata 4 medallistas nos autonómicos individuais de xadrez.

 

Ver Clasificación Sub8

Ver Clasificación Sub10

Ver Clasificación Sub12

Ver Clasificación Sub16

 

Ver noticia XIII, (La Región, 30.4.2019)

Ver noticia XII, (La Región, 23.4.2019)

Ver noticia XI, (La Región dixital, 23.4.2019)

Ver noticia X, (Faro de Vigo, 18.4.2019)

Ver noticia IX, (Faro de Vigo dixital, 18.4.2019)

Ver noticia VIII, (Faro de Vigo dixital, 17.4.2019)

Ver noticia VII, (La Voz de Galicia dixital, 17.4.2019)

Ver noticia VI, (La Voz de Galicia, 17.4.2019)

Ver noticia V, (Ourense deportivo – dixital), 17.4.2019

Ver noticia IV, (Faro de Vigo, 16.4.2019)

Ver noticia III, (Ourense deportivo – dixital), 16.4.2019

Ver noticia II, (Ourense deportivo – dixital), 13.4.2019

Ver noticia I, (Faro de Vigo, 13.4.2019)

 

          

Antón Lorenzo Mosquera Prata en S-8                                       Martín e Laura Gómez Carreño, 2 Bronces en S-16

 

**

Faro de Vigo entrevista ao Presidente do Club Xadrez Ourense

Elías  González reflexiona sobre os últimos éxitos acadados por os nosos deportistas en Alicante, Turquía e Padrón

 

O  Presidente do Club Deportivo Xadrez Ourense na sede do Club

 

Ver entrevista en formato dixital,  (Faro de Vigo, 25 deAbril de2019)

Ver entrevista na prensa escrita, (Faro de Vigo, 25 de Abril de 2019)

 

**

Adrián Gómez Diéguez proclámase subcampeón de España

O Xoven xadrecista do Club Xadrez Ourense, empatou no 1º posto, no nacional para Universitarios de Alicante. 

David e Adrián Gómez Diéguez, 7º e 2º de España Universitarios en Alicante 2019

 

Hoxe Xoves día 11 remataba o Campionato de España de xadrez para deportistas en idade universitaria, disputado en Alicante os días 9, 10 e 11 de Abril.

Unha competición de moi alto nivel, na que ata 69 dos 72 participantes tiñan ránking internacional e ata 17 xadrecistas ostentaban titulacións internacionais de Mestría.

Adrián Gómez Diéguez, (Ourense 29.8.1998), que partía co número 13 do ránking inicial, realizou unha soberbia actuación, que culminou na matinal de hoxe Xoves superando con pezas brancas e nunha espectacular partida ao Mestre valenciano Francisco Sánchez, o que lle valía ao ourensán o empate no 1º posto, compartido con Suárez Uriel, que únicamente por escaso marxe de coeficiente, rematou por diante de Adrián Gómez, compartindo iso sí, ambos o primeiro posto, con 7.5 puntos dos 9 posibles.

Pola Súa parte o tamén Ourensán David Gómez Diéguez, (irmán de Adrián, Ourense, 6.6.1995), tamén realizou unha positiva actuación, rematando no 7º posto de entre os 72 participantes, con 6.5 puntos conseguidos.

Os irmáns Gómez Diéguez, militan ambos no equipo do Club Xadrez Ourense “A”, que no vindeiro mes de Agosto, xunto con Iván Salgado, entre outros, tomará parte na Liga Española de 1ª División, en Linares (Jaén).

Tamén hai que salientar, que os dous membros da saga Gómez Diéguez, obtiveron ao longo de 2018, as titulacións internacionais de Mestre Fide.

Por Universidades, e no relativo á clasificación combinada, a Universidade de Santiago de Compostela (USC), conseguiu o primeiro posto, por diante da UNED e da Politécnica de Valencia.

               Ver Clasificación Completa Campeonato de España Universitario 2019

 

Ver noticia IV, (El Progreso, 16.4.2019), edición dixital

Ver noticia III, (Faro de Vigo, 12.4.2019)

Ver noticia II, (La Región, 12.4.2019)

Ver noticia I, (La Voz de Galicia, 12.4.2019)

**

Iván Salgado, no  Europeo Individual de Skopje (Macedonia)

O  Gran Maestro Ourensano, finaliza empatado ao posto 59º, con 6.5 puntos.

 

A capital Macedonia de Skopje, acolleu entre os días 18 e 29 de Marzo o Europeo Individual, no que tomaron parte 360 especialistas de toda Europa, entre eles, Iván Salgado (Xadrez Ourense)

 

Iván, que desde 2017 milita nas filas del Club Deportivo Xadrez Ourense, comenzou cun inesperado traspés na primeira xornada ante o Serbio Goran Arsovic, posteriormente e pese a unha meritoria remontada, algún problemas físicos na recta final do evento, impediron que Iván realizara mellor actuación, finalizando pese a todo, empatado ao posto 59º de entre 360 xadrecistas.

 

Ver Clasificación final

Ver nota de prensa III, (La Región, 29 de Marzo)

Ver nota de prensa II, (La Voz de Galicia, 29 de Marzo)

Ver nota de prensa I, (Faro de Vigo, 29 de Marzo)

 

**

Pilar García Ruiz, Bronce Autonómico Xuvenil Feminino

Durante as datas de entroido tiveron lugar os Ctos. Galegos Xuvenil e Infantil en Cangas do Morrazo

 

Club Xadrez Ourense volve a ser unha das entidades máis participativas nos campeonatos autonómicos Sub-18 e Sub-14

 

Entre os días 2 e 5 de Marzo tiveron lugar os Campionatos Galegos Individuais das categorías Xuvenil (Sub-18) e Infantil (Sub-14) na pontevedresa localidade de Cangas do Morrazo, cita á que se desplazou unha nutrida representación Ourensana pese ás sinaladas datas do Entroido.

Cerca dun centenar de xóvenes xadrecistas, entre ambas categorías, procedentes dunha gran parte dos casi 100 Clubs de xadrez que hai en Galicia, déronse cita para pelexar por unha praza para o Nacional do próximo verán. Hai que salientar que os Campinoatos Galegos individuais do resto das categorías (Sénior, Sub-16, Sub-12, Sub-10 e Sub-8), terán lugar o vindeiro mes de Abril na Coruñesa vila de Padrón, cita para a que se agarda unha gran representacións da nosa provincia.

O éxito máis destacado foi o bronce acadado en Categoría Sub-18 feminina pola xadrecista do Club Xadrez Ourense, Pilar García Ruiz, que ainda en categoría Sub-16 foi quén de acadar o pódio, situándose 3ª clasificada Galega, sumando así o seu cuarto pódio individual a nivel autonómico na súa traxectoria deportiva individual, a través das diferentes categorías, nos últimos anos.

Nesta Categoría, os ourensáns mellor clasificados na clasificación Xeral foron César Pérez (Universitario de Ourense), Mateo Díaz (Xadrez Ourense) e Marcos Vázquez (Xadrez Ourense) que remataron, todos eles, con 5 dos 8 puntos en litixio, empatados ao posto 6º / 13ª, de entre os 35 participantes desta categoría Xuvenil, (Sub-18).

Xa dentro da categoría Infantil (Sub-14), hai que resaltar a competición realizada por Xacobe Conde Riveiro (Xadrez Ourense), que estivo batallando nos postos de privilexio durante a maior parte da competición, sendo o único xogador capaz de arrancar un empate ao número 1 e indiscutible campeón, o Pontevedrés Rubén Fernández, que rematou con 7.5 puntos dos 8 posibles. Xacobe únicamente se viu afastado do pódio na recta final, tras un amargo Martes, nos que perdeu as dúas últimas partidas disputadas, das que si solamente vencese nunha das dúas, houbese acadado, mínimo, o bronce autonómico. Pese a todo, hai que destacar o excelente nivel demostrado por Xacobe durante a maior parte da competición.

Os ourensáns mellor clasificados nesta categoría Infantil, (Sub-14), foron Xacobe Conde (Xadrez Ourense) e Iván Dopazo (Xadrez Ourense), ambos con 5 puntos remataron empatados aos postos 12º / 18º, tamén hai que destacar o torneo realizado polo xoven xadrecista Manuel López Conde (Club Xadrez Benchoshey), que sendo ainda Sub-12, conseguiu 4.5 puntos e por tanto situarse no posto 25º de entre os máis de 60 participantes.

Un ano máis convén destacar a ampla presencia dos deportistas do Club Xadrez Ourense como entidade de referencia autonómica, sendo un dos Clubs máis participativos nestas citas autonómicas Xuvenil e Infantil, chegando este ano 2019 a enviar ata 7 deportistas.

Ver clasificación Sub-14

Ver clasificación Sub-18

 

Ver nota de prensa III, (La Región, 7.3.19)

Ver nota de prensa II, (Faro de Vigo, 7.3.19)

Ver nota de prensa I, (La Voz de Galicia, 7.3.19)

 

 

Pilar García, Bronce Sub-18 feminino nos Ctos. Galegos Individuais 2019

**

 

 Club Xadrez Ourense presente no Congreso Mundial EDUCA

O Adestrador Deportivo de Xadrez David González Gándara foi ponente neste importante foro internacional sobre educación.

O Docente e Adestrador Deportivo titulado por Xadrez, David González Gándara, na súa ponencia  durante o “Congreso mundial EDUCA”

 

A Cidade da Cultura de Santiago de Compostela acolleu, entre os días 21 e 23 de febreiro o Congreso Mundial de Educación EDUCA ó que acudiron máis de 800 docentes. O evento, organizado pola plataforma para a mellora da calidade educativa EDUCA, en colaboración coa Universidade da Coruña é un foro de intercambio de coñecemento e experiencias didácticas entre profesorado e alumnado de todas as etapas educativas e materias.

 

O noso club estivo representado por David G. Gándara, que presentou unha comunicación sobre a inclusión do xadrez no sistema educativogalego desde o currículo oficial. Aínda que algúns institutos xa ofrecen a materia optativa  de xadrez, os colexios de primaria non acaban de dar o paso e o xadrez segue sendo unha actividade extraescolar. Despois de expoñer a relación do xadrez coas competencias clave, David presentou unha serie de propostas prácticas para articular tanto actividades nas materias de matemáticas, linguas, etc., relacionadas co xadrez como para a creación dun área propiamente de xadrez, que encaixaría nos centros como área de libre configuración noscursos de 4ºe 6º de primaria.

 

**

Campeonatos Provinciais Individuais 2019

Ata 180 xadrecistas, desde Sénior a prebenxamín, loitaron buscando praza para os Ctos. Autonómicos

 

Os días 18 e 19 de Xaneiro tiveron lugar os campeonatos provinciais individuais de categorías, que xunto ao provincial Sénior, rematado o pasado día 13 nos salóns de “La Troya”, foron todos eles clasificatorios para os campeonatos autonómicos que terán lugar os vindeiros meses de Febreiro e Abril.

En total, nestos campeonatos provinciais de 2019, reuníronse un total de 180 participantes, dos cuales, unha grande parte asistirán aos próximos campeonatos autonómicos.

As sedes do Centro Cívico de A Ponte e os locais do Club Xadrez Ourense foron escenario das categorías que van desde Sub-18 (Xuvenil) ata Sub-8, (Prebenxamín).

Ao pódio de vencedoes da pasada semana dentro da categoría Sénior, formado por J. Antonio Bello, (Liceo), Xacobe Conde (Xadrez Ourense) e Mateo Díaz (Xadrez Ourense), hai que sumarlle o resto de pódios de vencedores do resto das categorías:  En Xuveniles foi vencedor César Pérez (Universitario), 2º Mateo Díaz (Xadrez Ourense) e 3º Marcos Vázquez (Xadrez Ourense), xa en cadetes o triunfo foi para Martín Gómez Carreño (Xadrez Ourense), seguido de Mateo Díaz (Xadrez Ourense) e César Pérez (Universitario), estos dous últimos xadrecistas, fixeron respectivamente triplete e doblete en cuanto a medallas, entre todas as categorías.

Xa en Sub-14 o vencedor foi Xacobe Conde Riveiro, (Xadrez Ourense) seguido do seu compañeiro de Club Iván Dopazo e de Alejandro Garrido (Benchoshey), En sub-12 o ouro foise para Manuel López (Benchoshey), seguido de Tristán Alonso (Xadrez Verín) e de Benjamín Diéguez (Benchoshey).

Xa dentro dos máis cativos, o pódio sub10 quedou configurado por Goyo Fernández (Liceo), Luca González (Benchoshey) e Sabela Conde (Xadrez Ourense), mentres que en sub-8 o ouro foi para Mateo Martínez (Benchoshey), Julio Fernández (Liceo) obtivo a prata e Iker Ferro do Benchoshey (bronce).

Por Clubs o Medalleiro Provincial 2019, quedou liderado polo Club Deportivo Xadrez Ourense con nove premiados, seguido de Benchoshey con 6 medallistas, O Liceo de Ourense obtivo 3 galardonados, e completaron o medalleiro Universitario de Ourense con dúas medallas e Xadrez Verín con un pódio.

A este dato hai que engadir que Club Deportivo Xadrez Ourense foi tamén a entidade máis participativa cun total de 78 deportistas dos 180 totais.

 

VER MEDALLEIRO XERAL PROVINCIAL 2019

 

Ver nota de prensa III, (La Región, 29 de Xaneiro)

Ver nota de prensa II, (Faro de Vigo 22 de Xaneiro)

Ver nota de prensa I, (La Voz de Galicia, 22 de Xaneiro)

 

Ver Clasificación Provincial Sub-8

Ver Clasificación Provincial Sub-10

Ver Clasificación Provincial Sub-12

Ver Clasificación Provincial Sub-14

Ver Clasificación Provincial Sub-16

Ver Clasificación Provincial Sub-18

Ver Clasificación Provincial Senior

Ver Galería de Imaxes dos vencedores

Bases da competición

 

**

146 xadrecistas ourensáns con Ránking Internacional na lista de 1 de Xaneiro de 2019

Club Deportivo Xadrez Ourense, con ata 47 xadrecistas con ELO FIDE, referente dentro do panorama provincial e autonómico.

 

 

O 1 de Xaneiro de 2019 a FIDE publicou a nova lista de ránking internacional na que figuran ata 146 xadrecistas federados nos Clubes da nosa Provincia. O Club Deportivo Xadrez Ourense posicionase como entidade de referencia no ámbito provincial e autonómico con ata 47 xadrecistas con ránking internacional. Tamén hai que salientar os 22 xadrecistas con ELO cos que conta o Club Universitario de Ourense, os 21 do Xadrez Benchoshey ou os 15 do Xadrez Verín, entre outros. En cuanto aos titulados, novamente Club Xadrez Ourense sitúase á cabeza, con ata 10 deportistas titulados que se reparten ata 13 titulacións internacionais, seguido dentro da nosa provincia do Xadrez Verín e do Liceo Recreo con 2 titulados por entidade respectivamente, sen esquecerse do Xadrez Valdeorras que tamén conta con 1 titulado internacional.

VER LISTA ELO FIDE OURENSÁNS 1.1.2019

 

**

Campeonato de Reis en Carballiño

Unha trintena de participantes neste torneo de iniciación das Escolas de Base

 

O 5 de Xaneiro tivo lugar o torneo de xadrez de Reis en Carballiño, coa organización do Concello anfitrión e coa participación dunha trintena de xóvenes xadrecistas de diferentes escolas de base da Provincia.

As monitoras Nacionais do Club Xadrez Ourense, Alba Rodríguez e Graciela Gómez dirixiron un bonito torneo na matinal da víspera de Reis nos locais facilitados polo Concello anfitrión, que tamén participou cos premios. O campeón do torneo foi o Infantil Iván Dopazo Vázquez seguido de Jorge Cid Álvarez, subcampeón do torneo.

VER CLASIFICACIÓN COMPLETA

**

Campeonato do Mundo de xadrez rápido e Xadrez Relámpago 2018

San Petersburgo (Rusia), acolle un mundial, nos que entre os mellores do mundo, participa Iván Salgado

O G.M. do Club Xadrez Ourense Iván Salgado ante o Campeón mundial, Magnus Carlsen

 

Entre os días 26 e 28 de Decembro para a modalidade de rápidas e nos días 29 e 20 de Decembro para a espectacular modalidade “relámpago” (Blitz), se dan cita na cidade rusa de San Peterburgo máis de 200 especialistas de entre os mellores xadrecistas do mundo, entre eles o Gran Mestre ourensán, Iván Salgado López, (Ourense, 1991).

Rematada a modalidade de rápidas na tarde do 28 de Decembro, hai que salientar o posto empate no posto 89º obtido por Iván Salgado (entre 206 participantes), un Iván Salgado que tivo o momento máis relevante da súa competición cando na 6ª rolda se mediu ao vixente campeón do mundo, o noruego Magnus Carlsen.

 

Iván, que partía co nº 76 tiña a difícil tarefa de enfrentar a todo un Magnus Carlsen, non obstante, e durante varios momentos da partida, a proeza do ourensán estivo rondando o taboleiro, finalmente o cronómetro e algunha lixeira imprecisión fixeron que o noreugo se impuxese en 33 lances.

 

Desde o seu Club, o Xadrez e Ourense, así como tamén todos os aficionados da provincia, púdose seguir a retransmisión en directo e vivirse con con moita expectación a partida, na mediodía do xoves 27 de Decembro.

 

Ver nota de prensa IV, (Región, 28 de Decembro)

Ver nota de prensa III, (Región, 28 de Decembro – portada)

Ver nota de prensa II, (Faro de Vigo, 28 de Decembro)

Ver nota de prensa I, (Voz de Galicia, 28 de Decembro)

Ver crónica da 2ª xornada e comentarios á partida (PDF)

Ver video da partida Magnus Carlsen vs. Iván Salgado

 

**

A  Asociación de Veciños de Barrocás comunica que non seguirá organizando o “Aninovo Barrocás”

O clásico aberto de nadal fundado por Manuel Villar en 1985  chegaría este ano á súa XXXIV edición

 

Unha infeliz noticia para todo o xadrez ourensán chegaba a mediados de Novembro cando a Asociación de Veciños de Barrocás comunicou ao Concello de Ourense a súa decisión de non seguir organizando o tradicional “Aninovo”, proba deportiva, que xunto co Rally de Ourense, o descenso do Miño e a popular San Martiño, era un dos 4 eventos deportivos máis veteranos e arraigados na nosa provincia, sendo dentro da xadrez, o torneo decano de Galicia.

En 1985 o inesquecible Manuel Villar fundou o torneo, unha proba xadrecística que se mantivo durante 33 anos, nun escenario que viu pasar por os seus taboleiros a miles de xadrecistas ourensáns e galegos, moitos deles debutarón en Barrocás, e en moitos dos casos, décadas máis tarde, moitos seguían acudindo a esta entrañable cita que sempre congregou a centos de participantes dende os máis xóvenes ata os máis veteranos que participaban nas súas 7 categorías.

Un dos xadrecistas máis coñecidos entre os que descubriron o xadrez grazas ao “Aninovo” é, sen dúbida, o Gran Mestre, e 7 veces campeón de España, Iván Salgado, que debutou en Decembro de 1997 nos salóns da Asociación de Veciños, durante a celebración da XII edición.

Precisamente Iván Salgado, nun desexo constructivo e solidario coa grande familia do xadrez ourensán, envía unha carta na que mostra o seu grande cariño coa figura de Manolo Villar e recoñece o amplo significado que ten este torneo para as 3 últimas décadas do xadrez en Ourense, dita carta asinada por Iván, foi recentemente escrita polo G.M. ourensán na súa residencia habitual en Sofía, (Bulgaria).

 

Ver Carta de Iván Salgado.

 

**

I Aberto Escolar de Nadal “Carmelitas Vedruna”

Éxito participativo na 1ª edición deste torneo escolar que reuniu a 200 participantes

O pasado sábado 22 de Decembro tivo lugar a 1ª edición do Aberto Escolar “Nadal – Carmelitas Vedruna”, que reuniu a 200 xóvenes xadrecistas de entre 6 e 16 anos.

Co Colexio Carmelitas e co seu Club Deportivo, o Club Vedruna, como anfitrións e o Club Deportivo Xadrez Ourense desenvolvendo a parte técnica, pode calificarse como un éxito esta primeira edición dun aberto escolar que pasa a ocupar o protagonismo no xadrez ourensán dentro das datas de nadal.

O evento citou a dous centenares de participantes, moitos deles con ránking internacional, resultando vencedores Martín Gómez Carreño (do Club Xadrez Ourense e estudante do Centro anfitrión), na categoría sub-16, en sub-14 resultou vencedor Miguel Reza Salgado, en Alevíns Benjamín Diéguez Nóvoa, en Benxamíns o primeiro posto foi para Pura Diéguez Nóvoa e en Sub-8 rematou vencedor Luca González Guede.

Por Clubes a entidade máis galardonada foi Club Xadrez Ourense con 12 premios, seguido de Benchoshey con 7 premiados, Universitario de Ourense obtivo 3 podiums, Xadrez Verín conquistou 2 pódios e Club Xadrez La Troya acadou 1 pódio.

A gran familia do Xadrez Provincial agradece ao Colexio Carmelitas de Ourense esta iniciativa, secundada no terreo técnico polo Club Xadrez Ourense, nun Nadal moi significativo, no que o clásico Aninovo Barrocás deixou de facerse por parte da Asociación de Veciños deste barrio ourensán, pero grazas a esta iniciativa do Centro Carmelitas, todos os xóvenes da nosa provincia seguen a ter unha importante cita co xadrez durante as vacacións de nadal.

VER CLASIFICACIÓNS COMPLETAS

Ver nota de prensa VI, ( Faro de Vigo 24.12.18)

Ver nota de prensa V, ( La Región, 23.12.18)

Ver nota de prensa  IV, ( La Voz de Galicia, 23.12.18)

Ver nota de prensa III, ( Faro de Vigo 21.12.18)

Ver nota de prensa II, ( La Región, 21.12.18)

Ver nota de prensa I, ( La Voz de Galicia, 21.12.18)

**

O Xadrez Ourensán de noraboa

Iván Salgado remata 8º no Europeo Individual de Skopje (Macedonia) e Adrián Gómez acada a categoría de M.F. en Benidorm

 

O Xadrez Ourensán volve a estar de noraboa tras uns días festivos nos que as boas noticias para o chegaron desde diferentes latitudes, de mans, por unha parte, dun dos máximos embaixadores do noso deporte, Iván Salgado (Ourense, 1991) e por outra parte, do xoven xadrecista Adrián Gómez Diéguez (Ourense, 1998). Ambos compañeiros de Club, no primeiro equipo do Club Xadrez Ourense. En Skopje, (Macedonia), celebrouse os días 6 e 7 de Decembro o Campionato de Europa Individual de xadrez relámpago (modalidade de Blitz), no que tomaba parte o G.M. ourensán Iván Salgado López, entre máis de 300 xadrecistas de toda Europa, (máis de 200 deles titulados internacionais).

Iván, tras unha soberbia actuación, que lle levou incluso a liderar a proba tras as 10 primeiras partidas disputadas, tras as que marchaba líder con 9.5 puntos sobre 10, finalizou no posto 8º tras ter que enfrentar a duros rivais de élite mundial como o G.M. Ruso, e finalmente campeón, Vladislav Artemiev ou o nº 1 Checo, o G.M. David Navara. Iván rematou realizando unha perforrmance de 2663 de ránking e obtivo unha cosiderable subida, 97,2 puntos de ránking Blitz.

 

G.M. Iván Salgado López,  8º no Europeo individual de Skopje 2018

 

Completa, deste xeito, Iván Salgado un positivo ano 2018, no que pecha o curso con este 8º posto no Europeo de Macedonia, ao que hai que sumarlle o cuarto posto no nacional da modalidade de xadrez rápido mailo ascenso á Primera División Nacional o pasado Agosto en Linares co seu equipo, o Club Xadrez Ourense.

Si ben, convén facerse eco de que 2018, foi un ano no que por unhas  dificultades físicas, xa felizamente superadas, non pudo acudir á cita olímpica de Batumi (Xeorxia), coa Selección Española (coa que estaba convocado) e, foi un ano tamén, no que non puido revalidar o seu título de Campeón de España Individual, obtido en 2017, ao ter que retirarse do nacional individual en Agosto pasado, por os motivos xa mencionados.

 

Ver Clasificación Completa Europeo de Blitz 2018

Ver Clasificación Completa Europeo de Rápidas 2018

 

Ver nota de prensa III, (La Región, 13.12.18)

Ver nota de prensa II, (Voz de Galicia, 11.12.18)

Ver nota de prensa I, (Faro de Vigo, 11.12.18)

 

 

Pola súa parte, o xoven Adrián Gómez Diéguez, viaxaba nestas datas ata terras Alacantinas para disputar o “VII Open Internacional de Benidorm”, unha importante cita na que tomaron parte ata 140 xadrecistas, representantes de máis de 20 países, e á que Adrián acudía co firme obxecivo de sumar os 11 puntos que lle separaban dos 2300 necesarios para obter a titulación de Mestre FIDE, condecoración que otorga a Federación Internacional aos xadrecistas que logran tan difícil obxectivo.

Adrián Gómez Diéguez, Novo Mestre FIDE

 

Casi ao máis puro estilo “Bobby Fischer” na final de Reykiavik de 1972 ante o  soviético Boriss Spassky, na que o carismático americano perdeu a 1ª partida do match de forma incomprensible para todo un campeón mundial e posteriormente non acudiu, baixo protesta dirixida á organización, á 2ª das partidas daquel match que finalmente acabou gañando por 12.5 a 8.5 e que lle supuxo a coroa mundial en plena guerra fría,  Adrián comenzou en Benidorm casi de idéntico xeito, ainda que por motivos diferentes, xa que tivo que solicitar á organización non ser emparellado na 1ª das 10 xornadas (por motivos profesionais), e posteriormente perdeu a súa primeira partida “real” sobre o taboleiro (2ª xornada), de forma inesperada, ante o valenciano Moreno Torralba. Pero a reacción de Adrián non se fixo agardar e un tras outro foi superando aos seus rivais logrando unha serie de 6 de 7 nas partidas seguintes (sen derrotas), plantándose na derradeira xornada, ante o Ucraíno Vladimir Chernikov (quen non tiña perdido partida ata o momento), e coa necesidade de vencer para obter a puntuación requerida para a desexada titulación de M.F.  Nunha complicada partida, que os aficionados ourensáns puderon seguir en directo grazas á retransmisión online, Adrián superou un difícil medio-xogo para entrar nun final de partida con poucas pezas pero cun bispo e unha torre moi activos, feito que rematou por darlle vantaxe decisiva nunha transición hacia un final de reis e peóns, que rematou dándolle o punto desexado punto que se traducía nunha actuación de +15 de ránking internacional, un 7º posto neste prestixioso  Open Internacional de Benidorm (empatado co segundo clasificado), e o máis importante, a titulación de Mestre Fide, convertíndose no cuarto xadrecista ourensán da historia en acadar un título internacional de Mestría. Hai que lembrar que último xadrecista ourensán en obtelo foi precisamente seu irmán, David Gómez Diéguez, (Ourense, 1995), o pasado mes de Agosto.

 

Ver Clasificación VII Open Internacional de Benidorm “Sub 2300”

**

Positiva actuación dos xóvenes Ourensáns no Open de Carballo

Martín Gómez rematou 3º e Marcos Vázquez sube máis de 30 puntos o seu ránking FIDE

Marcos Vázquez e Martín Gómez, protagonistas en Carballo

 

Entre os días 6 e 9 de Decembro, disputouse na coruñesa localidade de Carballo a 2ª edición do Open que leva o nome da vila, a respresentación dos xóvenes do Club Xadrez Ourense foi ampla, e hai que salientar o 3º posto obtido por Martín Gómez, (únicamente por detrás dos titulados Internacionais Marcos Medarde e Diego Espiñeira) e os máis de 30 puntos de subida no seu ránking de Marcos Vázquez, (que rematou nun moi positivo 6º lugar), sen esquecerse da tamén moi positiva actuación de Laura Gómez, que rematou vixésima, nunha proba con casi 50 participantes, e subiu casi 20 puntos o seu ránking. ¡Noraboa a todos eles!

Ver Clasificación Completa.

 

**

Máis de 120 xóvenes participantes na II edición do “Sportur Galicia” de Xadrez

Xadrez Ourense con 10 premiados, Benchoshey con 8 e Universidade con 2, repartíronse os pódios

 

O Sábado 17 de Novembro tivo lugar a 2ª edición do campeonato de Xadrez “Sportur Galicia”, celebrado no marco deste macro salón galego do deporte e do turismo activo, que tivo lugar ao longo dos días 15,16 e 17 de Novembro no recinto de feiras e exposicións de Ourense, (Expourense).

 

Esta 2ª edición do torneo de xadrez acolleu a máis de 120 participantes procedentes de numerosas escolas de xadrez de Ourense e provincia, correndo a dirección técnica e os arbitraxes a cargo do Club Deportivo Xadrez Ourense.

 

Ainda que a principal intención deste torneo era a parte divulgativa e conseguir achegar o deporte do xadrez aos visitantes do salón “Sportur Galicia”, hai que facer mención ao alto nivel que se presenciou na cita, con máis de 10 xóvenes xadrecistas con ránking internacional.

 

Na categoría Sub-14 (Infantil), os premios foron para Miguel Reza (Universitario), Marcos Reza (Universitario), Laura Gómez (Xadrez Ourense), Marcos Vázquez (Xadrez Ourense) e Iván Dopazo (Xadrez Ourense).  Dentro da categoría Alevín os cinco galadornados foron Marcos García (Xadrez Ourense), Manuel López (Benchoshey), Hugo Alcalde (Benchosey), Jorge Cid (Xadrez Ourense) e Alba Pérez (Xadrez Ourense).

 

No tocante ás categorías dos máis xóvenes (Benxamín e Prebenxamín) os premiados repartíronse do seguinte xeito, en Benxamín (Sub-10) os cinco mellor clasificados foron Gabriel Alcalde (Benchoshey), Diego Martínez (Benchoshey), Iván Diz (Benchoshey), Jorge Centeno (Xadrez Ourense) e Nicolás Fernández (Xadrez Ourense), mentres que na categoría dos máis xóvenes (Sub8 ou prebenxamín), as 5 mellores puntuacións foron para Mateo Martínez (Benchoshey), Luca González (Benchoshey), Hugo Menor (Benchoshey), Antón Lorenzo (Xadrez Ourense) e Brais Martínez (Xadrez Ourense).

 

Xa por Clubs, Xadrez Ourense foi o máis galardonado con ata 10 premios, Benchoshey con 8 e finalmente, Universitario de Ourense obtivo 2 pódios.

 

Ver Clasificación Completa

Ver Galería de Imaxes do Torneo

Ver Galería de Imaxes dos premiados

 

Ver nota de prensa VI, (Faro de Vigo, 20 de Novembro)

Ver nota de prensa V, (La Voz de Galicia, 20 de Novembro)

Ver nota de prensa IV, (La Región, 20 de Novembro)

Ver nota de prensa III, (La Región, 20 de Novembro)

Ver nota de prensa II, (La Región, 18 de Novembro)

Ver nota de prensa I, (La Región, 18 de Novembro)

 

Ver enlace  “Telexornal” RTVG, 17 de Novembro:    http://www.crtvg.es/informativos/expourense-acolle-o-salon-do-deporte-o-turismo-activo

 

**

O Gran Mestre, Iván Salgado, protagonista no Mundial para xóvenes de Santiago

Iván Salgado, aterrizou en Compostela o Luns día 12, tras soberbia actuación na Bundesliga

 

O G.M. Iván Salgado con M.I. Yudania Hernández, A.I. David González e Elías González.  (Foto: Patricia Claros Aguilar)

 

O G.M. Iván Salgado López, (Ourense 1991), ven de realizar unha soberbia actuación na Bundesliga os días 10 e 11 de Novembro, (Hamburgo), tras disputar dúas xornadas da prestixiosa competición alemana e  obter respectivamente, ante os G.M. de élite mundial, Markus Ragger (Austria) e Antón Demchemko (Russia), 1.5 dos 2 puntos en litixio cunha victoria con pezas negras e un empate con brancas, escalando 8 valiosos puntos no seu ránking internacional.

 

Iván regresa ao “taboleiro internacional”, tras non ter podido participar na olimpiada de países de Batumi (Georgia), disputada a comenzos do pasado Outubro, cita á que estaba convocado como número 2 dos cinco xadrecistas que compoñen a Selección Española masculina,  cita á que non puido viaxar por motivos físicos dos que xa está recuperado, pero que xa no pasado mes de Agosto lle levaron a ter que retirarse do Campeonato de España individual absoluto na 6ª xornada, torneo no que defendía o titulo nacional conseguido en 2017.

 

El Luns día 12 o G.M. Ourensán e actual número 1 do Club Deportivo Xadrez Ourense (no que milita desde 2016), aterrizaba en Lavacolla para compartir nunha doble xornada de protagonismo como convidado nas actividades paralelas que se organizan en torno ao Campeonato do Mundo para xóvenes que se disputou o 3 e o 15 de Novembro na Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela.

 

Na xornada do Luns día 12 de Novmebro, o 7 veces campeón de España individual,  foi recibido polos presidentes da Federación Española, Javier Ochoa e da Federación Gallega, Gaspar Pérez, e acompañado polo presidente do seu Club, posteriormente, visitaron de xeito informal a sede e a sala de competición do Mundial, onde Iván firmou autógrafos e fíxose numerosas fotos con xóvenes españois e doutros países, tamén tivo a ocasión de compartir “in-situ” a 7ª xornada de competición cos seus compañeiros de Club Xadrez Ourense que estiveron na cita mundialista, Yudania Hernández (que acudiu ao mundial como adestradora dos máis xóvenes da expedición Española) e con David González, Árbitro FIDE,  (que estivo presente como integrante da plantilla de xuices árbitros da cita mundialista).

 

Xa na matinal do Martes día 13, Iván Salgado disputou unha exhibición de partidas simultáneas no  corazón de Santiago de Compostela, (Claustro do Centro Rosalía de Castro) ante numeroros aficionados e sobre todo xóvenes de varias nacionalidades participantes no mundial.

 

No referente á competición e no que aos deportistas ourensáns que se achegaron a participar nela, hai que facer mención a Escarlata Alonso (Xadrez Verín), que conseguiu 2 puntos na categoría S8 feminina, e rematou no posto 81º, mentres que Goyo Fernández (Liceo Recreo), rematou no posto 180º con 4 puntos, tamén en S8, pero no sector masculino. rematando no posto 81º. Pura Diéguez (Benchoshey), obtivo 4 puntos na categoría S10 feminina e rematou no posto 99º, mentres que na mesma categoría, Julio Fernández (Liceo Recreo), rematou no posto 120º con 3.5 puntos. Xa en categoría S12, Tristán Alonso (Xadrez Verín), rematou 160ª con 4.5 puntos, e o trío do Benchoshey nesta categoría, composto por Benjamín Diéguez (178º), Alejandro Garrido (180º) e Francisco Álvarez (197º), remataron con 3.5, 3.5 e 1 puntos, respectivamente.

 

Ver nota de prensa IV, (La Región, 20 de Novembro)

Ver nota de prensa III, (La Voz de Galicia, 15 de Novembro)

Ver nota de prensa II, (Ourense Deportivo Dixital, 15 de Novembro)

Ver nota de prensa I, (La Voz de Galicia Dixital, 15 de Novembro)

 

 **

Alejandro de León, (Xadrez Ourense),  imponse nunha nova modalidade da Copa Deputación 2018

O Sábado 10 de Novembro tivo lugar no Centro Cívico de A Ponte e organizado pola AXOU a 1ª edición da Copa Deputación Individual de Xadrez “Random 960”, no que o veterano xadrecista do Club Deportivo Xadrez Ourense impúxose e obtivo o primeiro posto nunha nova modalidade, que se suma ao xa conseguido na modalidade de xadrez rápido e tamén ao obtido co seu equipo, o Club Xadrez Ourense “A” na Copa Deputación por equipos 2018.

 

Ver nota de prensa II, (Faro de Vigo, 13 de Novembro)

Ver nota de prensa I, (La Voz de Galicia, 13 de Novembro)

 

**

Club Deportivo Xadrez Ourense, doblete na Copa Deputación de Clubs 2018

Os nosos equipos Sénior e Infantil conquistaron os respectivos 1º postos nesta edición da Copa Deputación 2018

 

Na imaxe, Héctor Gómez, Adrián Gómez, Martín Gómez, Paula Baliño, Alejandro De León e Jesús Conde

 

Club Deportivo Xadrez Ourense cumpliu os pronósticos e acadou a victoria na categoria senior ao totalizar 18 puntos nunha emocionante edición,   seguido do Benchoshey  que foi subcampeon con 17 e do Universitario de Ourense,  que foi terceiro con 16 puntos. 

Na categoría sub14 (infantil),  Club Deportivo Xadrez Ourense tamén se impuxo,  nesta categoría ainda con máis claridade que na Sénior,   con 14 puntos,  Xadrez Ourense rematou seguido do subcampeon Benchoshey Sub14,  con 10.5 puntos. 


Na imaxe, Xacobe Conde, Marcos Vázquez, Iván Dopazo, Tiago Barbosa e Laura Gómez


O Torneo tivo formato individual con puntuación por equipos,  resultando os maximos puntaxes individuais para Xabier Gómez (Benchoshey) en senior, e para Xacobe Conde (Xadrez Ourense) en sub 14.

 

Ver nota de prensa III, (La Región, 6 de Novembro)

Ver nota de prensa II, (Faro de Vigo, 5 de Novembro)

Ver nota de prensa I, (Voz de Galicia, 5 de Novembro)

 

Ver Clasificación Completa por equipos

 

**

Deu Comenzo o Mundial de edades en Santiago de Compostela 2018

O Árbitro Internacional do Club Xadrez Ourense, David González, está presente como xuiz na cita mundialista

O 3 de Novembro deu comenzo en Santiago de Compostela  o mundial de idades das categorías sub-8 a sub-12, no que están presentes xóvenes xadrecistas de numerosos países.

O Club Xadrez Ourense está presente na cita mundialista a través do Xuiz Internacional David González Gándara, que obtivo dita titulación en 2016.

Cabe felicitar pola enorme xestión e esforzo á Federación Galega de Xadrez por conseguir dar acollida na nosa terra a unha cita de tal relevancia internacional, e persoalmente a quen creeu desde o primeiro instante en que tal evento era posible, ao  presidente da FEGAXA, Gaspar Pérez Carnero.

 

**

Copa Deputación de Xadrez Rápido 2018

Alejandro De León, Elvira Jing e Salvador Rey, fixeron pódio na Copa Deputación relámpago en categoría Sénior, (todos eles do Xadrez Ourense)

 

O sábado día 13 de Outubro tivo lugar no Campus Universitario de Ourense a edición 2018 da Copa Deputación na súa modalidade de Xadrez Rápido, na que o vencedor Absoluto resultou ser Alejandro De León (Xadrez Ourense).

O Club Xadrez Ourense foi o máis galardonado con ata 10 dos 20 podios en litixio, outros xadrecistas do noso Club como Salvador Rey, Elvira Jing Negreira, Adrián Vázquez, Iván Dopazo, Laura Gómez, Tiago Barbosa, Hugo Arribas, Marcos García ou Aitor Gutiérrez, tamén resultaron premiados. Noraboa a todos eles!.

Ver reportaxe e clasificacións (xentileza ourenxadrez) – enlace: http://ourenxadrez.org/ourenxadrez/wp-content/uploads/2018/10/Copa-deputacion-rel%C3%A1mpago-2018-clasificaci%C3%B3n-e-fotos.pdf

Ver nota de prensa III, (Voz de Galicia, 16 de Outubro)

Ver nota de prensa II, (La Región, 16 de Outubro)

Ver nota de prensa I, (La Región dixital, 16 de Outubro)

 

**

Marcos Vázquez Subcampeón do Circuito Galego Sub-14 de 2018

O Xoven Xadrecista do Club Xadrez Ourense obtivo o subcampeonato  xeral, tras 6 meses de probas puntuables

Marcos Vázquez Gómez

 

Marcos Vázquez Gómez (2004), logrou o 2º posto na clasificación xeral masculina do Circuito Galego de Promoción 2018, proba oficial da Federación Galega de Xadrez en 2018.

Marcos tivo unha actuación moi regular en todas a probas puntuables disputadas entre Maio e Outubro ao longo e amplo da xeografía Galega, logrando incluso o 1º posto en varias das citas puntuables.

Ver Clasificación Xeral

 

**

Yudania Hernández, soberbia actuación na Olimpiada de Batumi (Xeorxia), coa Selección Española

A Mestra Internacional do Club Xadrez Ourense acadou 6 victorias nas 7 roldas disputadas

Entre o 23 de Setembro e o 6 de Outubro tivo lugar a 43ª edición da Olimpiada de Xadrez en Batumi (Xeorxia), na que España estivo presente coa súa selección masculina e coa feminina.

Malia ser convocado como titular, ao igual que nas últimas 5 citas olímpicas, Iván Salgado (Club Xadrez Ourense), non pudo asistir finalmente por uns problemas de saúde, xa felizmente superados.

Sí que asistiu e con moi boa actuación a nosa Mestra Internacional Yudania Hernández, xadrecista que milita dende hai varias tempadas no Club Deportivo Xadrez Ourense, e que foi peza clave na boa actuación da selección Española (que rematou nun excelente 13º posto entre 150 países participantes).

Ver Clasificación e estatitísticas

 

 

 

**

III Torneo Festa da Istoria de Ribadavia

Unha cincuentena de participantes disputaron este bonito torneo na Igrexa da Madelena

O pasado sábado día 6 de Outubro tivo lugar a terceira edición deste bonito e orixinal torneo de xadrez que por terceiro ano se disputa na igrexa da Madalena, no corazón do barriou xudeo de Ribadavia, coa organización da Coordinadora da Festa da Istoria, coa colaboración de múltiples colaboradores da comarca do Ribeiro e coa dirección técnica do Club Deportivo Xadrez Ourense.

O torneo disputouse por sistema suizo e todos os participantes xogaban nun mesmo grupo, ainda que a organización considerou a boa participación e pluralidade de idades dos xadrecistas e dispuxo premios para os cinco primeiros de cada unha das categorías Sénior, Xuvenil e Infantil, ademáis de varios sorteos entre todos os xogadores.

Nesta edición 2018 o vencedor da categoría Séniora foi Marcos Lorenzo Durán, que cumpliu os pronósticos xa que partía co número 1 do ránking inicial.

O triunfo en Xuveniles foi para Martín Gómez Carreño, que ademais remataba tamén terceiro da xeral e o máximo galarón infantil foise para as vitrinas de Iván Dopazo Vázquez.

Por Clubs o máis laureado foi o Club Deportivo Xadrez Ourense con 6 dos 15 premio en litixio, seguido do Club Liceo Recreo con 3 premiados, con 2 galardóns remataron o Laroca de Nigrán e Universitario de Ourense, e con un premiado saíron galardonados os Clubs de Xadrez de Celanova e Benchoshey de Pereiro de Aguiar.

 

 

 

Ver Clasificación Completa

Ver Galería de Imaxes

 

Ver nota de prensa II, (Faro de Vigo, 9 de Outubro)

Ver nota de prensa I, (La Región, 9 de Outubro)

 

 

**

   

Curso de xadrez 2018 / 2019  

Escola Xadrez Ourense

 

A Escola de Xadrez Ourense, a través do seu equipo de monitores e adestradores titulados (FEDA e FIDE), arranca o seu programa para o curso 2018 – 2019, desenvolvendo a súa tarefa semanal nos seus locais de Ramón Cabanillas nº 10 de Ourense, e quedando a actividade estructurada por grupos repartidos en 5 niveis (dende iniciación básica ata nivel avanzado). 

 

 

*VER TÁBOA DE GRUPOS, HORARIOS E NIVEIS

 

Tamén se están a iniciar, divulgar e promover os cursos de xadrez nos 18 centros de ensino asociados e nos que os monitores de Escola Xadrez Ourense imparten o “deporte-ciencia”.

 

*Ver táboa de horarios, grupos e niveis (PDF)

*Ver certificación oficial de técnicos titulados

*Contactar

Tamén se están a iniciar, divulgar e promover os cursos de xadrez nos 18 centros de ensino asociados e nos que os monitores de Escola Xadrez Ourense imparten o “deporte-ciencia”.

 

   * Ver cartel curso Xadrez nas Escolas 18-19

 

 

Escola Xadrez Ourense recibe a visita da Chess School “Caissa” de Hong Kong, o pasado venres día 21 de Setembro

 

O Senior Chess Trainer español, afincado en

Hong Kong, M.C. David Rivas, con Elías González, visitando as instalacións do noso Club.

 

O pasado venres día 21 de Setembro, a Escola Xadrez Ourense recibía a visita dun dos adestradores e representante da prestixiosa Escola Internacional de xadrez “Caissa” de Hong Kong, na que hai dous anos está a traballar como adestrador o Mestre Candidato de nacionalidade española David Rivas.

 

Elías González, director da Escola Xadrez Ourense, felicitou a David pola súa tarefa persoal e polos éxitos organizativos e deportivos acadados recentemente pola escola de xadrez “Caissa” do mencionado Club asiático, que inclúen, entre outros, a presenza de xóvenes valores asiáticos no próximo mundial de Santiago de Compostela o vindeiro Novembro.

 

Pola súa bande, David Rivas, lembrou os últimos éxitos do Club Xadrez Ourense no campionato de España de Clubs 2018, fixo especial referencia á valiosa incorporación de Iván Salgado ao club Xadrez Ourense, e non esqueceu mencionar a tarefa formativa e organizativa da Escola Xadrez Ourense nestes xa 15 anos de traxectoria.

 

Ambos representantes desexáronse mutuamente os mellores éxitos para os seus respectivos clubes e escolas de xadrez,  e non se descarta asinar proxectos de colaboración nun próximo futuro entre ambas entidades.

 

 

  

 

**

Charlas do Mestre FIDE David Gómez Diéguez

O recentemente titulado pola Federación Internacional como Mestre FIDE David Gómez Diéguez, imparte dúas Conferencias-Charla nos nosos locais, facendo fincapé na súa propia experiencia persoal para chegar a Mestre FIDE.

Ver galería de imaxes

 

 

 

 

**

 

Club Xadrez Ourense ascende á 1ª división nacional, na que militará en 2019

O conxunto ourensán logra o subcampeonato no Nacional de Linares entre 28 equipos

 

Un momento do enfrentamento entre os Ourensáns de Salgado e os levantinos comandados por Vallejo

 

Entre o 14 e o 18 de Agosto disputouse no “Wimbledom” do xadrez, (Linares),  o campionato de España de equipos ao que, co Gran Mestre Iván Salgado como primeiro espada, acudía o Club Deportivo Xadrez Ourense.

Aos ourensáns agardáballes unha difícil proba, con ata 28 fortes escuadras procedentes de todo o panorama nacional, con equipos tan potentes como Laboratorios Sys de Paterna, os madrileños do Villalba 64, Caja Granada ou os maños do Estadium Casablanca, entre outros.

Tras as 7 roldas disputadas os ourensáns obtiveron 11 dos 14 puntos en litixio e lograron un histórico subcampionato, únicamente remataron por detrás dos levantinos do “Sys” de Paterna, escuadra con ata 4 Grandes Mestres e comandados por Paco Vallejo, que obtivo 13 puntos, cedendo un único empate precisamente ante o Club Deportivo Xadrez Ourense.

Este segundo posto dalles dereito ao ascenso para 2019 a este xoven conxunto ourensán, que presentou no seu quinteto titular ao G.M. Iván Salgado (1991), ao tamén recentemente proclamado G.M. Jorge Viterbo (1994), ao flamante M.F. David Gómez (1995), ao xoven Adrián Gómez (1998) e á experimentada e numerosas veces olímpica, Mestra Internacional Yudania Hernández (1973).

Desde os inicios da proba os Ourensáns comenzaron dominando con claridade por 4 a 1 ao Roquetas Almeriense e xa na segunda rolda repetiron tirunfo, anque  pasaron certos apuros para doblegar por 2 a 3 ao outro conxunto galego en competición, o Universidade de Santiago, que viaxaba a Linares como campión da División de Honra Autonómica. Xa en terceira xornada o Xadrez Ourense volvía a vencer, esta vez aos Albaceteños do Excalibur por un contundente 4 a 1, un resultado que sería preámbulo do gran enfrentamento do torneo, o gran favorito “Laboratorios Sys” de Paterna, con ata 4 Grandes Mestres e comandado polo nº 1 español da última década, o menorquín Paco Vallejo, agardaba aos ourensáns na 4ª xornada.

O encontro comenzou cun empate claro e rápido de Iván ante Vallejo, para continuar con outros dous empates moi loitados, o primeiro deles  entre Jorge Viterbo e a Grande Mestra Mochychuck, e outro empate que chegaba de mans de David Gómez ante o G.M. Julen Arizmendi, pola súa parte o xoven Adrián Gómez non podía coa férrea oposición de Ernesto Fernández, (G.M. Andaluz que milita nas filas dos levantinos), e deste xeito todo quedaba nas máns de Yudania Hernández, quen nunha longa batalla conseguia doblegar tras máis de 4 horas á M.F. Marta García, logrando así un soberbio empate global (2.5 a 2.5), que deixaba as cousas cada vez máis claras para os ourensáns.

Foi  na 5ª xornada cando chegou un duro revés ante o potente Villalba 64, que tras un encontro con variable pronóstico, superaba aos de Ourense por 3.5 a 1.5,  e que deixaba aos ourensáns coa obriga de recuperarse rápidamente e vencer os últimos encontros, como así o fixo.

Nesa mesma tarde, Xadrez Ourense superou aos valencianos do Eva Manises por un rotundo 4.5 a 0.5 e xa, na última xornada, na matinal do sábado 18, Xadrez Ourense superaba ao xoven e incómodo conxunto do Caja Granada por idéntico resultado, outro claro 4.5 a 0.5, que servía definitivamente aos ourensáns para lograr este histórico obxectivo e por tanto, o ascenso á 1ª división nacional para 2019.

 

Ver galería de imaxes I

Ver galería de imaxes II

 

 

Club Deportivo Xadrez Ourense recibindo o premio de Sucampeón no Nacional de Clubes de Linares

 

Ver Clasificación final completa

Nota de prensa XVII, (Faro de Vigo, 19 de Agosto)

Nota de prensa XVI, (La Región, 20 de Agosto)

Nota de prensa XV, (La Región, Portada, 19 de Agosto)

Nota de prensa XIV, (La Región, 19 de Agosto)

Nota de prensa XIII, (La Voz de Galicia, 19 de Agosto)

Nota de prensa XII, (La Región, 20 de Agosto)

Nota de prensa XI, (Faro de Vigo, 18 de Agosto)

Nota de prensa X, (Faro de Vigo, 17 de Agosto)

Nota de prensa IX, (La Región, 17 de Agosto)

Nota de prensa VIII, (La Voz de Galicia, 16 de Agosto)

Nota de prensa VII, (Faro de Vigo, 16 de Agosto)

Nota de prensa VI, (La Región, 16 de Agosto)

Nota de prensa V, (La Región, 15 de Agosto)

Nota de prensa IV, (La Voz de Galicia, 14 de Agosto)

Nota de prensa III, (Faro de Vigo, 14 de Agosto)

Nota de prensa II, (La Región, Cabecera Deportes, 14 de Agosto)

Nota de prensa I, (La Región, 14 de Agosto)

 

 

 

 

  Prensa Dixital

Cadena Ser, 13 de Agosto

http://cadenaser.com/emisora/2018/08/13/radio_ourense/1534144976_412115.html

La Voz de Galicia, 14 de Agosto

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/ourense/2018/08/14/xadrez-ourense-lucha-ascender-nacional-clubes/0003_201808O14C6991.htm

Faro de Vigo, 14 de Agosto

https://www.farodevigo.es/deportes/ourense/2018/08/14/salgado-lidera-xadrez-ourense-ascenso/1944483.html

La Región, 16 de Agosto

http://www.laregion.es/articulo/mas-deporte/xadrez-ourense-nacional-linares/20180816102506816662.html

Faro de Vigo, 16 de Agosto

https://www.farodevigo.es/deportes/ourense/2018/08/16/xadrez-ourense-confirma-buen-inicio/1945440.html

La Voz de Galicia, 16 de Agosto

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/ourense/2018/08/16/duelo-ivan-salgado-paco-vallejo-vista/0003_201808O16C6994.htm

Cadena Ser, 16 de Agosto

http://cadenaser.com/emisora/2018/08/16/radio_ourense/1534403973_144484.html

Faro de Vigo, 19 de Agosto

https://www.farodevigo.es/deportes/ourense/2018/08/19/xadrez-ourense-festeja-ascenso-quedar/1946912.html

La Región, 19 de Agosto

http://www.laregion.es/articulo/mas-deporte/xadrez-ourense-es-segundo-linares-sube-primera-division/20180819121103817295.html

La Voz de Galicia, 19 de Agosto

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/ourense/2018/08/19/xadrez-ourense-asciende-primera-division/0003_201808O19C8992.htm

Diario de Levante, 20 de Agosto

https://www.levante-emv.com/deportes/2018/08/20/laboratorios-sys-logra-ansiado-ascenso/1758020.html

 

 

****

Campus co Gran Mestre Iván Salgado

O Grande Mestre Iván Salgado López, afincado en Bulgaria, imparte un Campus de nivel avanzado, destinado aos deportistas componentes do 1º equipo que participará no Campeonato de España de Clubs en Linares do 14 ao 18 de Agosto de 2018. Esta actividade está dividido en 3 xornadas deportivo-formativas e está destinada e enfocada como adestramento especializado para o Campeonato de España de Clubs 2018. As diferentes sesións foron impartidas os días 11, 12 de Agosto (en Ourense) e xa o 14 de Agosto en Linares.

**

David Gómez Diéguez, proclámase subcampeón do XXXIV Open Internacional de Cambados

Con esta soberbia actuación o xadrecista ourensán obtén a titulación de MESTRE FIDE internacional

 

David Gómez Diéguez, novo Mestre FIDE, Noraboa!

 

David Gómez Diéguez, (Ourense 1995), acaba de proclamarse subcampeón da 34ª edición do clásico Open Internacional de Cambados, ao totalizar 7 puntos dos 9 en litixio, con 4 empates e 5 victorias, e rematando únicamente por detrás do vencedor, o Grande Mestre de Kazajistán, Ibrahim Khamrakhulov que obtivo 7.5 puntos. David mellorou na táboa a importantes xogadores como o Mestre Internacional Peruano Kevin Cory, ou o Grande Mestre, varias veces campeón de España, David Lariño.

 

Con esta excelente actuación David suma 30 puntos de ránking internacional, que sumados aos 2273 que ostentaba antes da competición, totalizan 2303, (superando a barreira dos 2300) e converténdose por tanto en Mestre Fide, titulación internacional que otorga a Federación Internacional a aqueles xadrecistas que conseguen chegar a este mérito.

 

Deste xeito David convértese no terceiro ourensán da historia en acadar unha titulación internacional de Maestría, O Gran Mestre Iván Salgado (1991) e o tamén Mestre Fide David Baltar Iglesias (1957) son os seus precursores.

 

Dase a meritoria particularidade, en favor de David Gómez, de ter sido formado deportivamente íntegramente en Ourense, David Ingresou no Club Deportivo Xadrez Ourense no ano 2000, club no que leva militando ininterrumpidamente hasta día de hoxe, e con cuxo primeiro equipo, dentro de moi poucas datas, tomará parte no Campeonato de España de Clubs en Linares.

 

Tamén hai que destacar a moi positiva actuación do xoven xadrecista do Club Xadrez Ourense, Martín Gómez Carreño, que rematou nun excelente 14º posto, (empatado ao 9º lugar) e tras o excelente campionato de España realizado en Salobreña (Granada), suma e segue, e neste Open de Cambados, sube novamente 9 puntos máis de ránking no seu casilleiro. Pola súa parte, e entre outros ourensáns, o Liceísta Marcos Lorenzo Durán, rematou no posto 32º.

 

Ver nota de prensa III, (La Voz de Galicia, 11 de Agosto)

Ver nota de prensa II, (Faro de Vigo, 10 de Agosto)

Ver nota de prensa I, (La Región, 10 de Agosto)

 

Ver clasificación XXXIV Open Internacinonal de Cambados 2018

 

**

Martín Gómez Carreño mantense na élite nacional, tras os Nacionais de Granada - 2018

O Ourensán empatou ao 3º posto dentro da categoría Sub-16, sendo todavía cadete de 1º ano

Martín Gómez voltou a ter un papel destacado nos nacionais individiuais en 2018, en Salobreña (Granada).

 

Un ano máis, o xoven Martín Gómez Carreño, voltou a exercer de máximo embaixador do Xadrez Provincial nos Campeonatos de España por categorías disputados en Salebreña (Granada), ao longo do mes de Xullo.

O Xoven deportista do Club Xadrez Ourense, de 15 anos de idade, obtivo un excelente 6º lugar de entre os máis de 150 participantes de todo o país, (empatado a puntos co 3º posto), unha excelente calificación neste Campionato de España Sub-16 de 2018 no que hai que subraiar o dato de que Martín ven de ser o 3º de España si considerásemos a categoría “Sub-15” (nados en 2003), un posto que xa conquistou o pasado ano, e polo que recibiu o bronce nacional.

Con 7 puntos dos 9 posibles e unha sola derrota, Martín Gómez Carreño reúne a puntuación necesaria para a súa participación no campionato mundial de (Halkidiki), en Grecial, que se disputará o vindeiro Outubro e, unha sede onde xa estivo hai dúas tempadas, sen esquecernos da súa presenza no Europeo de Rumanía o pasado ano 2017.

Martín tamén tomou parte na modalidade de rápidas, onte obtivo 5.5 puntos.

Dentro da categoría Sub-14, e na modalidade de xadrez clásico, destacou a moi positiva actuación de Marcos Vázquez Gómez (Xadrez Ourense), que con 5 puntos obtidos, acadou unha subida de ránking de 47 puntos, empatando no posto 59º de entre 197 xadrecistas. Pola súa parte os seus compañeiros de Club, Adrián Vázquez Velasco con 4.5 puntos, Xacobe Conde Riveiro con 4 e Laura Gómez Carreño, con 2 victorías, completaron a presenza do noso Club nesta edición 2018 dos nacionais individuais Sub-14.

Tamén en Sub-14, pero xa dentro da modalidade de rápidas, o máis destacado foi Xacobe Conde con 5 puntos, que pese a estar en idade todavía “sub-13”, xa deu varios disgustos a rivais con máis experiencia, completaron a presenza do Club Xadrez Ourense nesta modalidade, Laura Gómez e Marcos Vázquez con 4 e 3.5 puntos, respectivamente.

En Categoría Sub-12 hai que citar as actuacións de Tristán Alonso (Xadrez Verín), dos irmáns Benjamín e Pura Diéguez, así como de Alejandro Garrido Masid, (todos eles do Xadrez Benchoshey), que conquistarón 4 dos nove puntos en disputa. Na modalidade ráida, dentro da categoría Sub-12 o máis destacado foi Tristán Alonso do Xadrez Verín cuns meritorios 5 puntos. No tocante ás categorías dos máis xóvenes e comenzando pola categoría Sub-10 hai que salientar os 4 puntos obtidos por Pura Diéguez (Xadrez Benchoshey), tanto na modalidade de xadrez clásico coma na de xadrez rápido, e xa en categoría Sub-8 cabe salientar a presenza dos xovencísimos Escarlata Alonso (Xadrez Verín) e de Hugo Menor (Club Xadrez Benchoshey), que acadaron 4 e 3.5 puntos respectivamente dos 9 en litixio, obtendo respectivamente uns meritorios 75º e 81 º posto.

Ata o 4 de Agosto, etarase a disputar a categoría Sub-18, onde Ourense está representado por Miguel Puga (Universitario), que parte co número 37 de ránking de entre 99 participantes.

Un ano máis, Club Deportivo Xadrez Ourense, posiciónase como Club de Galicia con maior número de participacións nos campionatos de España Individuais, xa que ás 9 concurrencias nas modalidades de xóvenes hai que unir todas as presenzas individuais coas que contará o Club dentro da categoría Sénior, tanto nas modalidades de Xadrez rápido, coma de xadrez relámpago e xadrez clásico, todas elos dentro da categoría Absoluta-Senior, nas que, e entre outros, o vixente campeón de España, Iván Salgado López e a actual bronce nacional Yudania Hernández tentarán, a finais do vindeiro Agosto, renovar os metais (Ouro e Bronce respectivamente), que obtiveron o pasado ano 2017, ambos  deportistas do Club Xadrez Ourense, foron tamén seleccionados para participar coa Selección Española nas vindeiras Olimpiadas de Batumi (Georgia), que darán comezo a finais do vindeiro Setembro.

 

Ver nota de prensa III, (La Región, 1 de Agosto)

Ver nota de prensa II, (La Voz de Galicia, 1 de Agosto)

Ver nota de prensa I, (Faro de Vigo, 31 de Xullo)

 

Ver Clasificación Cto. España Sub-16

Ver Clasificación Cto. España Sub-16 (Rápido)

Ver Clasificación Cto. España Sub-14

Ver Clasificación Cto. España Sub-14 (Rápido)

 

**

Iván Salgado e Yudania Hernández convocados coa Selección para a Olimpiada de Georgia

Club Deportivo Xadrez Ourense aporta 2 dos seus xadrecistas á selección Olímpica

 

Iván Salgado e Yudania Hernández viaxarán coa Selección Olímpica Española a Batumi (Georgia), o vindeiro Setembro.

 

A Federación Española de Ajedrez acaba de facer pública a convocatoria da Selección Española Masculina e Feminina que acudirá á Olimpiada de Batumi (Georgia) a partir dopróximo 23 de Setembro e ata o 6 de Outubro.

As novas para o xadrez Ourensán non poden ser mellores xa que dous xadrecistas do Club Deportivo Xadrez Ourense foron convocados para tan importante evento, donde as mellores selección nacionais e os mellores xadrecistas do planeta, daranse cita.

Club Deportivo Xadrez Ourense sube un novo escalón como clube de referencia no panorama nacional, ao non haber ningún outro club de España con mais aportación para o combinado olímpico.

Próximamente (e a partir del 13 de Agosto), Iván e Yudania (entre outros dos nosos xadrecistas), formarán parte do equipo de Club Depotivo Xadrez Ourense que viaxará ao campeonato de España de Clubs, en Linares (Jaén).

 

Ver convocatoria oficial da Federación Española de Ajedrez (PDF)

Ver nota de prensa III, (La Región 21 de Xullo)

Ver nota de prensa II, (La Voz de Galicia, 20 de Xullo)

Ver nota de prensa I, (Faro de Vigo, 20 de Xullo)

 

**

O Xornal “O Sil”, Adica unha ampla reportaxe ao Club Deportivo Xadrez Ourense

 

O Xornal “O Sil”, que ven de ser galardonado como mellor rotatito deportivo de Galicia do ano 2017, adica unha ampla reportaxe á nosa entidade deportiva, facendo un amplo repaso á nosa historia, así como a estructura deportiva e formativa e afondando nas probas deportivas de actualidade que tocan de de perto ao noso club, como as “I Xornadas Internacinonais con Iván Salgado· ou o Cto. De España de Clubs 2018.

 

Ver editorial, ( O Sil, Xullo de 2018)

Ver Reportaxe, ( O Sil, Xullo de 2018)

 

 

 

**

“ I Xornadas Internacionais con G.M. Ourensán,  Iván Salgado”

O campión de España desenvolveu na súa cidade un intenso ciclo de actividades os días 15,16 e 17 de Xuño

 

As primeiras xornadas internacionais de Xadrez con Iván Salgado, Grande Mestre Ourensán (1991),  e vixente campión de España de xadrez absoluto, resultaron un éxito participativo ademais de incluir no seu programa varias actividades exclusivas e novidosas, como a exhibición de xadrez simultáneo dos 4 medallistas nacionais do Club organizador ante máis de 50 adversarios, ou como o match oficial da Selección Galega, ante a selección de Portugal.

 

O venres 15 tiña lugar a presentación destas xornadas coa presenza de Marisol Díaz, (Delegada Provincial), Marta Míguez (Secretaría Xeral para o Deporte), Jesús Vázquez (Alcalde de Ourense), Mario Guede (Concelleiro de Deportes), Gaspar Pérez (Presidente da Federación Galega) e Elías González (Presidente do Club Xadrez Ourense).

Estas xornadas realizaronse baixo a organización do Club Deportivo Xadrez Ourense, coa colaboración da Federación Galega e co apoio do Consello Municipal de Deportes e da Secretaría Xeral para o Deporte.

 

O Venres ás 17.00 horas tivo lugar a charla conferencia de Iván Salgado “Progresión dun campión de España desde Alevín a Senior”, celebrada no edificio de La Molinera, e cun auditorio repleto, nun acto que se prolongou ata as 19.00 horas, e rematado cunha espectacular partida de exhibición do campeón de España ante un espectador do público.

 

Na Matinal do sábado chegaba un dos pratos fortes destas xornadas, Os 4 medallistas Nacionais de Ourense, Iván Salgado (Campeón de España), Yudania Hernández, (Bronce nacional feminino), Martín Gómez (Bronce nacional Infantil) e Xacobe Conde (Prata nacional Alevín), enfrentábanse nos salóns de la Molinera a cerca de 60 xadrecistas simultáneamente nunha actividade realmente chamativa e expectacular, onde se viviron escenas realmente fermosas, ao ver a campións de España correndo literamente entre as mesas para poder evitar que o tempo de cada un dos seus 15 cronómetros se esgotase.

 

Finalmente Iván Salgado venceu en todas as súas partidas excepto en tres delas que remataron en táboas, o mesmo que Yudania Hernández que contou todas as súas partidas por victorias agás dúas que remataron en táboas, e hai que facer gran mención ao esforzo dos máis xóvenes Martín Gómez e Xacobe Conde que conseguiron vencer en todas as súas partidas, soberbios.

 

Previamente ás simultáneas tivo lugar a presentación oficial da equipación deportiva que o Club Xadrez Ourense lucirá no vindeiro Campionato de España de Clubs, en Linares o próximo Agosto, con Iván Salgado como primeiro taboleiro.

 

O Match internacional entre a selección galega e a selección portuguesa tivo lugar na tarde do sábado, desde as 17.00 horas no salón de actos do edificio da Xunta de Galicia, (Casa do Chocolate), unha proba moi intensa dividida en tres partes, no primeiro dos matches Galicia e Portugal empataron 3-3, caendo do lado Luso a segunda proba por un apretado 3.5 a 2.5, e volvendo a resultar empatada a terceira proba, por 3-3, o que rematou coa victoria final dos visitantes por 8.5 a 9.5, proclamándose vencedores deste primeiro internacional encontro da Selección Galega .

 

Na Matinal do Domingo tivo lugar unha das máis vistosas actividades do programa, coa celebración na sala de competicións de Barrocás, do torneo de xadrez relámpago , no que participaron grandes xadrecistas, entre eles o anfitrión e campeón de España, Iván Salgado.

 

O triunfo final foir para o gran Favorito, Iván Salgado, seguido do Mestre Internacional Portugués, David Pires, e o bronce foi para o Mestre Internacional Vigués, Manuel Pena, (recén chegado de Hong-kong).

 

Xa en categoría Sub-16 resultou vencedor o Vigués Rubén Fernández López e en categoría Sub-12 o vencedor foi Tiago Barbosa.

Iván Salgado recibiu o premio de vencedor da Secretaria Xeral para o Deporte, Marta Míguez,  e do Alcalde de Ourense, Jesús Vázquez.

 

 

VER PROGRAMA PORMENORIZADO DAS XORNADAS

 

Ver Galería de Imaxes Presentación - Venres 15

Ver Galería de Imaxes Conferencia - Venres 15

Ver Galería de Imaxes Presentación Equipación Cto. España Clubs – Sábado 16

Ver Galería de Imaxes Simultáneas – Sábado 16

Ver Galería de Imaxes I Match Galicia vs. Portugal – Sábado 16

Ver Galería de Imaxes II Match Galicia vs. Portugal – Sábado 16

Ver Galería de Imaxes Torneo de Bltiz – Domingo 17

Ver Galería de Imaxes Claurusa das Xornadas – Domingo 17

 

 

 

Ver Reportaxe na RTVG (Telexornal)

 

Nota de Prensa X, (La Voz de Galicia, 18 de Xuño)

Nota de Prensa IX, (Faro de Vigo, 18 de Xuño)

Nota de prensa VIII, (Faro de Vigo, 17 de Xuño)

Nota de Prensa VII, (La Región, 17 de Xuño)

Nota de Prensa VI, (Faro de Vigo, 16 de Xuño)

Nota de Prensa V, (La Voz de Galicia, Portada, 16 de Xuño)

Nota de Prensa IV, (,La Región, 16 de Xuño)

Nota de Prensa III, (La Voz de Galicia, 16 de Xuño)

Nota de Prensa II, (La Voz de Galicia, 15 de Xuño)

Nota de Prensa I, (La Región, 15 de Xuño)

                                                                  

Faro de Vigo, 18 de Xuño, (edición dixital)

La Voz de Galicia, 18 de Xuño, (edición dixital)

La Voz de Galicia, 17 de Xuño, (edición dixital)

La Región, 17 de Xuño, (edición dixital)

Faro de Vigo, 17 de Xuño, (edición dixital)

La Voz de Galicia, 16 de Xuño, (edición dixital)

La Región, 16 de Xuño, (edición dixital)

 

VER BOLETÍN DE PARTIDAS, (Match Galicia vs. Portugal)

VER PLANTILLA DE RESULTADOS, (Match Galicia vs. Portugal)

VER CLASIFICACIÓN COMPLETA E GAÑADORES TORNEO DE BLITZ, (Domingo 17 de Xuño)

 

 

**

Cerca de 3 centenares de xóvenes xadrecistas disputaron a X edición da Copa Galicia 2018

 11 dos 25 pódios quedaron en Ourense, nunha cita coas 4 provincias galegas presentes, ademais de Portugal

Imaxe da clausura da X Copa Maristas Galicia coa sala de xogo e as bancadas abarrotadas

O sábado día 2 de Xuño tivo lugar no pavillón polideportivo do Colexio Maristas de Ourense a X edición da Copa Maristas Galicia de Xadrez, destinada a xóvenes con idades entre os 6 e 18 anos.  Arredor de 250 xóvenes de toda Galicia e Portugal abarrotaron a pista do polideportivo Marista nunha xornada de “deporte-ciencia”, cultura e convivencia, convertíndose, unha vez máis,  na proba máis participativa de todas e cantas se organizan dentro do Circuito Galego 2018.

O torneo pertence ao Circuito Galego de Xadrez, e un ano máis é unha das probas puntuables máis participativas de todas cuantas se disputan ao longo e ancho da xeografía Galega, a competición estivo dividida en 5 categorías e contou coa presencia dunha cuarentena de xadrecistas con ránking internacional, o saque de honra fíxose a cargo dos membros do Club Maristas e do Colexio anfitrión, quenes xunto coa dirección deportivo do Club Xadrez Ourense, deron cauce a esta décima edición. 

Os clubs ourensáns colleitaron boa parte dos metais e obtiveron 11 dos 25 podios en litixio, sendo o Club Deportivo Xadrez Ourense a entidade máis galadornada con 6 premiados.

En categoría Sub-18 venceu Martín Gómez Carreño, seguido de Gabriel Roma e de Mateo Díaz, todos eles compañeiros no Club Xadrez Ourense, mentres que en Sub-14 o vencedor foi Marcos Reza Salgado (Universitario de Ourense), seguido do seu compañeiro de equipo César Pérez e o bronce foi para Marcos Vázquez (Club Xadrez Ourense).

Xa en Sub 12 o vencedor foi o Pontevedrés Xabier Pérez Sousa, seguido do Coruñés David Cernadas e do Vigués Javier Caudet, mentres que en Sub-10 foi campeón Brais Moreira Novo (Pontevedra), seguido de Pura Diéguez Nóvoa, (Xadrez Benchoshey) e do Coruñés Iago Fernández Ramos, e no tocante aos máis xóvenes, de categoría Sub-8 o campeón foi Breixo Vidal Salgueiro (Pontevedra), seguido de Luis Telmo Santalices (Xadrez Ourense) e do Portugués Pedro Pimparell.

Ademais dos premios aos 25 gañadores, todos os participantes obtiveron premios conmemorativos e participaron no sorteo final de importantes regalos. A dirección deportiva e o equipo organizativo do evento agradecen as incontables mostras de felicitación que se recibiron tanto durante como rematado o evento tanto directamente como por as múltiples redes e plataformas virtuais.

Ver Galería de Imaxes (I)

Nota de prensa VI, (La Región, 5 de Xuño)

Nota de prensa V, (La Región, 5 de Xuño)

Nota de Prensa IV, (La Región, 3 de Xuño)

Nota de pernsa II, (La Voz de Galicia, 3 de Xuño)

Nota de prensa II, (Faro de Vigo, 1 de Xuño)

Nota de prensa I, (La Región, 1 de Xuño)

 

Prensa dixital  (Nota Prensa VI)     http://www.farodevigo.es/deportes/ourense/2018/06/04/ajedrecistas-ourensanos-logran-11-25/1904245.html

Prensa dixital  (Nota Prensa V)     https://www.lavozdegalicia.es/amp/noticia/ourense/ourense/2018/06/03/once-podios-fueron-locales-torneo-maristas/0003_201806O3C10993.htm

Prensa dixital  (Nota Prensa IV)    http://www.laregion.es/album/mas-deporte/mejores-momentos-copa-galicia-escolar-ajedrez-maristas/20180602200221798088.html

Prensa dixital  (Nota Prensa III)    http://www.laregion.es/articulo/mas-deporte/colegio-maristas-epicentro-%E2%80%A9tablero-gallego/20180603084238798239.html

Prensa dixital  (Nota Prensa II)    http://www.farodevigo.es/deportes/ourense/2018/06/02/copa-maristas-galicia-llega-decima/1903270.html

Prensa dixital  (Nota Prensa I)    http://www.farodevigo.es/deportes/ourense/2018/06/01/copa-maristas-galicia-llega-decima/1902589.html

 

Ver Clasificación sub-18

Ver Clasificación sub-14

Ver Clasificación sub-12

Ver Clasificación sub-10

Ver Clasificación sub-8

**

La Voz de Galicia entrevista ao Presidente do Club Deportivo Xadrez Ourense

O pasado 1 de Xuño publicouse unha ampla reportaxe de opinión e actualidade sobre a nosa entidade

(Foto: Miguel Villar – La Voz de Galcia dixital)

 

O Luns día 1 de Xuño o diario La Voz de Galicia publicou unha ampla entrevista ao presidente do Club Deportivo Xadrez Ourense na que Elías José González describe o excelente momento deportivo que está a atravesar o noso Club, pormenirozando, entre outros, en detalles da base-canteira, pasando por formación e ata o vértice máis visible, o Club da División de Honra, vixente subcampeón de Liga e que acudirá ao nacional comandado polo campeón de España individual, o G.M. Iván Salgado López.

 

Ver entrevista completa en edición dixital:           https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/verin/2018/06/01/club-ecosistema/0003_201806O1C12991.htm

Ver nota de prensa II, (La Voz de Galicia, 1 de Xuño)

Ver nota de prensa I, (La Voz de Galicia, 1 de Xuño)

**

Club Xadrez Ourense S-16, Campeón da Copa Galicia de Clubs en A Coruña

Xadrez Ourense impuxo a súa condición de favorito e conquistou a Copa no Sporting Club da cidade Herculina

O Xadrez Ourense Cadete recibindo de mans do Presidente da FEGAXA o Trofeo de vencedores.

 

O pasado Sábado día 26 de Maio tivo lugar no Sporting Club Casino da Coruña a Copa Galicia de Clubs en categoría cadete, (Sub-16), o conxunto ourensán formado por Martín Gómez (actual bronce nacional), Mateo Díaz, Marcos Vázquez, Xacobe Conde (actual prata nacional) e Adrián Vázquez Velasco, foi quén de defender a súa condición de nº 1 de ránking entre as 6 potentes escuadras participantes da diferente xeografía Galega.

Pese ao apretado do marcador final o coeficiente de desempate favoreceu aos Ourensáns ante outro pontente conxunto, o McDonalds de Vilgarcía.

Con este triunfo o Xadrez Ourense Cadete renova o título conquistado en 2017, tamén en terras Herculinas.

Hai que ter en conta que todos os componentes deste xoven equipo ainda manterán na vindeira tempada 2019 a condición de xogadores Cadetes, o que fai pronosticar moitas posibilidades de aspirar ao máximo en vindeiras edicións con esta excelente xeneración.

 

Ver Clasificación final

Ver nota de Prensa II, (Faro de Vigo, 29 de Maio)

Ver nota de Prensa I, (La Voz de Galicia, 29 de Maio)

**

 

Campeonato Provincial Escolar por Equipos – XOGADE 2018

Os días 13 e 16 de Maio cerca de 130 xadrecistas de case unha vintena de equipos déronse cita en Barrocás

Club Deportivo Xadrez Ourense Infantil “Alfil”, Campeón Provincial 2018

 

Club Deportivo Xadrez Ourense, un ano máis,  volveu a ser a entidade organizadora e anfitriona dos Campeonatos Provinciais por equipos das categorías Benxamín, Alevín e Infantil, probas pertencentes ao programa de actividades da Secretaría Xeral para o Deporte.

Na primeira xornada, a disputada o 13 de Maio, tiveron lugar ás categorías Benxamín e Alevín, que contaron con cerca dun centenar de participantes.

En benxamíns déronse cita 9 equipos, resultado vencedor o Club Xadrez Ourense “Alfil”, na clasificación combinada por equipos e Xavi Penín Rodríguez obtivo o primeiro posto individual.

Xa en categoría Alevín o Benchoshey Fischer venceu con autoridade, entre os 4 conxuntos participantes, sendo Brais Atanes Rodríguez quen liderou o sector individual.

O Mércores día 16 tivo lugar a competición infantil desde as 18.30 horas, o Xadrez Ourense logrou o doblete en Infantil Mixto e tamén en feminio, logrando así, a entidade anfitriona, tres dos catro entorchados en litixio.

 

Ver nota de prensa II, (La Región 22 de Maio)

Ver nota de prensa I, (La Región 15 de Maio)

 

Ver Clasificación Infantil

Ver Clasificación Benxamín

Ver Clasificación Alevín

**

Aulas avanzadas co G.M. Zenón F. Ocampos

 

O Grande Mestre Zenón Franco, afincado en Ponteareas, imparte unhas Aulas especializadas, destinadas o aos deportistas compoñentes do 1º equipo da División de Honra Galega, candidatos a Mestre Fide, os días 21 e 29 de de Abril. Esta actividade está dividido en 2 xornadas deportivo-formativas e está destinada e enfocada como adestramento especidalizado para os candidatos a Mestre Fide do Club, (deportistas entre 2200 e 2300 de ránking Internacional).

 

**

Club Xadrez Ourense obtén o subcampionato de Liga, e estará no Nacional de Clubs en Linares

Os ourensáns, capitaneados por Iván Salgado, “asaltaron” o náutico de Tui e “golearon” 0-6 ao Xadrez Galego

 

O Xadrez Ourense de Iván Salgado (Campeón de España actual), estará en Linares o vindeiro Agosto no Nacional de Clubs

 

O Sábado 28 de Abril disputouse a 11ª e derradeira xornada da Liga Galega de clubs en todas as súas categorías, dunha competición que moviliza a máis de 1000 xadrecistas pertencentes a máis de 200 equipos cada sábado, desde o pasado Xaneiro.

Dentro da máxima categoría, a División de Honra, a noticia máis relevante foi a “goleada” a domicilio do Club Deportivo Xadrez Ourense  en Tui ante o Xadrez Galego por un rotundo 0-6 que non deixaba lugar a dúbidas, e prácticamente aforraba aos ourensáns á espera de coñecer outros resultados de conxuntos da parte alta da táboa para rubricar a súa clasificación para o Nacional de Clubs.

Con este resultado os ourensáns rematan subcampeóns de Liga en solitario, únicamente por detrás do Universidade de Santiago, xusto vencedor da edición 2018, e acudirán, capitaneados por o actual campeón de España Individual, o G.M. Iván Salgado, ao nacional de Clubs que terá lugar o vindeiro Agosto na xienense localidade de Linares.

As 6 victorias ourensanas obtidas en Tui viñeron de mans de Iván Salgado (que con pezas negras superaba con folgura ao Mestre Internacional Rafael Rodríguez), Zenón Franco, Luis Silva, os irmáns David e Adrián Gómez e Yudania Hernández.

Tras este remate de liga, Iván xa partía na mesma madrugada do sábado hacia terras Bulgaras, onde ten fixada a súa residencia habitual.

Pola súa parte o Liceo Academia Postal, cedía ante o Xadrez Rianxo por 1.5 a 4.5, e consumaba o seu descenso á categoría de prata, ao rematar no 11º posto dos 12 equipos participantes nesta máxima categoría.

Na primeira división, hai que salientar o excelente papel realizado por os 4 conxuntos ourensáns que finalmente remataron na zona cómoda da táboa, en especial o papel do Club “debutante” na categoría, o  Xadrez Verín que conquistaba finalmente o subcampeonato de Liga nunha xeira 2018 na que o obxectivo principal dos de Monterrei era manterse, meta que conseguiron con sobresaínte.

Así, nesta derradeira xornada o Xadrez Verín superaba ao Universitario de Ourense, no derbi provincial, por 3 – 1, mentres que os filiais “B” e “C” do Xadrez Ourense, fechaban a tempada ligueira respectivamente con un inesperado 1-3 ante o Alekhine de Vigo e un empate 2-2, en terras de Nigrán ante o Laroca-Nigrán. 

No tocante á Segunda División o Xadrez Benchoshey rubricou o ascenso a 1ª división ao empatar ante o Ateneo de Ourense (2-2), resultado que lles servría aos de Pereiro de Aguiar para ratificar o seu liderato e conquistar o ascenso a unha categoría de prata que para a Liga de Clubs de 2019 contará con ata 6 escuadras ourensanas. O resto de resultados na 2ª división, grupo surleste, foron os seguintes: Lucena vs. A.P. de Bande (2-2), Valdeorras vs. Xadrez Ourense “D” (3-1), Xadrez Ourense “E” vs. Celanova (0.5 – 3.5), Xadrez Verín “B” vs. Universitario de Ourense “B” (3.5 – 0.5).

Ver Clasificacións completas Liga Galega de Clubs 2018

 

Ver nota de prensa XXXI , (La Región 2 de Maio)

Ver nota de prensa XXX , (Faro de Vigo 2 de Maio)

Ver nota de prensa XXIX, (Faro de Vigo 1 de Maio)

Ver nota de prensa XXVIII, (Voz de Galicia 1 de Maio)

Ver nota de prensa XXVII, (Voz de Galicia, 22 de Abril)

Ver nota de prensa XXVI, (Faro de Vigo, 22 de Abril)

Ver nota de prensa XXV, (Voz de Galicia, 22 de Abril)

Ver nota de prensa XXIV, (La Región, 22 de Abril)

Ver nota de prensa XXIII, (Voz de Galicia, 21 de Abril)

Ver nota de prensa XXII, (Faro de Vigo, 21 de Abril)

Ver nota de prensa XXI, (La Región, 21 de Abril)

Ver nota de prensa XX, (Faro de Vigo, 17 de Abril)

Ver nota de prensa XIX, (Voz de Galicia, 17 de Abril)

Ver nota de prensa XVIII, (Faro de Vigo, 10 de Abril)

Ver nota de prensa XVII, (Voz de Galicia, 10 de Abril)

Ver nota de prensa XVI, (La Región,12 de Marzo)

Ver nota de prensa XV, (La Región, 8 de Marzo)

 Ver nota de prensa XIV, (La Región, 6 de Marzo)

 Ver nota de prensa XIII, (La Voz de Galicia, 6 de Marzo)

 Ver nota de prensa XII, (Faro de Vigo, 6 de Marzo)    

 Ver nota de prensa XI, (Faro de Vigo, 27 de febreiro)

 Ver nota de prensa X, (Voz de Galicia, 27 de febreiro)

Ver nota de prensa IX, (Faro de Vigo, 20 de Febreiro)

Ver nota de prensa VIII, (La Voz, 20 de Febreiro)

Ver nota de prensa VII, (La Región, 7 de Febreiro)

Ver nota de prensa VI, (Faro de Vigo, 6 de Febreiro)

Ver nota de prensa V, (Voz de Galicia, 6 de Febreiro)

Ver nota de prensa IV, (Ourense Deportivo, 9 de Febreiro)

Ver nota de prensa III, (Faro de Vigo, 30 de Xaneiro)

Ver nota de prensa II, (Voz de Galicia, 30 de Xaneiro)

Ver nota de prensa I, (La Región, 30 de Xaneiro)

 

Ver información completa Liga Galega de Clubs 2018

 

**

 

** O Ourensán Adrián Gómez Diéguez (Club Xadrez Ourense), Subcampeón de España Universitario 2018

 

 

O xoven xadrecista ourensán de tan só 19 anos, liderou á Universidade de Santiago de Compostela

 

Un novo éxito para o xadrez Ourensán chegou dende Baeza (Jaén), onde tivo lugar o Campeonato de España Universitario de Xadrez entre os días 9 e 11 de Abril, no que tomaron parte ata 70 xadrecistas representantes de 22 universidades do panorama nacional.

O Ourensán Adrián Gómez Diéguez (29.8.1998) rematou no segundo lugar da táboa clasificatoria pese a non partir entre os favoritos do ránking inicial, Adrián Gómez (Xadrez Ourense) realizou un excelente torneo, comandando aos xadrecistas que puntuaron para a Universidade de Santiago, finalmente subcampeona por universidades por detrás da UNED.

Completaron o conxunto Santiagués Lucas Abal e Julio Suárez (Ambos do Fontecarmoa de Vilagarcía), Alberto Portela (Xadrez Pontevedra) e David Gómez (Xadrez Ourense), irmán de Adrián.

Para incidir máis no protagonismo ourensán no torneo, deuse a circunstancia de que o vencedor individual do Torneo, o experimentado Mestre Internacional Cubano, Arián González (UNED), milita no conxunto Ourensán do Liceo de Ourense nesta tempada 2018. 

O protagonismo galego foi alto nesta cita Xienense, xa que ata 6 dos 10 primeiros clasificados son xadrecistas nacidos en Galicia, (O citado subcampeón Adrián Gómez Diéguez, Daniel Táboas, Luis Marcos Medarde, Alberto Portela, Lucas Abal e Julio Suárez).

 

Ver nota de prensa IV, (La Región 17 de Abril)

Ver nota de prensa III, (La Región 12 de Abril)

Ver nota de prensa II, (La Voz de Galicia, 12 de Abril)

Ver nota de prensa I, (Faro de Vigo, 12 de Abril)

 

Ver Clasificación Campeonato de España Universitario 2018

 

Martín Gómez Carreño (Club Xadrez Ourense), Subcampeón de Galicia Sub-16 - 2018

O seu compeñeiro de Club, David Gómez Diéguez, cuarto en Sénior tras marchar líder en solitario

 

Club Deportivo Xadrez Ourense, entidade máis participativa nos Ctos. Galegos 2018 (Ferrol & Padrón)

 

Unha numerosa embaixada ourensana, composta por cerca de 80 xadrecistas das diversas categorías e varios adestradores,  desprazouse a terras Padronesas a partir do sábado 24 e ata o Venres 30 de Marzo para disputar os campeonatos de Galicia individuais das categorías Sénior, Cadete (S16), Alevín (S12), Benxamín (S10) Prebenxamín (Sub-8).

Martín Gómez Carreño (2003), dentro da categoría sub-16, obtivo a prata individual, que lle serve como pasaporte con gastos cubertos para o nacional de Granada a disputarse o vindeiro mes de xullo. Hai que salientar que Martín rematou empatado a puntos co Santiagués David Buitrón, e que únicamente porsistema de desempate non puido acceder ao ouro final, un metal que malia súa xuventude xa leva consquistado en catro ocasións.

Dentro desta categoría Sub-16 tamén hai que salientar as boas actuacións de Mateo Díaz (Xadrez Ourense) e de César Pérez (Universitario de Ourense), que destacaron entre os 73 participantes desta categoría Cadete.

En categoría Sénior hai que salientar o excelente torneo realizado por David Gómez, con victoria ante Ibrahim Khamrakhulov incluida, e que tras marchar líder, únicamente cedeu na última rolda ante o Santiagués Fernando Sánchez, e veuse relegado ao 4º lugar dunha moi igualada edición 2018.

Xa dentro da categoría Sub-12 hai que facer mención ao excelente torneo realizado por Tristán Alonso (Xadrez Verín), que con 6.5 puntos, rematou no cuarto lugar, empatado a puntos cos tres medallistas, e únicamente veuse privado de metal por o sistema de desempate, nunha igualadísima competición Alevín na que ata os 5 primeiros clasificados, dos 85 Alevíns participantes, acadaron 6.5 puntos. Tamén hai que salientar as boas actuacións, nesta categoría, de Alejandro Garrido e de Xoaquín López, ambos compañeiros no Club Xadrez Benchoshey, de Pereiro de Aguiar.

Nas categorías dos máis cativos, Sub-10 e Sub-8, hai que facerse eco das meritorias actuacións de Pura Diéguez e Manuel López do Xadrez Benchoshey e de Sabela Conde (Xadrez Ourense), que remataron con 5 puntos dos 8 en liza, e tamén das actuacións completadas en Sub-8 por Hugo Menor (Benchoshey), Mateo Martínez (Benchosey) e Aitor Gutiérrez (Xadrez Ourense), todos eles entre os 10 primeiros de entre os case 50 participantes nesta categoría.

Mención especial entre os Clubs Ourensáns participantes, merecen as amplas participacións dos Clubs Xadrez Benchoshey, con ata 23 deportistas desprazados, e a do Club Deportivo Xadrez Ourense, que tras 15 anos de historia, consolídase como claro referente  entre os clubs de Galicia,  nesta edición 2018 a entidade ourensana tomou parte con ata 42 xadrecistas, (que sumados aos 8 que xa viaxaron a Ferrol o pasado mes de Febreiro) completan un total de 50 participacións nos Campionatos Galegos 2018, situándose como 1º referente autonómico a nivel de Clubs en participación, e tamén despuntando no número de metais logrados con un total de 4 medallistas: os dous mencionados nesta cita padronesa e os dous bronces logrados en Ferrol, o pasado mes de Febreiro, dentro da categoría Sub-14 por Marcos Vázquez e Laura Gómez, respectivamente.

 

Ver nota de prensaVII, (La Región, 3 de Abril)

Ver nota de prensa VI, (Faro de Vigo, 1 de Abril)

Ver nota de prensa V, (Voz de Galicia, 1 de Abril)

Ver nota de prensa IV, (Faro de Vigo, 23 de Marzo)

Ver nota de prensa III, (Voz de Galicia, 22 de Marzo)

Ver nota de prensa II, (La Región, 22 de Marzo)

 

Ver Clasificación Cto. Galego Sénior 2018

Ver Clasificación Cto. Galego S-16 2018

Ver Clasificación Cto. Galego S-12 2018

Ver Clasificación Cto. Galego S-10 2018

Ver Clasificación Cto. Galego S-8 2018

 

 

**

1ª Xornada “Xadrez Faladeiro”, Club Xadrez Ourense

 

 

O 9 de Marzo tivo lugar a 1ª xornada de “Xadrez Faladeiro”, unha actividade deseñada para que os máis xóvenes do Club vivan unha xornada de convivencia “man a man” dentro dun ámbito distendido e humorístico cos xadrecistas máis importantes do Club, nesta ocasión participaron os Mestres Internacionais Jorge Viterbo e André Ventura.

En primeira instancia o M.I. André Ventura enfrentouse en partida individual (con pezas xigantes) á xoven promesa Martín Gómez, e tras rematar foi David Gómez quen e enfrentou ao M.I. e nº1 de Portugal, Jorge Viterbo. Aa partidas foron comentadas por os protagonistas a medida que se ían xogando, pero en todo caso foi David Gómez quen tomou o protagonismo como principal comentarista.

Para rematar disputouse un divertido torneo de rápidas coa participación de todos os asistentes, inluidos os Mestres Internacionais que fixeron gala da súa condición de favoritos ocupando os primeiros postos da táboa clasificatoria.

Ver clasificación torneo de rápidas

 

 

**

Tres Bronces, botín ourensano en Ferrol nos Campeonatos de Galicia Infantil e Xuvenil 2018

Marcos Vázquez e Laura Gómez  por partida doble en Infantiles, e Miguel Puga en Xuveniles,  medallistas.

Un ano máis, Club Deportivo Xadrez Ourense, unha das entidades máis participativas nos Ctos. Galegos S14 e S18. 

 

Unha ampla embaixada ourensana desprazouse a terras Ferrolanas entre os días 10 e 13 de Febreiro para disputar os campeonatos de Galicia individuais das categorías Infantil (S14) e Xuvenil (S18), nunha cita na que Club Xadrez Ourense, xunto con Fontecarmoa de Vilagarcía e Escola Luguesa, volveu a ser unha das entidades galegas con máis presenza de deportistas con ata 8 xadrecistas desprazados ata a cidade departamental, pese ao complicado das datas e a distancia coa sede de competición.

Hai que destacar que os ourensáns cobraron un especial protagonismo dentra da categoría infantil, na que ata 5 xadrecistas dos 11 primeiros clasificados son da nosa provincia e nalgúns momentos da competición tivemos líder ourensán, incluso.

Hai que destacar finalmente o merecido bronce obtido por Marcos Vázquez Gómez (Club Deportivo Xadrez Ourense), logrando un 3º posto que lle serve para obter praza con todos os gastos cubertos para o vindeiro campeonato de España a disputarse en Xullo en Granada.  Marcos realizou unha soberbia competición e mesmo tivo chances de Ouro, xa que disputou a derradeira rolda na primeira mesa da competición ante o Pontevedrés Rubén Fernández (finalmente campeón), xogándose o entorchado autonómico a “cara ou cruz” tras 4 días de competición, finalmente e malia a derrota nesta última xornada ante este difícil adversario (nº 1 do ranking), Marcos rematou ocupando un merecido terceiro posto.

Seguindo coa categoría Infantil, hai que destacar o bronce logrado en féminas por Laura Gómez Carreño (Club Xadrez Ourense), que incluso na rolda final tivo chances claras de pelexar polo ouro e hai que facer mención a que únicamente por coeficiente de desempates non obtivo a medalla de prata e tivo que conformarse co bronce.

Outros xadrecistas ourensáns que destacaron na categoría infantil foron Miguel Reza (7º), Xacobe Conde (8º), Marcos Reza (10º), Adrián Vázquez (11º) vixente campeón provincial e que chegou a ir líder na competición, Laura Gómez (24ª e bronce feminino), e sen esquecerse do debutante Iván Dopazo (26º) que realizou unha moi meritoria actuación, destacando por tanto a participación e nivel amosado polos ourensáns sobre un total de 50 xadrecistas que tomaron parte nesta categoría infantil.

Xa na categoría Xuvenil, hai que salientar o terceiro posto logrado por o xuvenil ourensán Miguel Puga Sánchez (do Club Universitario de Ourense), que lle vale a Miguel, ao igual que a Marcos Vázquez, unha praza cos gastos federativos cubertos para o vindeiro campeonato Nacional.

Dentro desta categoría hai que facer mención á mala sorte na recta final do torneo do vixente campeón provincial da categoría e tres veces campeón galego, Martín Gómez (Club Xadrez Ourense), que malia a chegar a ir incluso líder tras as primeiras roldas disputadas, tivo un difícil ecuador do torneo e finalmente non pudo pasar do 9º posto final. De todos os xeitos convén salientar que Martín Gómez, é todavía Cadete (S16) e terá a súa gran oportunidade no Campeonato Galego Individual S16, que xunto ás categorías senior, S12, S10 e S8 terán lugar en Padrón, na vindeira Semana Santa.

 

Ver Clasificación Sub-14

Ver Clasificación Sub-18

Ver Estadísticas de participación por Clubes

Ver Galería de Imaxes

 

Ver nota de prensa VI, (La Región, 20 de Febreiro)

Ver nota de prensa V, (Faro de Vigo, 15 de Febreiro)

Ver nota de prensa IV, (Voz de Galicia, 15 de Febreiro)

Ver nota de prensa III, (La Región, 15 de Febreiro)

Ver nota de prensa II (Faro de Vigo, 12 de Febreiro)

Ver nota de prensa I (Voz de Galicia, 12 de Febreiro)

 

**

La Voz de Galicia entrevista a David Gómez Diéguez “a toda páxina”

O xoven Candiado a Mestre, que milita no Xadrez Ourense, reflexiona sobre a súa situación deportiva e traxectoria

 

David Gómez Diéguez (Ourense, 1995), foi entrevistado a comezos de Febreiro de 2018 polo xornal La Voz de Galicia, nunha ampla entrevista a toda páxina, na que o xoven candidato a mestre reflexiona sobre a súa situación deportiva, as súas ilusións e a súa traxectoria, sempre vinculada ao Club Deportivo Xadrez Ourense dende 2003, ano da fundación do Club.

VER ENTREVISTA (La Voz de Galicia, Febreiro 2018)

 

**

Disputados os Campeonatos Provinciais Individuais 2018 con máis de 180 xadrecistas entre as 7 categorías

Os Clubs  Benchoshey  e  Xadrez Ourense, con 3 ouros por entidade,  repártense 6 dos 7 títulos provinciais 2018

 

Os días 20 e 21 de Xaneiro máis de 150 xóvenes xadrecistas se deron cita para disputar os provinciais 2018

 

Os días 20 e 21 de Xaneiro tiveron lugar na sala de competicións de Barrocás os campeonatos provinciais das categorías Sub-18, Sub-16, sub-14, Sub-12, Sub-10 e Sub-8, baixo a organización de Club Deportivo Xadrez Ourense e coa participación de máis de 150 xadrecistas procedentes de todos os clubs da provincia, que unidos á trintena de participantes que tomaron parte na categoría “Sénior” disputada os días 7,13 e 14 de Xaneiro nos locais da Asociación Artística “La Troya”, suman a importante cifra de máis de 180 xadrecistas, que tomaron parte nesta importante cita federativa provincial individual 2018 que será preámbulo dos Campeonatos de Galicia individuais que terán lugar nas vindeiras datas de entroido en Ferrol (Categorías: sub-14 e sub-18) e tamén a finais de Marzo en Padrón, (Categorías: Sénior, Sub-16, Sub-12, Sub-10 e Sub-8)

 

As entidades máis galardonadas nestos individuais provinciais, foron un ano máis, os Clubs Benchoshey e Xadrez Ourense, que nesta edición 2018 coparon e repartíronse ata 6 dos 7 entorchados das diferentes categorías, acadando ata 3 ouros, respectivamente, (codiciado metal que supón aos xadrecistas vencedores o feito de poder viaxar con todos os gastos cubertos pola Federación aos campeonatos autonómicos individuais 2018).

 

Tamén hai que salientar os bos resultados de Clubs como Universitario de Ourense, Club Xadrez Verín ou Ateneo de Ourense que tamén acadaron varios metais nas diferentes categorías en litixio.

 

Como xa é coñecido na categoría Sénior, torneo rematado o 14 de Xaneiro, impúxose o xoven xadrecista Xacobe Conde Riveiro (Club Xadrez Ourense), que con este triunfo consigue colocar o seu nome como campeón provincial sénior máis precoz de todas as edicións disputadas (Dende 1991).

 

En categoría Xuvenil (Sub-18) proclamouse campeón Provincial Martín Gómez Carreño (Club Xadrez Ourense), que contou todas as súas partidas por victorias nesta categoría. En Cadetes (Sub-16) o vencedor foi Césa Pérez Dapoza (Universitario de Ourense) que dominou a categoría con 4.5 puntos dos 5 puntos en litixio.

 

Dentro das idades intermedias, como a categoría Infantil (sub-14), proclamouse campeón provincial Adrián Vázquez Velasco (Club Xadrez Ourense), que con 4 dos 5 puntos en liza,  conseguiu alzarse co triunfo nunha moi emocionante edición 2018.   En Alevíns (Sub-12), foi Alejandro Garrido Masid (Club Xadrez Benchoshey), quen con 5.5 puntos obtidos nas 6 partidas disputadas foi claro dominador da proba.

 

Xa nas categorías dos máis cativos, hai salientar o dominio das xóvenes promesas do Club Xadrez Benchoshey, e resaltar os triunfos de Pura Diéguez Nóvoa en Sub-10 (Benxamíns) con 5.5 puntos dos 6 posibles, e do seu compañeiro de Club, Luca González Guede que con 5 puntos, contou todas as súas partidas por victorias e impúxose con autoridade na cateoría prebenxamín, (sub-8).

 

Tras esta edición 2018 dos Campeonatos Provinciais, un ano máis, a representación ourensana prevista para os Campeonatos de Galicia Individuais 2018 de Ferrol e Padrón, será moi ampla, achegándose a pervisión a cerca dun centenar de xadrecistas ourensáns que se desplazarán a estas importantes probas autonómicas.

 

Nota de prensa III, (Faro de Vigo, 23 de Xaneiro)

Nota de prensa II, (Voz de Galicia, 23 de Xaneiro)

Nota de prensa I, (Ourense Deportivo, 23 de Xaneiro)

 

Ver clasificación Campeonato Provincial Sénior

Ver clasificación Campeonato Provincial Sub-18

Ver clasificación Campeonato Provincial Sub-16

Ver clasificación Campeonato Provincial Sub-14

Ver clasificación Campeonato Provincial Sub-12

Ver clasificación Campeonato Provincial Sub-10

Ver clasificación Campeonato Provincial Sub-8

 

**

 

Xacobe Conde Riveiro, Campeón Provincial Sénior de Ourense máis precoz da historia

O xovencísimo xadrecista do Club Xadrez Ourense, obtén o título provincial absoluto con tan só 12 anos de idade

 

De esquerda a dereita, Cesáreo Álvarez (bronce), J.Luis Vázquez (Veterán), Xacobe Conde (Ouro), Ana Alonso (1ª fémina), Carlos Francisco (prata)

 

Xacobe Conde Riveiro, de tan só 12 anos de idade acaba de proclamarse na tarde de hoxe campeón provincial individual sénior, dándose o caso de maior precocidade na obtención do entorchado provincial dende que se teñen rexistros, ao lograr 5.5 puntos dos seis en liza.

O xoven xadrecista do Club Xadrez Ourense superou incluso a marca de precocidade do seu compañeiro de Club, Martín Gómez, que o pasado ano xa obtivera o título provincial sénior coa idade de 14 anos.

O torneo disputouse na sociedade Artística e Cultural "La Troya", durante os días 7,13 e 14 de Xaneiro, baixo a organización do Club Xadrez Ateneo de Ourense e coa colaboración da  AXOU (Asociación de Clubs de Xadrez de Ourense)

Xacobe Conde está nunha magnífica progresión nos últimos meses, non en vano, no pasado campeonato de España Individual Sub-12, disputado o pasado verán en Salobreña (Granada), obtivo o subcampeonato nacional, traendo a prata para Ourense na modalidade de xadrez rápido.

Acompañaron no podio Provincial Sénior a Xacobe Conde Riveiro os veteranos xadrecistas, ambos do Club Xadrez Verín, José Carlos Francisco e Cesáreo Álvarez Rodríguez que obtiveron o segundo e terceiro lugar, respectivamente.

Dentro da clasificación dos Veteranos, o premio foi para José Luis Vázquez Mazaira (Xadrez Ateneo) e a primeira fémina clasificada foi Ana Alonso Vaz (tamén do Xadrez Verín), club que desempeñou unha magnífica actuación nesta edición 2018.

Os Vindeiros días 20 e 21 terán lugar en Barrocás, o resto dos campeonatos provinciais individuais de todas as demais categorías (desde sub-18 ata sub-8) e nos que se agarda unha gran participación.

Estos campeonatos provinciais son clasificatorios para os Campeonatos de Galicia Individuais que Terán lugar en dúas sedes neste ano 2018, (Ferrol e Padrón), en datas de entroido e Semana Santa, respectivamente, e para os que se agarda unha nutrida embaixada ourensana, como ven sendo tradicional en anos anteriores.

 

Ver nota de prensa III, (Faro de Vigo, 15 de Xaneiro)

Ver nota de prensa II, (Voz de Galicia, 15 de Xaneiro)

Ver nota de prensa I, (La Región, 15 de Xaneiro)

 

Ver Clasificación Campeonato Provincial Sénior 2018

Ver Historial Campeonatos Provinciais de Ourense (dende 1991)

 

**

XXXIII Aninovo Barrocás -  “VIII Memorial Manuel Villar”

O torneo decano do xadrez en Galicia celebrou,  á súa 33ª edición ininterrumpida.

XXXIII Aninovo Barrocás – David Gómez Diéguez vencedor dunha emocionante edición

Dende o Sábado 23 de Decembro e ata o Venres día 5 de Xaneiro desenvolveuse nos locais da Asociación de Veciños de Barrocás a 33ª edición do xa clásico, e decano dos torneos de xadrez en Galicia, “Aninovo Barrocás”, fundado hai 33 anos polo homeneaxado Manuel Villar, a quen se lle adicaba este ano o oitavo memorial no seu recordo.Nesta trixésimoterceira edición hai que salientar a gran participación colleitada entre as sete categorías en litixio, (ata 200 participantes), e tamén facer especial mención ao alto nivel da proba, na que por exemplo, se reuniron máis de media ducia de xadrecistas con máis de 2000 Elo

Os días 22 e 23 de Decembro tiveron lugar as categorías de base (prebenxamín, benxamín e Alevín) con ata 140 participantes que supuxeron un excelente preámbulo para o Open Internacional propiamente dito que se puxo en marcha o día 27 de Decembro e se prolongou ata o Venres día 5 de Xaneiro. As categorías de base foron conquistadas respectivamente por Gabriel Alcalde, do Club Benchoshey (prebenxamíns), Tristán Alonso do Club Xadrez Verín, (en Benxamíns) e por Xacobe Conde Riveiro  (Alevíns), do Club Xadrez Ourense.

No Open Internacional propiamente dito o triunfo final foi para David Gómez Diéguez (Club Xadrez Ourense), que mantivo unha dura pugna ata a ronda final con David Baltar Iglesias (Club Xadrez Liceo Academia Postal), para ser finalmente o primeiro deles, tras unha emocionante partida final entre ambos o que se levase esta fermosa 33ª edición. O terceiro lugar da categoría sénior foir para Xabier Gómez Domínguez (Benchoshey), mentres que completaron o pódio Alfonso Agra Torres (Verín) e Antonio José Vázquez (Club Xadrez Ourense), que foron cuarto e quinto respectivamente.

Xa na categoría Xuvenil o primeiro posto foi para Alberto Iglesias Feijóo (Universitario.), seguido de Adrián Vázquez Velasco (Club Xadrez Ourense) e de Alfonso Juanes Barandela(Universitario). En Cadetes o ouro foi para Martín Gómez Carreño (Club Xadrez Ourense), a prata para Mateo Díaz Gómez (Club Xadrez Ourense) e o bronce para Marcos Vázquez Gómez (Club Xadrez Ourense), e xa en categoría Infantil, que eran os máis xóvenes dos participantes no segmento “Open”, hai que destacar o triunfo de César Pérez Dapoza do Club de Xadrez Universitario, que foi secundado no pódio por Claudio Reboredo Martínez de A Coruña e por Xacobe Conde Riveiro (Club Xadrez Ourense), respectivamente.

Os xa clásicos premio de Beleza e “Galeón Pirata” foron este ano a parar as vitrinas de  e Antonio José Vázquez e de Alejandro De León, respectivamente. Por Clubes, o máis galardonado foi o Club Xadrez Ourense con ata 11 Pódios, seguido do Club Xadrez Benchoshey que obtivo 6.

Ver Clasificación Completa do Open Internacional (Con todas as categorías e premiados)

Ver información completa do torneo – info64

 

Ver nota de prensa VIII, (La Región, 7 de Xaneiro)

Ver nota de prensa VII, (La Voz de Galicia, 6 de Xaneiro)

Ver nota de prensa VI, (La Región,  +Deporte 9 de Xaneiro)

Ver nota de prensa V, (La Región, 29 de Decembro)

Ver nota de prensa IV, (La Voz de Galicia, 28 de Decembro)

Ver nota de prensa III, (La Región, 28 de Decembro)

Ver nota de prensa II, (La Voz de Galicia, 27 de Decembro)

Ver nota de prensa I, (La Voz de Galicia, 26 de Decembro)

 

 

**

A posta en marcha da XXXIII edición do “Aninovo Barrocás” contou cunha gran participación

nas tres categorías destinadas aos máis xóvenes

 

 

O Sábado 23 de Decembro desde as 16.00 e ata as 20.30 horas, e o Domingo 24, (de 11.00 a 14.00), tiveron lugar tiveron lugar nos salóns da Asociación de Veciños Barrocás, entidade organizadora do evento dende 1985, as primeiras xornadas da XXXIII edición do clásico Torneo de xadrez de Nadal, “Aninovo Barrrocás” , coa disputa das categorías Benxamín (Sub-10),  Alevín (Sub-12) e prebenxamín (Sub-8), respectivamente.

 

As tres categorías xa disputadas caracterizáronse pola grande participación e acollida que tivo entre os xadrecistas máis xóvenes, deste xeito e entre as tres categorías acariciamos a cifra de 140 participantes en total, sendo ésta XXXIII unha das edicións máis participativas dos últimos anos no que a categorías de base se refire.

 

No tocante á primeira destas categoría en disputa, a benxamín, o triunfo viaxou para terras verinenses a cargo do representante do Xadrez Verín Tristán Alonso, mentres que a prata e o bronce, recaeron, respectivamente nos irmáns Benjamín e Pura Diéguez Nóvoa, ambos compañeiros de Club no Xadrez Benchoshey de Pereiro de Aguiar.

 

En cuanto á Sub-12 (Alevín), resultou vencedor o xadrecista do Club Xadrez Ourense, Xacobe Conde Riveiro (actual subcampeón de España Sub-12), mentres que o segundo clasificado foi a representante do club xadrez Ourense e tres veces campeona galega, Laura Gómez Carreño, e o bronce foise a parar as vitrinas de Iván Dopazo Vázquez, (Club Xadrez Ourense)

 

Xa na matinal do Domingo 24 de Decembro, os máis cativos protagonizaron a disputa da categoría máis participativa, (sub-8 ou prebenxamín), con ata 55 participantes. O triunfo final foi para Gabriel Alcalde (Xadrez Benchoshey), seguido do seu compañeiro de Club, Luca González Guede, e completou o podio Marcos García Agromayor (Club Xadrez Ourense).

 

Deste xeito, dous dos clubs máis potentes de Galicia a nivel de canteira, Club Deportivo Xadrez Ourense e Club Xadrez Benchoshey comparten o medalleiro provisional con 4 metais cada un deles dos nove que xa forón entregados, mentres que o metal restante, como xa queda dito, viaxou ata terras de Monterrei para o Club Xadrez Verín.

 

O Concelleiro de Deportes, Mario Guede, do Concello de Ourense, (Principal patrocinador do evento), estivo presente nas cerimonias de clausura dos máis cativos, xunto cos representantes da Asociación de Veciños e do Club Xadrez Ourense, que dirixe a parte técnica.

 

 

Ver Clasificación Sub-8

Ver Clasificación Sub-10

Ver Clasificación Sub-12

 

 

**

Iván Salgado despide o 2017 tomando parte no Mundial rápido e relámpago en Arabia Saudita 

O campeón de España 2017 e xadrecista do Club Xadrez Ourense, rematou empatado ao 64º e 90ª do mundo, respectivamente.

 

Iván Salgado López, vixente campeón de España individual sénior, despediu o 2017 participando no mundial rápido e relámpago en Arabia Saudita. Pese a non ser as súas modalidades preferidas, Iván colleitou positivos resultados parciais ante rivais de élite mundial.

 

Ver nota de prensa IV (La Región, 28.12.17)

Ver nota de prensa III (Voz de Galicia, 27.12.17)

Ver nota de prensa II (Faro de Vigo, 27.12.17)

Ver nota de prensa I (Voz de Galicia, 26.12.17)

 

Ver Clasificación Campeonato Mundial rápido 2017

Ver Clasificación Campeonato Mundial relámpago 2017

 

 

**

 

Novo éxito de Martín Gómez, esta vez no Open Internacional de Carballo

O xoven xadrecista do Club Xadrez Ourense rematou no 3º posto por diante de varios titulados internacionais

 

Entre os días 8 e 10 de Decembro tivo lugar a 1ª edición do Open Internacional da coruñesa vila de Carballo, evento ao que se desprazou unha xoven representación da “embaixada ourensana”.

Martín Gómez realizou unha excelente actuación rematando no 3º posto, con 4.5 puntos (+27 ELO), dunha difícil proba, na que se deron cita  experimentados participantes como o Mestre Internacional cubano Arián González, que finalmente se proclamou vencedor,  ou os Mestres españois Marcial García ou Diego Espiñeira, que pese á súa contrastada experiencia finalmente remataron por detrás do xoven xadrecista ourensán.

Un novo éxito para Martín neste sensacional ano 2017, no que xa obtivo dous metais a nivel nacional (ouro en xuño e bronce en xullo), o entorchado autonómico Sub-14, o triplete provincial (Sénior, Cadete e Infantil) e no que tamén cabe salientar a súa participación no campeonato de Europa Individual de Rumanía o pasado mes de Setembro.

Entre o resto dos participantes ourensáns hai que salientar as positivas actuacións dos xovencísimos Tristán Alonso (Xadrez Verín) e Laura Gómez (Xadrez Ourense), que con 3.5 e 3 puntos, respectivamente, completaron unha moi meritoria actuación.

 

VER CLASIFICACIÓN COMPLETA

Ver nota de prensa II, (La Región, 13 de Decembro)

Nota de prensa I, (La Voz de Galicia, 13 de Decembro)

**

 

Reportaxa do xornal “La Voz de Galicia” a 3 monitoras de Club Deportivo Xadrez Ourense

Artigo de recoñecimento e difusión da importante labor que están levando a cabo 3 das nosas monitoras máis importantes

 

 

O pasado 6 de Decembro, (festivo día da Constitución), o xornal “La Voz de Galicia” adicou un merecido e amplo reportaxe a toda páxina referido á excelente labor que están a realizar na actualidade 3 das monitoras de xadrez máis activas de toda Galicia e que temos a sorte, de que tal tarefa a estén a desenvolver na nosa cidade e provincia.

 

Elas son  Graciela Gómez, Ángeles Rodríguez e Alba Rodríguez, 3 técnicos e monitoras FEDA tituladas e pertencentes á estructura formativa do Club Deportivo Xadrez Ourense (entidade que conta na actualidade con ata 10 técnicos titulados que se reparten 12 titulacións de ámbito autonómico, nacional e internacional).

 

As tres adestradoras, a pesar da súa xuventude, son profesionais regularizadas do ensino e levan xa anos adicadas ao xadrez de iniciación nos colexios da cidade e provincia así como tamén no centro de tecnificación do Club Xadrez Ourense, ademais de desenvolver outras importantes actividades relacionadas coa formación e divulgación do xadrez. Entre as tres monitoras dan cobertura coa súa labor de monitoras de xadrez a numerosos centros de Ensino da cidade e provincia como son Amadeo Barroso, Casardomato, Ruxidoiro, Filomena Dato, Maristas, As Mercedes, Franciscanas, A Ponte, Seminario, A Anexa, Carmelitas, Josefinas, Covadonga, O Couto, e tamén a varias escolas deportivas de xadrez de Concellos como San Cibrao, Carballiño ou Leiro, sen esquecerse doutros centros aos que se lle otorga tamén cobertura con outros monitores desde o Club Xadrez Ourense como son San Pío X, Vistahermosa, ou o “Saco e Arce” de Toén.

 

Graciela Gómez (1981) é monitora Nacional titulada pola Federación Española e Licenciada en Historia, Ángeles Rodríguez (1982) é monitora Nacional titulada pola Federación Española e Psicóloga colexiada e Alba Rodríguez (1993) é monitora Nacional titulada pola Federación Española e Mestra de educación primaria, ademais de deportista en activo e adestradora de Fútbol “once”.

 

Ver Artigo de prensa completo,  (La Voz de Galicia, 6 de Decembro)

Ver Artigo de prensa,  (edición dixital, La Voz de Galicia 6 de Decembro)

 

**

Club Xadrez Ourense pecha un excelente ano deportivo 2017

A prensa gráfica faise eco dos méritos deportivos máis salientables do Club Deportivo Xadrez Ourense en 2017

 

 

Club Xadrez Ourense está a pechar un moi positivo ano deportivo 2017, feito do que se fai eco a prensa gráfica nos primeiros días de Decembro e xa na recta final deste ano deportivo 2017.

 

A nivel Individual hai que salientar o feito de ser o Club de Galicia con máis participación nos campeonatos de España Individuais de 2017 e que tiveron lugar o pasado verán-outono, respectivamente en Salobreña, Linares e Las Palmas, con 18 participacións en total, (ver certificado federativo), do mesmo xeito o Club Deportivo Xadrez Ourense foi a entidade de Galicia con maior número de medallistas nestas probas individuais nacionais con ata 4 deportistas premiados, un ouro, unha prata e dous bronces que chegaron de mans de Iván Salgado, Xacobe Conde, Martín Gómez e Yudania Hernández, respectivamente (Ver certificado federativo).

 

Seguindo dentro do terreo dos éxitos individuais colleitados non podemos esquecer que o Club Xadrez Ourense sitúase como a terceira entidade de Galicia con maior número de licenzas (Ver certificado federativo), dándose o importante dato de que conta con máis do 50 %  das licenzas federativas da nosa provincia, seguido do Xadrez Benchoshey, que con 111 licenzas ostenta o segundo posto en número de licenzas. Club Deportivo Xadrez Ourense é tamén unha das entidades galegas máis participativas nos campeonatos autonómicos de 2017, sen esquecerse que en 2017 foi o Club da provincia con maior número de pódios individuais obtidos nos Campeonatos Provinciais, cun total de 11 medallas, seguido de Xadrez Benchoshey con 6 metais e de Universitario de Ourense con 3 medallas.

 

A nivel de Clubs hai que destacar a excelente actuación do Club Xadrez Ourense “A” na División de Honra da que rematou subcampeón de liga 2017, ademais de manter aos seus dos equipos filiais (“B” e “C”) na Primeira División autonómica, do mesmo xeito que o Xadrez Ourense “D” que se mantivo en 2ª división, e sen esquecerse da excelente asinada polo Xadrez Ourense “E” que conquistou o ascenso desde a 3ª á 2ª división autonómica.

 

Pola súa parte o Xadrez Ourense “Cadete” proclamouse campeón da “Copa Galicia de Clubs 2017” que tivo lugar o pasado mes de Xuño na Coruña e tamén hai que salientar o triunfo do Xadrez Ourense “A” e o bronce do Xadrez Ourense “B”, respectivamente, na Copa Deputación por equipos disputada en Verín o pasado Novembro.

 

No terreo formativo e técnico, hai que facerse eco da boa cantidade de técnicos titulados cos que conta o Club Xadrez Ourense na actualidade, cun total de 12 titulacións das que 5 delas son de carácter internacional FIDE, 5 deleas FEDA de áMBito nacional e 2 delas autonómicas FEGAXA – Consellería de Educación, (Ver certificado federativo).

 

Ver nota de prensa II, (Voz de Galicia 1 de Decembro)

Ver nota de prensa I, (Faro de Vigo – 1 de Decembro)

 

**

 

Iván Salgado e Martín Gómez, finalistas na Gala “+ Deporte” de 2017

Club Xadrez Ourense por partida doble, e Yudania Hernández, a piques de ser finalistas 2017

 

Un ano máis chega a gala “+ Deporte” que recoñece aos mellores deportistas individuais e ás mellores entidades deportivas da nosa provincia da anualidade en curso, promovida polo diario “La Región”.

Unha tempada  máis, Club Deportivo Xadrez Ourense volve a estar moi presente na gala de entrega de recoñecimentos, que este ano terá lugar o vindeiro 20 de Decembro no Auditorio.

Iván Salgado López, como vixente campeón de España Individual, será finalista na modalidade de Mellor Deportista Absoluto, e Martín Gómez Carreño, Ouro no nacional de autonomías, Bronce no nacional individual, Ouro autonómico e triple campeón provincial en 2017, será finalista na modalidade de Mellor deportista de Base.

Tamén hai que salientar que Club Deportivo Xadrez Ourense, que xa foi vencedor en 2012 (Como mellor Club de Base) e en 2015 (Como mellor escola deportiva), estivo a piques de entrar como finalista como entidade, do mesmo xeito que Yudania Hernández, vixente bronce nacional feminino, que estivo loitando por ser finalista na modalidade de mellor deportista feminina, a xuizo do xurado.

O vindeiro día 20, Club Xadrez Ourense estará presente arroupando a Iván Salgado e a Martín Gómez como finalistas desta ceremonia de recoñecimento.

 

Ver artigo de prensa I, (La Región, 28 de Novembro)

Ver artigo de prensa II, (La Región, 28 de Novembro)

Ver artigo de prensa, III, (La Región, 12 de Decembro)

 

**

Club Xadrez Ourense presente en “Megaxove 2017” co Maratón de Xadrez

32 xóvenes da Escola Xadrez Ourense protagonizaron a edición 2017 do clásico Megaxove

 

 

O pasado 6 de Decembro, (día da Constitución), tivo lugar o maratón de xadrez “Megaxove 2017”, dentro do programa de actividades da XVIII edición deste salón galego da xuventude e do deporte.

32 xóvenes sub-8, sub-10 e sub-12 pertencentes a Club Deportivo Xadrez Ourense, encargáronse de darlle todo o protagonismo á actividade de xadrez que se desenvolveu a través dun “mini-maratón” de xadrez individual de preto de 2 horas de duración e que rematou coa victoria de Laura Gómez, seguida do subcampeón de España Sub-12 de xadrez rápido, Xacobe Conde e do xovencísimo Marcos García, todavía Sub-8.

Na clausura, na que estivo presente o director de Expourense, Alejandro Rubín, todos os participantes recibiron agasallos conmemorativos e os 3 vencedores tiveron os seus premios de recoñecimento.

 

VER CLASIFICACIÓN

Ver nota de prensa II, (La Región, 12 de Decembro)

Ver nota de prensa I, (La Región, 12 de Decembro)

 

**

Xadrez Ourense e Xadrez Benchoshey protagonistas en “Sportur Galicia 2017”

Nesta 1ª edición do salón galego do Deporte, ambas entidades protagonizaron a 1ª “Ginkana de xadrez Sub-12”

 

 

Entre os días 17 e 19 de Novembro tivo lugar en Expourense a primeira edición do Salón Galego do Deporte, unha mostra na que máis de 80 modalidades deportivas e máis de 30 Clubs Deportivos estiveron presentes.

Club Deportivo Xadrez Ourense, que contou con stand fixo nesta feira do deporte durante as tres xornadas e Club Xadrez Benchoshey protagonizaron a 1ª edición da “Ginkana de Xadrez Sub-12”, unha vistosa proba composta de tres fases e na que unha selección de 15 deportistas de cada un destos dous clubs ourensáns, que na actualidade son dúas das máis fortes canteiras do panorama autonómico, amosaron o mellor das súas dotes xadrecísticas ante numeroso público asistente.

Na primeira tanda (Sistema Suizo), Xadrez Ourense impúxose por un apretado 19 a 18.5, mentres que na segunda tanda (enfrentamente entre ambas selección) Xadrez Benchoshey impúñase por un merecido 9 a 6.

A terceira tanda da Ginkana consistiu nunha vistosa exhibición de ambos adestradores, que deberían medirse, en menos dunha hora cronometrada, nunha partida simultánea aos 15 seleccionados da outra entidade, unha fase que finalmente resultou moi vistosa e que contou coa presenza da televisión.

Finalmente, tivo lugar a entrega de premios e clausura conxunta para ambos clubes con premios a todos os participantes, non sin antes facerse entrega dun recoñecimento á persoa de Andrés Ibarra Martín por parte de Club Xadrez Ourense, como recoñecimento á súa labor co xadrez de base dende 2011, a través da Escola Xadrez Benchoshey.

 

Ver artigo de prensa I, (La Región, 21 de Novembro)

Ver artigo de prensa II, (La Región, 19 de Novembro)

Ver Galería de Imaxes.

 

**

(Artigo), “El ajedrez ourensano, en la cúspide Española”

Caricatura de Iván Salgado (por Xulio Formoso)

 

O xornalista andaluz, Jesús Cabaleiro Larrán, publica un interesante artigo sobre o excelente momento do Xadrez Ourensán, no que fai fincapé na figura de Iván Salgado e onde tamén fai mención a varios dos nosos recentes medallistas nacionais, como Xacobe Conde, Martín Gómez e Yudania Hernández.

Ademais en dito artigo  fai referencia expresa ao Club Xadrez Ourense en consideración aos nosos últimos logros deportivos obtidos, así como á nosa tarefa organizativa.

 

VER ARTIGO COMPLETO

 

**

VIII Open Internacional “Cidade de Lugo”

Excelente papel dos Ourensáns na recente cita lucense

David Gómez, foi o mellor ourensán na cita lucense, rematando nun excelente 5º posto

 

Os pasados días 10,11 e 12 de Novembro tivo lugar a oitava edición do Aberto “Cidade de Lugo” na cidade amurallada, unha VIII edición que contou con ata 60 participantes dos que, ata 6 deles, eran titulados internacionais.

 

A embaixada Ourensana fixose notar completando un importante papel, hai que comezar pos salientar o 5º posto obtido por David Gómez  (ano 1995) do Club Xadrez Ourense que sigue sumando puntos de cara ao seu obxectivo de converterse en Mestre FIDE (Federación Internacional), obxectivo cada vez máis cercano e do que únicamente o separan 78 puntos, (na actualidade conta con 2223 puntos Ránking).

 

Pola Súa parte, Marcos Lorenzo (ano 1957) do Liceo Ourensán , obtivo o 6º lugar, nunha moi boa actuación na que destacou, entre outras, a súa victoria ante o Mestre Internacional Diego Espiñeira.

 

Pero si cabe, as novas máis positivas e esperanzadoras para o xadrez provincial chegaron de máns dos máis xóvenes, así, o vixente bronce nacional de xadrez rápido Sub-14,  Martín Gómez (ano 2003) do Club Xadrez Ourense, obtivo 3.5 puntos empatando ao 7º posto e destacando o seu empate ante o Mestre Internacional Cubano Arián González.

 

Tamén hai que salientar a positiva actuación de Mateo Díaz (ano 2003) e de Laura Gómez (ano 2005), ambos do Xadrez Ourense, e que, en ambos casos, realizaron positivas actuacións que lles serviron para aumentar o seu ránking internacional, tamén hai que facer mención á actuación de José Manuel Gómez Pérez (Xadrez Ourense) que acadou 1.5 puntos na cita lucense.

 

VER CLASIFICACIÓN FINAL

 

Ver artigo de prensa I, (Faro de Vigo, 15 de Novembro)

Ver artigo de prensa II, (La Voz de Galicia, 15 de Novembro)

 

 

**

España decimoterceira, no Europeo de nacións disputado en Grecia

Iván Salgado completou unha positiva actuación en Herssonisos, (Grecia)

G.M. Iván Salgado, durante a última rolda do Nacional en Las Palmas (Outubro 2017)

 

Entre o 28 de Outubro e o 6 de Novembro tivo lugar en Grecia o Campeonato de Europa de Seleccións Nacionais, no que, unha vez máis, e como integrante da Selección Española estivo o ourensán e actual campeón de España Individual, o G.M. Iván Salgado López, que con 26 anos de idade xa leva 10 anos militando, ininterrumpidamente no quinteto nacional.

 

Dito quinteto nacional estivo composto esta vez por o G.M. madrileño David Antón, o mencionado Iván Salgado, o Catalán Josep Manuel López, o hispano-ruso Oleg Korneev e o Murciano Carlos Ibarra, coa salientable baixa do balear Paco Vallejo, actual nº 1 do panorama nacional por ránking internacional.

 

Dese xeito o xoven Grande Mestre do Club Xadrez Ourense, debía de asumir o exixente 2º taboleiro, (xogan 4 titulares e 1 suplente por cada unha das 9 xornadas), todo isto nunha coplicada e moi potente competición continental, na que Iván Salgado mantivo unha actuación moi regular e na que rematou con score persoal positivo, malia a súa derrota da derradeira rolda ante o G.M. rumano Emilian Parligras.

 

Cabe salientar, ademáis das 2 victorias parciais obtidas por Iván ante fortes rivais, algúns empates obtidos polo ourensán ante xadrecistas de élite mundial, como o exsubcampeón mundial, o británico Nigel Short ou como ante o “Top-10” Mundial, o G.M. Azerbaixano Teimur Radjabov.

 

Finalmente foron os países favoritos os que ocuparon o pódio final, con victoria de Azerbaján, seguido de Rusia , prata e de Ucrania que completou o podio e obtivo o bronce.

 

A clasificación da selección Española, que rematou decimoterceira, pode catalogarse de positiva, xa que partía co número 15 do ránking inicial dos 40 países participantes.

 

VER CLASIFICACIÓN FINAL.

Ver nota de prensa, I, (La Voz de Galicia, 7 de Novembro)

Ver artigo de prensa II, (La Región, 8 de Novembro)

 

**

 

Os Ourensáns Xacobe Conde en S-12 e César Pérez en S-14, vencedores do Circuito Galego 2017

tras  6 meses e 19 probas puntuables, ambos xóvenes ourensáns impuxéronse en 2 das 4 categorías en liza.

 

O sábado 4 de Novembro tivo lugar en Vilagarcía de Arousa o “Open McDonalds”, última das 19 probas puntuables do Circuito Galego 2017. Na vila pontevedresa déronse cita 125 participantes, pertencentes ás categorías sub-8, sub-10, sub-12 e sub-14,  na que foi a derradeira proba puntuable das 19 que ao longo de 6 meses (e disputadas entre o mes de Maio e o de Novembro), compoñen o calendario do Circuito Galego de promoción, competición oficial pertencente ao programa anual de actividades da Federación Galega de Xadrez.

 

O xoven xadrecista de Club Xadrez Ourense, Xacobe Conde Riveiro, (vixente subcampeón de España Sub-12 na modalidade de xadrez rápido), foi o vencedor na clasificación xeral da categoría sub-12, mentres que César Pérez (Club Universitario de Ourense), facía o propio en categoría Sub-14.

 

Entre estas 19 probas disputadas ao longo e amplo da xeografía galega entre o 1 de maio e o 4 de Novembro, hai que resaltar as dúas celebradas en Ourense, “II Ourense en Xaque” que tivo lugar o pasado 4 de Xuño e o “X Festival de Xadrez de Expourense” celebrado o pasado 29 de Outubro, que resultaron ser, un ano máis, as probas puntuables máis participativas de entre todas cantas compoñen este calendario de citas autonómicas, superando con creces ambas a cifra de 200 participantes, si ben hai outras probas, como Nigrán, Mos, Pontevedra ou Ponteareas que ano a ano achéganse cada vez máis aos dous centenares de participantes.

 

Xacobe Conde Riveiro, (vixente subcampeón de España Sub-12 e vencedor do circuito galego 2017)

 

Ver Clasificacións Completas Circuito Galego 2017

 

Ver nota de prensa I, (La Región, 7 de Novembro)

Ver nota de prensa II, (La Voz de Galicia, 7 de Novembro)

Ver nota de prensa III, (Faro de Vigo, 7 de Novembro)

**

 

X Festival de Xadrez “Deporte e Ciencia para a Xuventude” - Expourense

Un novo éxito participativo nesta décima edición de 2017

 

http://xadrezourense.com/index_archivos/image013.jpg

 

O domingo 29 de Outubro Expourense acolleu a décima edición desta xa “clásica” proba de xadrez para xóvenes, que se está a converter nun referente anual dentro do noroeste peninsular, xóvenes de entre 6 e 18 anos procedentes de toda Galicia e incluso Castela León e Portugal, abarrotaron a sala de competicións de Expourense nuha xornada onde cantidade e calidade camiñaron en estreitamente vencelladas.

 

Club Deportivo Xadrez Ourense como organizador da parte técnica e en colaboración co recinto de feiras e Exposicións de Ourense e, grazas ao patrocinio do Consello Municipal de Deportes de Ourense, (representado durante a xornada polo seu concelleiro Mario Guede), e por suposto, grazas aos 250 participantes que alí se reuniron, fixeron posible que, un ano máis, esta proba oficial puntuable pertencente ao Circuito Galego da Federación Galega de Xadrez, voltase a ser a máis concurrida de todas cuantas teñen lugar ao longo e amplo da xeografía Galega entre Maio e Novembro, sendo 19 probas puntuables as que compoñen este circuito.

 

Gabriel Roma Barge (Club Xadrez Ourense) en sub-18, Mateo Díaz Gómez (Club Xadrez Ourense) en sub-14, Marta Quintas Fernández (Escola Luguesa) en sub-12, Heriberto Rubial Blanco (Ponferrada) en sub-10 e César Oubiña Pazos (Cambados) en sub-8 foron es vencedores de cada unha das cinco categorías en litixio.

 

Club Deportivo Xadrez Ourense, foi unha vez máis a entidade máis galardoada con 5 pódiums dos 25 premios especiais que se entregaron (aos 5 primeiros de cada unha das 5 categorías).

 

Galería de Imaxes do torneo

Galería de imaxes dos premiados

 

VER CLASIFICACIÓN SUB-8

VER CLASIFICACIÓN SUB-10

VER CLASIFICACIÓN SUB-12

VER CLASIFICACIÓN SUB-14

VER CLASIFICACIÓN SUB-18

 

Nota de prensa XV, (Más Deporte, 31 Outubro)

Nota de prensa XIV, (Faro de Vigo, 31 Outubro)

Nota de prensa XIII, (Más Deporte, 31 Outubro)

Nota de prensa XII, (Mas Deporte, 31 Outubro)

Nota de prensa XI, (Mas Deporte, 31 Outubro - portada)

Nota de prensa X, (La Región, 30 Outubro - portada)

Nota de prensa IX, (La Región, 30 Outubro)

Nota de prensa VIII, (La Región, 30 Outubro)

Nota de prensa VII, (La Región, 30 Outubro)